IX ÉPOCA

21.1.09

Unha de cascos

O delegado da Consellería da Vivenda en Pontevedra, Dosio Álvarez (sen casco, je je), antes xefe da gabinete da alcaldía de Castrillo, o tenente Domínguez e Teresa Táboas, concelleira do ramo, visitando o pisito en rehabilitación no Caso Vello de Vigo. Colocadiños para a foto. Failles gracia. Non me estrana: despois de máis de catro anos de existencia do Consorcio do Casco Vello e de prometer a adquisición e rehabilitación, dende aquela, de entre 400 a 600 vivendas, debe ser para escarallarse só ter adquirido, dende aquela, 40 (?), non saber como dar gastado os millóns de euros que arrastran de orzamento dende a súa creación, non dar ocupado as 17 "novas" vivendas "para xoves" da rúa Ferrería, construídas hai xa case dez anos.... e inaugurar neste xuño, din, as once primeiras!.
Cando, con sorte e algunhas décadas polo medio, inauguren as 589 restantes a cousa vai ser un festival incríble (con carpas e globos, claro).

Foto Xornal Vigo

7 comentarios:

Anónimo dixo...

¿De que se rie Dosio?

Quizas biendo tan nobles maderas se ria para sus interiores pensando que listos som algunos que con dineros publicos reforman viviendas que luego sus testaferros compran a precio de saldo para vender en tiempos fucturos al mejor postor.

Ahí esta el negocio, esperemos que el mismo no le estalle en plena campaña a la buena Teresa Taboas y al amigo Vietez.

pablo gonzalez dixo...

Estimado Pablo, ¿realmente crees que esta gente sabía hasta ayer de la existencia de los pisos de la Ferrería? Me imagino al Olveira yendo a trabajar por delante de ellos y pensando "algo así querría hacer yo, algo de calidad". Por cierto, el Dositeo qué lozano se ve.

Anónimo dixo...

Cambiando de tema pues estos tres personajes ya estan muy vistos (mal vistos).
Mi opinión es que deberiamos votar para expulsar al torero del programa Mira Quien Baila. Por dios que acabe de una vez por todas.

Anónimo dixo...

"Fillo do cura", a ese teu "amigo Vietez" pódelo levar pra túa casa.

Qué maneira de malgastar o pouco creto acadado!!!

Anónimo dixo...

Loliña, o Vieitez non e meu amigo nin nada que se lle parezca, simplemente foi un termo que utilicei pra decir que al menos e mais ortodoxo e menos chourizo que os outros dous, e non digamos do da gabardina

Anónimo dixo...

Home, descoñezo se os outros serán "chourizos" ou non, pro de tódolosxeitos, ese Vieitez tampouco tivo tantas ocasións.Pódelo levar pra túa casa, insisto!

Anónimo dixo...

Xa que insistes, sera que o coñeces ben, falarei con meu pai pra ver si o pode ter de mona-guillo cando da misa.

PD. ¿Non seras a nosa Lola de Vijo? A que o Tourito traicionou e cambiou po-la-lista-Caride-posta-a-dedo-contra-a-vontade-das-bases?