Trala vivenda chega a crise do automóbil. Todo parece indicar que nos dous casos o mercado non fixo os deberes e lonxe de se producir un funcionamento racional viu inflando unha nova burbulla insostible. Se retrocedemos tan só 12 meses atoparíamos datos que anunciaban xa daquela a crise:
- os coches están sobrevalorados chegando ós consumidores cun sobreprezo esaxerado.
- os fabricantes viñan adoptando unha perspectiva conservadora en canto á introducción de innovacións tecnolóxicas máis preocupados polo incremento de beneficios exprimindo ó máximo as liñas de montaxe. Fixeron moito “re-styling” e pouca innovación.
- a externalización de procesos cunha forte presión sobre as industrias auxiliares creou un tecido productivo excesivamente dependente das decisións dos montadores
- o acurtamento do ciclo de vida dos coches chegara a un límite. Non se pode esperar que se cambia un ben tan custoso cada tres anos.
- a ampliación de mercado (xoves, segundo e terceiro coche familiar) fixose sobre a base dun endebedamento excesivo.
- os mercados emerxentes atoparon os seus propios subministradores comenzando a producirse o fenómeno inverso: coches pequenos fabricados en India atoparon boa acollida noutros mercados.
Os prezos do combustible acabaron por rematar a faena e o artificioso mercado do automóbil vense abaixo.

E agora que? Traducido todo isto en desemprego todo o mundo está de acordo en tomar medidas urxentes. Pero qué medidas? Os fabricantes e concesionarios queren reducir stocks polo que piden axudas inmediatas para a compra de automóbiles. Trataríase de manter o consumo en cifras altas facendonos adquirir un coche queiramos ( e seríamos beneficiados cos Renove) ou non (colaborando via impostos na compra de outros). Teño para min que esta e un via excesivamente coxuntural e, como moito retrasaría un pouco o inevitable axuste duro.
A verdade é que a industria do automóbil non pode nin debe seguir como estaba. Cada día é maior o consenso sobre a necesidade de profundos cambios tecnolóxicos nos medios de transporte. Sumemos: crise do petróleo, cambio climático, independencia enerxética e posta en servicio de transporte colectivo rápido empuxan hacia outro tipo de solucións. Nese sentido as axudas propostas polo ministro Sebastián ligadas á innovación son benintencionadas. Claro que tamén o son as que levan aparelladas formación en vez de paro. Veremos ata que punto cumpren os obxectivos e non se quedan en axuda directa disfrazada. Tamén queda forzar a innovación tecnolóxico con medidas gubernamentais tipo Telivisión Dixital . Sería algo así como fixar un horizonte (o ano 2015, por exemplo) para quedar prohibidos os motores de combustión. Non creo que se atrevan
Ninguén vai evitar o axuste duro desta industria e, polo tanto, paro e recesión. E decir esto en Vigo é moito decir. Pero neste blog vímolo dicindo desde hai anos: hai que pensar nun Vigo sen Citroën. É a cidade ten experiencia de axustes duros e sabemos que o noso sector naval poido transformarse, redimensionarse e medrar de forma notable despois de ser arrasado. O mesmo proceso vai seguir Citroën. A diferencia vai estar en quen toma as decisións. No caso do naval as empresas estaban cerca pero Citroën depende de Sarkozy que vai defender os postos de traballos franceses por enriba de todo (mira por donde a deslocalización mira agora ó norte). Confeso que diante de esta situación gusto moito da politica de Gordon Brown cos bancos: xa que che dou cartos, eu son dono.
I have a dream. Citroën estaba nacionalizado e fabricaba tranvias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario