IX ÉPOCA

23.1.09

CON la VENIA

O noso iluminado alcalde, que se segue a gustar moitísssimo, acaba de anunciar que ao Celta -e máis agora que ven da man da todopoderosa caixanova- o que pida. O convenio vixente de cesión das instalacións municipais (Balaídos, Madroa) ao Celta -en condicións tipo “quetecagas”- remata en 2014 e, no medio do proceso concursal no que se atopa o clube, convén clarexar cómo está un asunto tan vital como as infraestruturas coas que conta o moribundo.
Acostumado a falar de ti a ti só cos deuses, Caballero Primero ignora aos pobres mortais que conviven con il o día a día. Aínda que pareza mentira, o tenente Santi dixo ben esta vez o de que sen eles non haberá convenio co clube senlleiro da cidade, e pide lóxicas compensacións aos responsables da sociedade anónima que se vai beneficiar da operación.
Pero a munición que o tandem Mouriño-Gayoso precisaba xa está no seu poder. Un protocolo “de intencións” que o alcalde traballou (por dicir algo) co seu servidor obediente e ban pagado Font, pasando do resto, servirá para acreditar a viabilidade da operación en canto que manifesta que, de feito, o club ten estadio, campos de entrenamento e o que faga falta como se foran da súa propiedade. O convenio virá despois e, ¿quen será o desalmado que, por catro patacos -luz, auga, céspede, catro tendas, ...- vai impedir a existencia da nosa marca máis internacional?.
Núñez, Gómez, Mouriño (uff), Pérez, Príncipe, Castrillo, Porro, Caballero, pero sempre Gayoso (non Ana, o da galega non, o outro).
Como sempre, o de sempre

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Sí claro todo pra a empresa do mexicano e de portas adentro, mentras tanto os Venrres as nove da noite as alcantarillas polos aires ca forza da auga da chuvia, claro iso non da votos o parecer pra o Abeliño e iso que o seu secretario anda sempre pola zona de noite. Na zona xa gastara unha morea de cartos aquel inutil concellal de obras da caida en desgracia-política loliña, ¿Como se chamaba... HA! sí o que papaba o marisco no Basilio de Coruxo cos das concesionarias que racharon toda-las ruas pra meteres os cabres telefonicos ¡¡UXIO!! Tamen coñocido polo sobre nome do O MENDRIL e logo ata queria repetirrrr gostoille, carallo se lle gostou, agora por desgracia o tema esta nas mans de outra peor que el a verduleira Abelaidas, mais coñocida por LA ABANDONADA. ¡A ROUBAR QUE SON DOUS DIAS!

Anónimo dixo...

Podiais hablar algo de la huelga de los jueces y el temporal?

Anónimo dixo...

Yo estoy de acuerdo contigo y con muchos de los que han opinado sobre el tema en La Voz

Anónimo dixo...

Me parece lamentable, eu teño que pagar por ires a xogar o fútbol, e non é barato, o mesmo os que xogan o tenis, o paddel, ...., Caixanova e o Celta demostraron o que non nunca se debe facer, e entraron nuns anos de falla de trasparencia que nos levaron a un proceso concursal, e agora ainda que parecen estan cambiando a xente que o leva, quen dice que nom volverán as antigas golondrinas.