No Concello de Vigo funcionan xa varias oficinas do PSOE-UGT vigués. Non, non están situadas no oitavo andar, onda as sedes dos grupos políticos, nin no quinto, lugar onde parasitan os membros liberados das seccións sindicais. Están ubicadas onde antes existían servizos públicos municipais, como na planta 4ª do Concello, antes dependencias do servizo municipal de Emprego. Son lugares nos que para traballar neles o máis importante é ser de confianza do partido ou do sindicato, nada desas tonterías do mérito e capacidade que absurdamente consagra a Constitución.
Coa chegada ao goberno municipal, Abel Caballero, con ampla experiencia nesas lides de colocar persoal "propio" alí por onde vai, situou como fiel e caladiño delegado de Emprego do Concello, ao extremadamente gris (por sermos xenerosos) concelleiro Santos Héctor, que, antes de ser tal, viña sendo eterno secretario comarcal da UXT (e, xa non sabe nin el cando, traballaba [uff!] como dependiente de El Corte Inglés). O obxectivo: rendabilizar o servizo, xa me entendes. A estratexia foi clara: para que o servizo funcionase, había que desmantelalo totalmente, pois nas condicións de profesionalidade existentes, non era posible introducir os consabidos criterios de idoneidade que importan á parella Font-Caballero, como ben demostraron na súa etapa portuaria. Postos á faena, primeiro: eliminaron a todo o persoal adscrito a ese departamento, condición indispensable para tomar ao asalto o servizo e convertilo en oficina de contratación ad hoc. Segundo: instalaron alí só a coñecidos traballadores municipais da súa corda: vellas glorias municipais de PSOE-UGT, como Paco Orúe -peón fielalpartido, presidente do comité de empresa municipal en tempos de Soto e ascendido sucesivamente ata acadar o seu máximo nivel de incompetencia e de retribucións -polo de agora, claro-). Ao seu lado, outro ugetista municipal que por arte de maxia viña ascendendo no Concello cos variados gobernos do PSOE dende a época Soto, dende un remoto posto sen cualificar ata igualarse económicamente á categoría de técnico, Juan Zaragoza. Para completar o equipo, trasladouse do departamento de Persoal a outra antiga afiliada que dende hai anos, hivernaba no seu posto de traballo (?). Cerrando a selección psoísta, sempre hai lugar para unha grande fichaxe, nada menos que Mariló Cabaleiro, ex- concelleira do PSOE, á que se lle descoñecen os méritos técnicos para ser contratada como persoal de confianza e "examinadora" no servizo de emprego municipal. Como se pode ver, ningún cabo solto. Terceiro: comezouse a meter a facer traballos de consultoría a empresas amigas (pero moi amigas, eh?), como Método ou Forinlab (tanto monta), vinculadas ao sindicato a través de membros destacados do mesmo, como Jorge Cuntín e a ter en conta a outras empresas amigas como Ecovigo, por aquelo de que hai que publicitarse tamén. Aquelas empresas foron as encargadas de redactar, por exemplo, a proposta do programa europeo Urban para Teis, e as responsables directas de facelo tan mal como para que, estando cantado, non fora aceptado polo Ministerio de Economía e Facenda. Aquelas empresas son tamén as que tentaron vender ao Concello a ocurrencia da formación de parados mediante PDA’s (gracia pseudotecnolóxica en tempos de bonanza, pero pitorreo de mal gusto nos tempos que andamos) .
Este asalto, dirixido pola alcaldía e materializado polo “muditoperofiel” sindicalista de UGT Santos Héctor -no cumio da súas retribucións laborais-, baseouse nunha premisa sinxela: se non es dos nosos, qué se che perdeu por aquí?. Así orixinouse unha nova composición técnica do departamento de Emprego e, consecuentemente, os respectivos tribunais de selección para postos de traballo temporais, con cargo aos diversos plans de emprego, fórmanse esencialmente con traballadores municipais con poucos méritos máis alá daqueles que se derivan da súa pertenza á familia municipal UGT-PSOE, nomeadamente, ademais dos citados, Emilio Iglesias, que algunha vez foi alcalde de Baiona (e cunha axudiña, se tal, dos sindicatos "hermanos" da planta 5ª), tan entrañable. Así as cousas, na planta cuarta do Concello, danse tódalas condicións necesarias para que funcione con naturalidade un novo banco municipal de favores -neste caso, laborais-, tan útil nestes tempos de crise e eleccións.
Malos tempos para o emprego, e piores se non tendes amigos, amigos.
Paulo Carlos López, Sumar: "Ante os que dicían que eramos flor dun día,
aquí estamos"
-
Verónica Martínez Barbeiro e Paulo Carlos López, elixidos por unanimidade
para liderar Sumar Galicia. Co apoio de Yolanda Díaz, comprometéronse a
implantar...
4 comentarios:
Una prueba de esa eficiente politica municipal-ugetista de empleo, la tenemos en una cuadrilla de 4/5 miembros (y una miembra) que desde mediados de diciembre se dedican (es un decir) a pintar la pasarela elevada sobre la estación de Renfe, que une Canadelo Baixo con la calle Navarra, Vía Norte y Canadelo Alto. Llevan allí un mes aproximadamente y han "logrado" pintar unos 25/30 metros de cada uno de los lados de esa pasarela, usease, 50/60 metros en total.
Su jornada laboral empieza sobre las 9/9,30, entre que sacan los botes de pintura y demás adminículos, estamos en las 10 mas o menos. A las 11, paradita de tres cuartos de hora para el bocata y la cerveza (hay foto, aviso), sobremesa y tertulia mientras se contempla el paisaje. Sobre las 13/13,30 hay que empezar a "recoller" porque se aproxima la hora de comer. Y así, todos los días (los que vienen, claro, porque hoy lunes como llovía y estaba el día desagradable, no aparecieron).
Van equipados con unos flamantes y vistosos uniformes amarillos a los que no le falta detalle, pantalón con peto, anorak para el frio y la lluvia y el consiguiente chaleco con una gran inscripción en la espalda de la Consellería de Traballo de la Xunta, y de no sé qué programa de colaboración con el Concello de Vigo.
Así es como se tira el dinero de los contribuyentes con el consentimiento y la ignorancia de todos esos chupópteros a los que hacéis referencia. Jornadas de 2 ó 3 horas que seguro cobran como 8. Por supuesto que por la tarde ni aparecen. Seguiremos informando del "progreso" de la obra.
¡Qué tropa!
OZTIAAAA!!! El Orúe, traidor donde los haya, gran come-culos del Principe de Coia en sus tiempos de reinado tras asesinar al "compañeiro"
Y el Zaragona... Meapilas mayor del reino, a este pobre, le vale todo... Y cuando digo todo, es todo.
Ahora desde el pasado Sábado, dicen que esta contento desde que se cargaron a su "Loliña" porque podran volver a las partiditas de "tute" los Viernes por las noches hasta altas horas de la madrugada en cuanta cafetería hay, incluso es muy posible que se acople "su amigo" el jefe de seguridad del parlamento gallego, ex de la lenguaz Abelaidas, que tras la muerte política de su "jefiña" tenga que volver a hacer de vigilante en los juzgados.
Toda una desgracia estas cosas de la política.
Buenoooo y por lo que se ve ya solo falta que coloquen al otro Paco, el "pata" que por arte de gracia de Abel, paso de peón "cortapolas" a inspector de obras con la Abelaidas y se pasea con ella todo encorbatado como si de un señor se tratara cuando lleva más de un año de baja. No, no, su baja no es por la cojera pronunciada ni por su baja estatura, es al parecer y segun las malas lenguas, porque los "cabrones" del comite, quieren que se vuelva a su puesto de peón de jardines en la Guia.Este era de los que más se la "comia" al Principe, ahora se la come a Abel...
Señor, señor... Que tropa estamos manteniendo.
Neste caso tamén é importante engadir, a este moi ben informado artigo, dúas reflexións:
1)Como consecuencia da decisión de non contar co persoal que levaba, na maioría dos casos, máis de 8 anos realizando as súas funcións nesa 4ª planta (antes denominada "departamento de emprego" e nestes intres "chiringuito de UXT-PSOE dedicado a empregar a simpatizantes de UXT-PSOE"), o Concello de Vigo ten que utilizar diñeiro municipal para pagar grandes cifras en concepto de indemnización por despido improcedente; cifras que rondan os 30.000 € e que hai que multiplicar por 15 persoas; diñeiro que podería empregarse para combatir o paro da cidade.
2)Tamén é moi reseñable o comportamento dos sindicatos membros do Comité de empresa do Concello: SICO, CCOO, CIG e, naturalmente, UXT miraron cara outro lado e deixaron facer, sen escoitar as peticións de apoio do persoal traballador desa 4ª planta.
Sr. alcalde, sres. concelleiros Font e Santos Héctor, membros do Comité de empresa, gabinete de asesoría xurídica ¿estades orgullosos? Deixade de mirar cara os vosos ombrigos e recapacitade nas consecuencias dos vosos actos. Polo ben da cidade.
Neste parágrafo hai algún erro de apreciación, amigo/a parado/a:
"Tamén é moi reseñable o comportamento dos sindicatos membros do Comité de empresa do Concello: SICO, CCOO, CIG e, naturalmente, UXT miraron cara outro lado e deixaron facer, sen escoitar as peticións de apoio do persoal traballador desa 4ª planta.
Se non me equivoco houbo algún deses sindicatos que apoiou en diversas ocasións a ese persoal que pedia axuda... e que estaba en contra do "marabilloso" e "máxico" convenio da 4ª Planta. Ademáis, penso que algún delegado dun deses sindicatos foi como testemuña "en contra" da súa propia empresa... as verdades a medias son peor que as mentiras.
Precisamente ese mesmo sindicato foi quen de denunciar recentemente e reiteradas veces nas sesións do Comité (non tanto na prensa, xa que non ten apoios mediáticos, por desgraza) a situación do "Coxo" do que se falou por ahí. Non todos calamos, pero tampouco temos doado o de falar alto... xa sabedes... aquilo da "paz social" que tan ben lle ven ao Sr. Caballero.
Publicar un comentario