IX ÉPOCA

17.1.09

Cartas para Abel ou cartas cainitas ( I )

Unha practica habitualmente o uso da psiquiatría máis barata que atopou: camiñar, pasear, perder o tempo andando; pero ás veces encapríchase e quere facelo fuxindo espantada das cutres e numerosas humanizacións espalladas pola cidade polas máis variadas ideoloxías feitas pola democracia local para incrementar o gasto corrente do Campo de Granada co seu futuro mantemento (Calvario-Castrillo, Centro-Corina, Samil-Arca..., qué mais dá!!) e quere, por exemplo, vir pateando polo borde litoral dende Canido a Bouzas, por aquelo de pisar e pisar para non tolear, e decide coller a vitrasa-11 para iniciar o camiño nese recuncho tan semellante ós peiraos da infancia como é o porto dos ilegais chalés abeirados a esa ocurrencia de "bar" chamada Toralla, e saben vostedes o tempo que me leva habitualmente?, pois ahí vai: espera do bus dende o centro ata o Vao, unha hora; espera do bus dende Bouzas para o centro, outra hora ou con moita sorte 50 minutos, e o que é o pateo do borde litoral puro e duro, 90 minutos sen contar o traxecto estricto do vitrasa que son 45 minutos en cada caso. E unha pregúntase..., non podería haber lanzaderas Centro-Samil-Vao cada dez minutos, porque a Pinténs á súa idade non pensa pagar unha autoescola nin pa dios, aínda que con tanta espera tamén digo eu... canto tardaría a vitrasa en percorrer o cerebro do noso alcalde borde-line?

4 comentarios:

Marcos Andion dixo...

Querida Ana, creo que estás de enhorabuena. Por lo visto ya van a hacerte caso, aunque tendrás que poner algo de tu parte: te van a poner un "carril bici" hasta la mismísima Baiona.
Es verdad que tendrás que comprarte la bici porque andar en ella ya sabes que no se olvida.
Ya sé que tú hubieras preferido que lo que van a hacer a base de más expropiaciones, cambios de entradas a viviendas y negocios que se aprovecharon de la "vía pola vía", podría servir para recuperar aquel tranvía de Baiona, mucho más actual (aunque resulte paradójico), menos invasivo que lo del "carril" y con muchísima más capacidad de transporte de personal. Con la ventaja, además, de que el tranvía puede usarse incluso cuando llueve.
Pero ellos son como son, ¡qué le vamos a hacer!

Ana Pintens dixo...

carril,carril se non é o das ameixas ,xa teño CARRIL BARCO !o máis puntual do mundo!

Marcos Andion dixo...

Decía aquel hombre apesadumbrado, al ser preguntado por su deplorable estado anímico:
-Es que el médico me quitó de comer carne, de beber, de fumar, de follar, de tomar el sol, de nadar en la playa...
-Sí que es chungo el asunto; pero, en tu caso, ¡que te quiten lo bailado!
-Es que me dijo que ¡me lo van a quitar!
Al loro, Ana, que dicen que hasta el "carril barco" nos van a quitar; que el agua no deja tanto "margen" como el cemento.
Digo yo que algo habrá que hacer, ¿no?

Galopin dixo...

¡Outra ponte, querido Marquiños, outra ponte!!
¡Qué tropa!