IX ÉPOCA

18.6.05

A ESQUERDA DE MUNDAKA NA UVI

Mundaka, poboación costeira de Euskadi, é mundialmente coñecida por formar parte do circuíto mundial de surf. As especiais condicións naturais da zona fixérona ademais merecedora da declaración pola UNESCO como Reserva Natural da Biosfera.

Veño de escoitalo en Euronews (por certo, ¡que magnífico noticieiro!): a máis famosa onda esquerda de Europa, a esquerda de Mundaka, con máis de 200 metros de percorrido, ten desaparecido. A causa máis probable: un dragado realizado para facilitar a saída ó mar dos asteleiros de Murueta.

Por Vigo, continuamos a encher o mar de obstáculos e recheos. O novo espigón da punta da Guía, construído sen apenas enteirarnos, é só un exemplo. O da punta muíños en Alcabre (Faro do Museo do Mar), o do náutico de Canido, a ampliación proxectada para o Peirao de trasatlánticos, ou o previsto macrorecheo de Bouzas, alternativo ó rexeitado do Areal, producirán consecuencias nalgún lugar da ría das que nos teremos que lamentar xa sen remedio.


Novo espigón da Guía para porto deportivo

Vai sendo hora de entender que a ría non atura máis. Vai sendo hora de xestionar toda a ría e o seu litoral como unha unidade, como un só sistema ecolóxico, paisaxístico, ambiental, económico; singular e delicado, patrimonio de toda Galicia cada vez máis en perigo de desaparición... non vaia ser que a nosa paticular onda de Mundaka tamén desapareza e algo de nós mesmos con ela.

La izquierda de Mundaka en la UVI. Noticia en Masmar.com

Ningún comentario: