IX ÉPOCA

9.6.05

DE MEDIOS E POLÍTICOS

Xa dixen que ó radiopredicador non lle gusta a política. A algúns políticos incluso lle colle manía. O radiopredicador gusta de chamarse "notario da actualidade" Hoxe, se cadra non excepcionalmente, faise eco dun rumor que un colega do "sindicato pro-PXOM caiga quen caiga" difunde en papel impreso: O diaño vaise de Vigo. Ó radiopredicador non sabe se estar contento pola marcha da encarnación de tódolos males da cidade pois iso vai significar que a súa admirada alcadesa pode ser destronada. Facendo demostracións de profesionalidade decide acudir as fontes e como el non sabe preguntar,un colaborador conecta directamente co inferno. "En principio, voy a agotar mi mandato en el concello" di a voz autorizada e extrañamente non cavernosa. Non contento ca respota inquire coa que pode ser a súa alternativa "Descoñezo o asunto.E ademais non estaría de acordo". Aproveitando unha comitiva que pasea polo mercado do Calvario deciden preguntarlle ó xefe da movida infernal "Non hai nada do asunto e non haberá moción de censura" di Pepe.
Pero o radiopredicador e can vello e do Morrazo. A el non o enganan e traduce para a audiencia lider: "Hoy dicen esto pero sucederá lo otro". El, un profesional, sabe que as declaracións son un xogo pero el "esta en condicións" de aclarar o futuro unha vez máis: os cousas serán tarde ou cedo como el di que son. Xa verán.
E asi traballan os medios. ¿Por qué será que prefiro ós defensas?

Ver a notica máis desexada polo SPPCQC (Sindicato Pro-Pxom Caiga quen caiga)

Ningún comentario: