IX ÉPOCA

2.3.08

Unha velas a san Brais

Reconózoo, é só por puro egoísmo: por dios e pola virxe! que a Universiada llela dean a Murcia. Que estes son quen de arrasar co orzamento municipal en tres anos!

Para tal fin, por se tal e porque habelas hainas, puxen unhas veliñas a San Brais en Bembrive, que sei de boa tinta que é santo de devoción -de moita, moita devoción- de Santi.

20 comentarios:

Desesperada dixo...

jajajajajajajajajaja se non fose por entradas coma esta, seica sentiríame coma unha tola por pensas as cousas que penso. menos mal que estades vos ahí!

Anónimo dixo...

E se lle dan a Universiada a Murcia, con que nova leria empezarían a vender fume. Ademais quedaría en evidencia que estiveron a xogar, a apostar, a confiar na sorte, a viaxar, a gastar cartos inutilmtente,... en vez de traballar (algo ao que lle teñen auténtico noxo)e en vez de gobernar.

Anónimo dixo...

Que lla dean, para que a universidade se poña as pilas e faga unha universidade decente e se presente noutra ocasión, cando estea mellor preparada.

Anónimo dixo...

alguen me pode explicar xq non keredes universiada ?
Existe algunha razon real ou só é outra pataleta sistemática contra o goberno actual (q non é que non o mereza, pero de aí a dicir non a todo...)

Amando dixo...

Totalmente de acuerdo: La Universiada para Murcia, para quien la desee; pero para Vigo no, por favor.
Como no tengo devoción no pongo velas ¡ni apagadas! pero mi voto es NO.

Marcos Andión dixo...

El porqué nos posicionamos en contra de la Universiada está más que explicado en entradas anteriores y en los comentarios correspondientes.
En cuanto a que decimos que no a todo, sólo una puntualización: aquí decimos que no a lo que decimos que no; al resto no se lo decimos, simplemente, si creemos que no merece la pena.
Lo que no sé es en qué código dice que no haya que decir que no a lo que no nos parece bien, venga de donde venga.
Lo dicho ya anteriormente: aquí apuntamos cuando vemos pieza, y disparamos si creemos que procede, con algún argumento en los cartuchos; si no, ahorramos la munición, que nosotros no disparamos con pólvora de El Rei (como bien acostumbra a decir alguno de los participantes en estos debates).

Anónimo dixo...

En estos momentos estoy enviando 30 cajas de velas a San Brais y todos los santos.
Murcia, Murcia, ra ra ra.

Anónimo dixo...

cómo imos querer unha Univerxiada?
estades tolos, ou que? se iso debe ser coma o Diluvio Universal, pero no lugar da chuvia, cae xiada!
quita, quita...

Anónimo dixo...

Este punto piadoso recórdame a nova que leín o outro día, que dicía algo así como que a xerarquía da Igrexa católica está pensando mudar as formas dalgúns dos seus ritos "estrela". A saber:
Misas máis curtas, con sermóns comedidos, proposta claramente orixinada no Comité de Marketing Celestial, de recente creación; e,
Comulgar axeonllados (sen cilicio, polo de agora), proposta nítidamente orixinada no Comité PorlaDoctrinadelaFé, ou semellante

Espero que esta información nos manteña ao día, na procura da máxima eficacia dos (supoño) escasos rezos e pregarias elevados co nobre obxectivo de levar un pouco de sensatez a quen decida, e non nos fagan sofrir cunhas Universiadas postas en mans destes que pacientemente padecemos.

Amén

Anónimo dixo...

Estiven buscando pola etiqueta Universiada e no atopei ningunha razón obxectiva e explicada de por qu e dicir non á Universiada. O único q leo (en tres artigos) son frases cunha alta carga sarcástica pero ningunha idea obxectiva.

Eu dou unha razón a favor: remodelación e creación de infraestructuras (Balaídos, que será sen falta, pavillón, residencia para deportistas que logo será residencia para estudantes, que será tamén porque vén mal...) pagadas en parte importante por organismos xerárxicamente superiores, por exemplo o estado (para algo se fai o concurso entre Murcia e Vigo) e a Xunta.

Veña, se tan claro o tedes, dádeme mellor argumentos en contra.

Pablo Eifonso dixo...

Propóñoche unha pequena proba do algodón ou xogo sobre este tema. Venden os promotores da Universiada para Vigo que este é o acontecemento deportivo máis importante do mundo despois das olimpiadas eé por ese feito polo que afirman a súa importancia para o desenvolvemento e coñecemento internacional da nosa cidade. Admitamos que a wikipedia representa un referente básico na información e documentación mundial. Poi ben, fai a proba de buscar na máis importante enciclopedia mundial as palabras Universiada e Olimpiada. Da universiada, sinxelamente, non hai máis cá relación das que houbo ao longo dos anos (verán e inverno): nada se pinchas en cada unha delas. Pero o mesmo ocorre na wiki en inglés coa palabra universiade: practicamente nada. Pois para ser un acontecemento tan importante, pouca pegada deixa.
Este mesmo "argumento" da importancia mundial do mundo é o mesmo que o utilizado para traer a Vigo a Volvo Ocean Race, da que decían os seus promotores -Corina daquela- que era o segundo acontecemento náutico mundial despois da Copa América.
Pois mira, non me creo nin un só investimento "estatal" de relevancia que non signifique un esforzo local desproporcionado. Non me creo -nono creas, os feitos o desminten (sabes que en 1999 a Universiada foi en Palma de Malorca?)- que os beneficios sexan os que nos contan. Só me creo o que son capaz de ver nunha cidade "subdesenvolta" institucionalmente como esta: o aproveitamento de "grandes eventos" que ninguén coñecía antes para "mover" a "economía" dos promotores. Aviados imos se crémos que as infraestructuras deportivas de Vigo, que o desenvolvemento do deporte de base e a mellora da calidade de vida dos vigueses dependen de traer ou non este tipo de pseudoacontecementos e non do que realmente depende e non vemos por ningures: dunha auténtica política de promoción do deporte, da educación deportiva e da actividade física dos cidadans manifestada en programas e recursos para o día a día.

Anónimo dixo...

Vamos a ver. Coido que é evidente que nin de lexos é o acontecemento deportivo máis importante logo das olimpíadas, iso está claro. Non obstante non debemos olvidar que en españa non existe unha cultura universiraria como a de moitos outros países (alemaña, USA, sudamerica etc) nos cales o deporte universitario ten unha notoriedade patente. Que en españa non exista cultura deportiva de universidade non quere dicir que sexa así a nivel global. Iso en primeiro lugar .
En segundo lugar penso q hai que facer unha distinción entre o q é o q pode ser. Que a organización da universiada poida ser, por mala xestion ou decisións, un gasto inasumible para Vigo non significa que vaia a ser invariablemente o q aconteza. É evidente q vigo non pode facer fronte a tódolos gastos, e se se fai unha competicion entre murcia e vigo por algo será, algo terá q dicir o estado.
Por certo, se é un evento tan nimio non sei xq se interesaron nel cidades coma Turin, Budapest, Moscu ou Roma.
De calquera xeito, aceptando a insignificancia do evento (coa q non stou de acordo) coido que merecería a pena ainda que só fose pola inversion en infraestructuras e dotacions deportivas q tanto fan falla na cidade e q parece q doutro xeito non se levarían a cabo.

Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Pablo Eifonso dixo...

O que falta na cidade non son infraestructuras deportivas sobredimensionadas. Para empezar, fai falta poñer en marcha algunhas que acabarán morrendo de noxo. POr exemplo, as magníficas instalacións deportivas da ETEA que ninguén con dous dedos de fronte é quen de poñer sobre a mesa dun puñetazo. Tampouco sabemos nada da nova piscina que Zona Franca se comprometeu a construir coo compensación ao magno prxecto de "Abrir Vigo ao mar" (500 millóns de pesetas de hai 10 anos...). Se avanzamos sobre necesidades deportivas decatarémonos que nonos fai falta investimentos ao estilo do estadio olímpico construído en Sevilla para a Expo, que foi morrendo de olvido deportivo e se usa especialmente para concertos cunhas instalacións de hotel de cinco estrelas. Fanos falta, en primeiro lugar, poñer en valor as instalacións de deporte de base existentes, absolutamente abandoadas nos Colexios Públicos, por exemplo e que non verán un só euro procedente do "evento".
Hai cidades que poden disputarse este ou calquera evento porque a súa organización é un producto da súa política deportiva e se ensarilla nela producindo as consabidas sinerxias. Pero en Vigo, un evento de este tipo -xa se pode ir mirando coa viaxe a Bangkok incluída- en que se van a ir os cartos: alimentar o aparello publicitario que tan bos rendementos dá a PP, PSOE e BNG (segundo os turnos que correspondan). Infelizmente non existe política deportiva en Vigo na que situar este ou outros eventos publicitarios (léase, por exemplo os programados campionatos de fórabordos que nos promete o Santi a 300.000 euros a pagar polo evento (máis extras de promoción, claro).
O principal argumento de venda que manexan os promotores (algún xa contratado a dedo con soldo permanente só para ocuparse destas cousiñas) é o da promoción internacional e esta vai ser tan nula como a producida na saída viguesa da Volvo.
E que non veñan co conto dos 6.000 deportistas. Mira, sen ir máis lonxe, un acontecemento "local" como é a "Semana do Atlántico" que organiza Caixanova co Náutico de Vigo, reúne só na competición de óptimist cada ano, case mil rapaces coas súas familias durante varios días en Vigo, coa correspondente repercusión na cidade.
Por máis que conto, non dou contado o millón de asistentes á Volvo, como tampouco contarei os desta Universiada.
O deporte universitario terá tradición na medida en que exista realmente interese das administracións por promocional dende abaixo a enriba e, sobre ese edificio xa construído, situar tódalas universiadas que se queiran. Pero é de ABC que este tipo de acontecementos, de non existir unha base socioeconómica e programática sobre as que se substenten, son unha auténtica ruina e só favorecen a corrupción. Para mostra, un botón: compárense a Expo de Sevilla e a Olimpiada de Barcelona. Máis ou menos diso, e salvando as distancias, estamos falando.

Pablo Eifonso dixo...

NOTA ACLARATORIA: Eliminouse a entrada de Erasmo por non ter nada que ver co contido deste comentario e por xa ter sido colgada polo seu autor no noso post "un voto dos votos, tres votos" do día 19.02.08.

Anónimo dixo...

Curioso: Un anònimo de este post escribe "españa, vigo y murcia", con minùsculas y las referencias extranjeras con mayùsculas. ¿Caso de estudio sicològico?. ¿Traiciòn del subconsciente antiespañol?.
Vamos a ver para ver.

Anónimo dixo...

Non me sexa mal pensado, señor "Tury"! O anónimo mesmo escribe "alemaña" con minúscula e Vigo a primeira vez con maiúscula. Será por querer escribir apurado.

Non sei por qué me da que a vostede o que lle picou na moral foi ver "españa" en minúscula.(risotadas)

salutti per tutti!

Anónimo dixo...

Lo que faltaba, un italiano escribiendo en gallego. Por eso digo que este es el mejor blog de Galicia y cercanìas. Dà para todo y algo màs.
Porca miseria!

Anónimo dixo...

Na "Voz" de hoxe lin o seguinte:

"La Universiada permitirá captar más de 300 millones en infraestructuras

La villa olímpica, con 2.500 apartamentos para cuatro personas, es la instalación más cara y compleja"

...Non me estrana o que di Pablo Eifonso:
"estes son quen de arrasar co orzamento municipal en tres anos!"
Porque, como farán catro persoas pra dar ocupado eses 2.500 apartamentos??....


Saúdos!

Anónimo dixo...

Estos sinverguenzas, gastandose el dinero de los ciudadanos por el mundo adelante, presumiendo de la universiada y las instalciones de atletismo de Balaidos, sin agua calinte en las duchas...

¡¡Menudos cara duras son el Hermano de CAIN y su FELPUDO!!