Gustaríame ser un sociologo de postín para me aclarar dos xogos de poder nesta cidade. O último episodio posto en escea no gran teatro do Faro de Vigo, a propósito da candidatura do BNG, é digno de ser novelado e por min podería ser ben titulado como "O Código do Toba".
Os que non sabemos nada do que ocorre no interior dos partidos, temos por costume interpretar a información dos medios tendo en conta que só se publica o que interesa ó medio e a aqueles que teñen influencia. Polo visto na longa travesía do PXOM o Faro e Toba consolidaron unha fonda alianza que permitiu ó segundo ter sempre unha tribuna desde donde lanzar as súas mensaxes. Asi nesta últimas semanas sucederonse entrevistas varias donde foi deixando caer o seu apoio a Santiago Dominguez e a súa dispoñibilidade, sempre as ordes do partido. O pasado xoves, en pleno proceso de propostas orgánicas do BNG, Faro destapa o ofrecemento de Quintana a Manuel Bragado e reproduce unhas apresuradas declaracións do editor decindo que ten que meditalo. ¿Quén filtrou está noticia? ¿Era a súa intención queimar esa posibilidade?
Vintecatro horas despois Bragado di que non vai aceptar e pospón ó sábado a a comunicación oficial da súa negativa a Quintana (Chamativa falla de elegancia por parte do editor, por certo). O Faro aproveita para reproducir declaracións de Toba non só confirmando a súa candidatura senón enviando unha mensaxe a Quintana : o poder de decisión está na asamblea local asi que menos historietas de independentes.
Buscandolle a lóxica a este proceso teríamos que tirar algunhas conclusións:
- Toba manda moito. O crecemento do seu poder ten que estar relacionado co seu papel protagonista na elaboración do PXOM e no goberno de Pérez Mariño, que puido acabar con Castrillo pero deixou no seu sitio ó ex-concelleiro de urbanismo. ¿Como se consegue unha posición así?
- Toba ten apoios sólidos no núcleo duro de poder da cidade, empezando polo medios Faro e Grupo Radio Vigo. Non parece aventurado supoñer que tamén terá que ver co PXOM ainda que non se pode desbotar que o aproveiten para erosionar ó PSOE non principista.
- Sería saludable para a vida democrática da cidade que Toba fora o candidato sometendo así ó veredicto das urnas o seu papel no bipartito vergonzante que nos ven gobernando ultimamente. Poderíamos visualizar así arredor de quen está o apabullante consenso social do que fala.
- Por último, o estudio do caso Toba, por negativo, podería dar pistas de como funciona a máquina laminadora de políticos de Vigo da que, polo momento, ven de salvarse Manolo Bragado.
Fake news en Valencia: cando as redes sociais viran nunha arma de
destrución masiva
-
Os bulos e as mentiras amplifican o medo en situacións de emerxencia e
erosionan a confianza nas institucións. Expertos destacan a clara
intencionalidade p...
4 comentarios:
Perdoe, pero cal é a "chamativa falla de elegancia por parte do editor"? Ou é que non lemos o blog de Bragado e opinamos alegremente?
Estimado Burning: Comprobe as datas das entradas e, ademais, ¿non resulta sorprendente contestar a traves dos medios a unha amable invitación?
Radio Vigo, televigo, Localia han defendido siempre a Toba pero no porque les importe él, ni el Bloque si no porque saben que él está siempre dispuesrto a hacer la pinza con el PP en contra del PSOE. Resulta estúpido pensar que los defensores y creadores del PXOM van a defender los intereses de otro que no sea el PP.
Además le está saliendo estupendamente...así que ¿por qué cambiar? Toba es un inocente y su enorme orgullo le impide ver la verdad. Está totalmente cegado y los intesados sacando tajada.....Lo sufriremos los ciudadanos de Vigo
Toba es un individuo peligroso que puede eliminar limpiamente a quien no le conviene, sin dar la cara, por eso muchos no tienen agallas de enfrentarse a él.
Publicar un comentario