IX ÉPOCA

7.6.05

MEDIOS E POLÍTICOS

O radiopredicador está canso da campaña electoral. A el nunca lle gustou moito a política ainda que simpatiza con algúns políticos.Coa maioría non aforra cualificativos despectivos como eses que soltan alguns taxistas fartos de guiar o coche todo o día.
O radiopredicador ofreceu datos: “un presidente de goberno reune 5000 personas en un pabellón. El Celta 20000 en la Praza de America” “Cuantifiquen” pide ós seus radiouvintes. Aplastante: o deporte é máis importante ca política. O radiopredicador ten razóns poderosas. Agora xa poderá intervir no programa nocturno da cadea , podera´demostrarlle ó lider de audiencia -a quen envexa e remeda- que el tamén é ocurrente , a súa voz volverá soar no Carrusel anunciando goles sen entusiamo, e a súa empresa aumentará a recadación por publicidade. El sabe que está facendo un grande servicio á cidade.
A alcadesa cita un periódico deportivo que dixo ler luns de mañán: “A importancia das cidades midese pola clasificaión da primeira división" "Vigo é de primeira” conclúe con lóxica. O radiopredicador está contento coa alcadesa. Algún dia todos o entenderán e , se cadra, compraremos entradas en vez de ir votar.E ela seguirá mandando.

3 comentarios:

Pablo Eifonso dixo...

...Na liña de recentes manifestacións da patronal viguesa sobre a necesidade de que os empresarios tomen as riendas da cidade. Isto da democracia non lles gusta e botan de menos aquela gloriosa tecnocracia opusdeística.
Xa sabes Lorenzo, que o importante é producir.

Pablo Eifonso dixo...

.... e non sei que leín agora dun recurso que pode facer que aínda non esteamos en primeira. E se é así, ¿a cidade será agora para Corina de segunda?. Que oportunidade da sra. alcaldesa de estar caladiña!

["El comité de competición abre una investigación por posible alineación indebida del Celta" (Faro de Vigo, edición dixital 7/06/2005)]

Anónimo dixo...

Pero qué carallo lle pasa a esta cidade, qué gravísimo erro cometeu no pasado para merecerse estes radiopredicadores (qué vergonza allea sempre que se lle escoita), presidentes do Real Club Pupas local (qué vergonza allea sempre que se lle ve) ou Alcaldesa delaseñoritapepis (qué vergonza allea sempre), por citar só algúns exemplos funestos. E logo veñen os pijoempresarios a perdonarnos a vida e recomendarnos que deixemos as cousas nas súas máns. Xa o dixo o mandamais local de PSA, que a el gustáballe Vigo por ese punto anárquico que non teñen outras cidades máis "aburridas" (traicionóulle o subconsciente, aquí mandan eles).
Mentres a maior parte do conxunto de cidadáns que conformamos este espacio "urbano" sigamos aturando a estes mediocres ambiciosos, a joderse tocan. Hai que sacarlle os colores aos Faros, Caixanovas, Radiosvigos e demais diñeirocracias que, no noso nome, gobernan esta cidade.
Saúde (e paciencia)