IX ÉPOCA

31.3.06

U-las presas do PXOM?

¿Reapararon vostedes que hai varias semáns que non escoitamos nada sobre o PXOM? Se non fora polos afectados que desluciron as celebracións da reconquista, calquera diría que aquí non se falou da urxencia, da última oportunidade, da imperiosa necesidade de contar co tal prezado documento.
U-los sectores maioritarios da sociedade civil que convocados con urxencia recibiron o documento definitivo ó principio da reunión e, despois de follealo, mentres os gráficos facian o seu traballo, mostraron o seu apoio entusiasta sen estudalo? U-los incendiarios editoriais do diario decano das exclusivas municipais? Imos ver ¿hai presa ou non?
Acaso o PXOM está servindo para que o PP manteña amarrado ó BNG dosificando tempos electorais? Pero que clase de tomadura de pelo é esta? ¿hai algo que non saibamos e que explica a seguridade de Touriño urxindo a que lle manden dunha vez o plan?
E enmerdados neste xogo están os sindicatos de traballadores que amosan a súa adhesión incondicional ó tal documento sen atreverse a defender mínimos como a contestación individual ós alegantes. Os amigos da CIG, de CCOO e de UXT deberían explicar a súa postura. ¿terá algo que ver coa dubidosa suba salarial no Concello?

30.3.06

A ETEA: un documento imprescindible

Chéganos, enviado pola asociación de participación cidadá Outrovigoéposible, un interesante documento que elaboraron sobre a Cidade Mar, no que, tras unha ordeada análise e rigorosa argumentación, propoñen un futuro para as instalacións da ETEA, vinculado ao proxecto que auspician a Xunta de Galicia, o Estado e a comunidade científica viguesa. O documento, de lectura obrigada para os que queiran saber cal é o estado da cuestión, titulado Sobre a ETEA, a Cidade das Ciencias Mariñas e a sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas, pódese baixar da páxina web desta Asociación.

29.3.06

A cousa ven de atrás . Fragmentos da historia do saneamento vigués.

"Outro exemplo sintomático de inoperancia e lentitude por parte da administración no saneamento da cidade é o da estación depuradora de augas residuais do Lagares. O proxecto de construcción da planta leva seis anos de retraso, dende que Concello e Xunta asinaran un convenio en 1989. O alcalde Carlos Príncipe non foi quen de solucionar o conflicto que mantiñan un grupo de veciños de Coruxo e Comesaña coa Dirección Xeral de Costas pola titularidade duns terreos de 28 000 metros cadrados situados na zona das Salinas. En 1975 tivo lugar un deslinde marítimo-terrestre na foz do río e os supostos propietarios levaron o asunto ós tribunais. Mentres segue pendente de resolución por parte do Tribunal Supremo, o goberno vigués trata de argallar unha solución que non demore máis as obras. O alcalde Manuel Pérez sabe que non pode pagar os cartos ós veciños, xa que podería estar incorrendo en malversación de fondos públicos se despois o Supremo sentencia que non lle correspondía a eles a titularidade.

O 19 de outubro do 95 o alcalde e o concelleiro de política territorial, José Cuiña, asisten ó inicio das obras da depuradora do Lagares. A solución atopada non deixa de ser sorprendente e confusa. Seragua será quen pague 170 millóns de pesetas ó medio centenar de veciños con escrituras dos terreos. ¿A cambio de qué? Nin Pérez, nin Cuiña o explican nese momento".
Diego Pérez "Vigueses na Democracia" Ed. Federación Eduardo Chao. PP 196-197

27.3.06

Así contamina hoxe o Concello de Vigo a ría (video)

Novamente no día de hoxe, un inorme caudal de augas fecais se está vertendo directamente na ría de Vigo dende a rede de saneamento, como consecuencia da irresponsabilidade do Concello de Vigo. A nosa denuncia hoxe é o video tomado hai escasas horas dende o dique exterior do Náutico de Vigo.



VER VIDEO (27/03/2006) (para vé-lo, unha vez que se cargue, e amose a cartela inicial, pinchar sobre a barra de estado gris que está enriba de "play" e "pause")
VIDEO ANTERIOR (4/12/2005)

As nosas anteriores denuncias
Outubro 2005
Novembro 2005
Decembro 2005
4 marzo 2006
15 Marzo 2006
23 marzo 2006

COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN SOBRE SANEAMENTO E DEPURACIÓN DE AUGAS EN VIGO, XA!!

26.3.06

(M)area Metropolitana

Estamos nun país de traca, nunha cidade de traca e -xa postos- nunha "comarca" de coña. Despois de 20 anos de Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, os Concellos que a forman non lograron "mancomunar" nin unha soa competencia, nin un só Servizo. Se exceptuamos a xestión de programas e fondos europeos para o emprego, directamente vencellados a un módulo técnico de desenvolvemento (UPD) e a un servicio de asesoramento a emprendedores (SAE), algúns proxectos de Escola-taller, catro estudios e unha revistiña, o saldo de tantos anos de traballo en común está máis relacionado con algunhas históricas paparotas dos alcaldes, cá cunha expresa e clara vontade de prestar servizos e xestionar unha administración en común.

Resulta canto menos un insulto que se cite como referencia da vontade dos Concellos Mancomunados a chamada Declaración de Soutomaior (¿xantarían ben aquel día os nosos famentos munícipes?) que tiña como contido básico (o resto eran palabras, só palabras) o que denominaba Plano de acción 1999-2003, con VII grandes medidas que se ían cumprir nesa lexislatura. Pois ben, algo lles debeu pasar, pois, de todas elas, soamente foron quen de cumprir unha: precisamente a VII, a de perdirlle cartiños a Europa. Eses cartiños son, por outra banda, o único contido económico dese xerme de Área Metropolitana que din nestes días que é a Mancomunidade e a súa pomposa (e seguramente no seu día golosa) Declaración de Soutomaior: o seu orzamento propio é máis cativo có máis cativo do de calquera comisión de festas dunha das parroquias do máis cativo dos Concellos mancomunados.

Por isto soa a, como mínimo, cachondeo, os rasgados de vestiduras, as declaracións solemnes, as sesudas análises dos columnistas habituais, as novas declaracións unánimes dos alcaldes de tódolos signos e partidos (¿habería xantar polo medio esta vez?). Por isto, se somos serios, estudiamos os antecedentes e analizamos as circunstancias da administración local neste o noso país, cos seus cativos intereses locais, o seu caciqueo e corrupción, decatarémonos de que, se cadra, para avanzar realmente nunha auténtica, necesaria e racional administración supramunicipal de ámbito Metropolitano, non estaría de máis comezar por adestrar ós alcaldes, funcionarios e concelleiros de por aquí, con algúns Consorcios de servizos básicos, que representen unha material vontade de ter unha administración moderna e eficaz, na escala territorial que os tempos e a importancia de Vigo demandan.

Se lémos sen manipular os datos reais sobre a vontade metropolitana dos concellos da Mancomunidade, decatarémonos, sen dúbida, de que estes están nese órgano supramunicipal nada máis que por se acaso e sen ningunha intención de avanzar máis. ¿Como se entendería senón, dende esa firme e cabreada vontade metropolitana, que os planeamentos urbanísticos xerais (PXOM) en redacción neste momento nestes Concellos, se faga con total e absoluta independencia e descoñecemento uns dous outros, cando non en flagrante contradicción?; ¿como se entendería senon que o único órgano político da Mancomunidade non se reúna (se exceptuamos a última fuenteovejunada) dende hai meses nin tan sequera -o que xa é realmente preocupante- para un xantar para lembrar os vellos e felices tempos de Soutomaior?.

O demais son -como diría o noso sempre admirado profesor Toba- milongas e, como diríamos nós, rodas de muíño demasiado grandes para o noso aparello dixestivo.

Nota: algunha páxina das citadas da web da Mancomunidade, non corren con Mozilla Firefox, si con I-Explorer.

25.3.06

Un futuro para os novos polígonos do PXOM?

Un artigo de El Mundo sobre edificios "fantasma" dos PAU do norte de Madrid. ¿Será este o futuro dalgúns dos negocios inmobiliarios ó abeiro das fantasmas previsións demográficas do PXOM de Vigo?

Las cuentas de la Volvo, segunda vez

Y pondremos el post tantas veces como sea necesario, hasta que nos cuenten las cuentas de verdad y no nos traten de idiotas con sus caramelos de los 300.000 euros. Pues:

¿Para cuándo las cuentiñas, bien explicadas y claras, de los gastos municipales en el bluf de la Volvo Ocean Race?
¿Quienes fueron los patrocinadores? ¿cuánto dinero puso cada uno?, ¿en concepto de qué se realizó cada gasto?, ¿a quién, cuánto y por qué se pagó?. ¿Quiénes fueron y cómo, quién y por qué se seleccionó y contrató a cada uno de los proveedores, sean de materiales, de personal o de servicios?, ¿cuál fue el resultado de cada trabajo contratado?. ¿Cuales son los contratos o convenios entre las empresas patrocinadoras y el Ayuntamiento de Vigo?, ¿qué contenido tienen, dónde y quién los aprobó, cuáles eran las condiciones, cómo se liquidó, cómo se justificó, cómo se pagó, cómo se controló el gasto?.
¿En cuánto se presupuestaron las actividades relacionadas con la Volvo? ¿Cuanto fue el gasto total final? De éste ¿cuánto aportó el Ayuntamiento?.

Que quien tiene que preguntarlo, lo haga; y si no se contesta, que lo exija.
Y si no... ¿Por qué no contratar una de esas auditorías externas que tanto gustan al concejal Chema Figueroa?.

Y ya que estamos... Que Ángela Bugallo y Santiago Domínguez, Conselleira e Secretario xeral para o Deporte de la Consellería de Cultura de la Xunta, hagan lo propio y coloquen sobre papel, tal y como se comprometieron, las cuentas autonómicas (¿deberíamos decir "astronómicas"?) de la Volvo, las de sus predecesores y las suyas. Para tal labor les prestamos altruistamente el cuestionario que encabeza este post.

23.3.06

Cursiño de hidrodinámica

Aproveitando unhas cervexas, o amigo enxeñeiro agasállame cun cursiño acelerado de movemento de líquidos. Estes son os apuntes que tomei na socorrida servilleta.

1º principio: A auga nen se crea nen se destrue, só se move.
Asi que, se os dias de choiva o caudal de augas pluviais entra na mesma rede de saneamento vaise sumar co das augas fecais acadando valores considerables.
Corolario: Se unha depuradora ten un límite de tratamento de , poñamos, 1000 litros/seg e o caudal que recibe é de 3000 l/s, necesariamente 2000 l/s terán que ser enviados ós rios ou ó mar sen tratamento.
Solucións: a) Construir depósitos de tormenta que acumulen auga temporalmente ata que pase o chaparrón. En Vigo, polo visto, esquecéronse de facelo, nas recentes obras de humanización e o que había era pequeno. Resultado: saida incontrolada de augas na zona do Nautico como temos informado. Idem no caso da rúa Coruña.
b) Construir unha nova depuradora. Tamén coñecida como solución "escapar cara adiante"
c) Separar a recollida de augas pluviais das fecais. Coñecida como solución intelixente pero , como xa citamos, condenada polos politicos inmediatistas que non desexan enterrar cartos que non den prestancia.

2º principio: A auga non flúe tan libremente como algúns, expertos incluidos, pensan.

Polo que parece, ó chegares ás curvas, tal que si fora Fernando Alonso, a auga vese frenada e provoca un aumento de presión que ven sendo proporcional ó caudal que discurre e, o que parece moi lóxico, ó angulo da curva.

Corolario: Se os colectores se doblán en ángulo recto, como é o caso da rúa Cervantes, o aumento de presión pode ser tan considerable nos momentos de choiva forte que provoca o ascenso das augas polos tubos de desagüe das casas, provocando a súa inundación cunha desgradable mestura de augas pluviais e fecais.

3º principio: Un rio pode ser un colector e unha ría, unha depuradora.... ata uns límites.

Corolario: Se hai unha sentenza que avisa do mal estado das rías quere decir que, dada a proverbial velocidade da xustiza, hai xa tempo que debemos andar perto da capacidade máxima depuradora da ría.
Queda moi bonito evitar que un lagares sexa colector pero non se pode trasladar ó problema á ría.

4º principio: Os coñecementos dos técnicos a estas alturas de século son suficientes.
Perplexidade: ¿Como seguimos sen explicación sobre funcionamento do saneamento na cidade?

Sobre a contaminación da ría: ver tamén o noso post: Dona Lola ten algo que decir. Nós tamén.

22.3.06

Cori ¿ves el Berbés?

En el mismo 'corazón' de Vigo tenemos así nuestro patrimonio. ¿Anidará ahí el dragoncete que se posó junto al Olivo?

Fotos: abajo, en época Volvo, tapadito; arriba, marzo 2006




Te las has ganado, chica

Mis amigos artistas me han pedido publique aquí esta dedicatoria a nuestra alcaldesa. Al igual que ellos, yo, que no soy artista, también considero que se la merece.
Ojalá que la santa Xurxa y su cabalgadura pronto reemprendan el vuelo a su lugar de procedencia. Ese objeto empaquetado situado al lado del Olivo es lo que acabó de redondear los 26,5 kilos de esta bonita fruta campestre. Cori ¡ánimo! en sopa ayuda a agilizar las neuronas.

21.3.06

Santa Xurxa en Ourense

Alí monta un moucho, aquí un dragón.


Foto: Artebronce Fundición

19.3.06

Empaquetada, mucho mejor.

18.3.06

Santa Xurxa (o algo así) ha llegado


Pasaba por allí justo en el momento en que esta especie de santa Xurxa cabalgando un dragón (todo el conjunto de tono cadavericamente verdeazulado) aterrizaba en la cúspide de la columna que brotó al lado del Olivo más olivo de todos los olivos de esta ciudad. Por la dirección de su vuelo bien se puede deducir que despegó de la torre del Ayuntamiento; tal vez del despacho de Corina Porro. ¿Quedarán por allí, en algún ángulo obscuro, otros terroríficos monumentos agazapados esperando ubicación pre-electoral?
¿Una nueva interpretación del 'rapto de Europa' tal vez?, o el 'rapto de la Olívica'. Es cierto que de cada estatua o escultura o munumento que pueblan nuestra ciudad tiene sus innúmeros defensores y otros tantos detractores. Pero no estaría demás que la persona o personas que han decidido colocar esta santa Xurxa y su cabalgado dragón al amparo de nuestro Olivo pidiesen asesoramiento, entre otros organismos, por ejemplo al MARCO.
Esta santa Xurxa, eso sí, empareja muy bien con la estética del 'pulpo con Verne encima'.

Ninfa

Mentres as ninfas da fonte urbana máis antiga de Vigo esmorecen entre colectores, coches e abandono, a vanidade de Quesada e Corina érguese para aproveitarse da nosa ollada cara ó mar.

Paseo de Alfonso XII marzo 2006

Oliveira castigada

Que pecado cometeu a nosa Oliveira por antonomasia para merecer isto? por que está condeada a celebrar durante meses o nadal?
Oliveira, liberdade!

Paseo de Alfonso XII. Marzo 2006

15.3.06

Dona Lola ten algo que decir. Nos tamén.


Unha instancia comunitaria ven de subliñar a gravidade dun problema que, coa connivencia da administración local e autonómica, ven sendo agachado desde hai décadas. As deficiencias na xestión do saneamento coa conseguinte contaminación da ría é o maior problema de saúde pública da área metropolitana de Vigo. Cada vez son máis e máis frecuentes os efectos dunha política que seguindo a máxima do alcalde Portanet négase a "enterrar millóns" en infraestructuras básicas e opta por operacións de embelecemento e maquillaxe.
A presenza de metais pesados, as emisións continuas de augas residuais, o patético funcionamento dos colectores, a case completa falla de control dos verquidos industriais, xuntanse cos incumplementos reiterados das autoridades locais que "non saben cales son os fallos da depuradora" pesia ter realizado auditoría tras auditoría e investido unha chea de euros en modificacións.
O Sr. Figueroa, concelleiro tamén de Medio ambiente, declarou solemnemente en sesión plenaria, a intención de chegar ata o final na busca de responsabilidades técnicas e políticas. Intelixentemente implicou a tódolos membros da corporación porque é sabedor das responsabilidades que, un tras outro, tiveron no goberno da cidade. ¿Sera por iso que non son quen de constituir unha comisión de investigación?
D. Lola Villarino, nunha intervención inusual para unha presidenta de Parlamento, deixou caer no debate sobre a depuración das augas en Galicia, que sobre o caso de Vigo ela "tería algo que decir". Estamos ansiosos por escoitala, a ela, a Figueroa, a Amador Fernández, a Mª Xosé Porteiro, a Manuel Soto, ós técnicos de Novotec, ós de SeraguaAqualia , ós do departamento de Medio Ambiente, ós do Parking de Urzaiz , a dirección das obras de humanización...Todos teñen algo que decir ós cidadáns e deben decilo. Trátase da maior agresión a nosa saude e a do medio. Non é un problema de moluscos e depuradoras. Vai de outra especie, parasitaria do poder e cunha alta capacidade camaleónica.
Seguiremos informando.

13.3.06

Iglesias no tiene quien le escriba

As declaracións do concellal de Vías e Obras de Vigo José Manuel Iglesias ao Faro de Vigo en relación coa paralización das obras da rúa Alfonso XIII, só poden significar -se a política no Concello de Vigo fose unha cousa seria- que o delegado de obras do Concello se considera incapaz de xestionar a súa área de responsabilidade e debe dimitir. Cando se ten un cargo institucional da relevancia do como o que ten o doctor Iglesias, non se pode declarar que: "Estoy cansado de preguntar las razones de la paralización y nadie me dice la verdad". Tampouco asegurar que lamenta que tampoco ha encontrado una explicación razonable en la Diputación, e quedarse tan tranquilo pensando que -dito o dito- un lava as súas responsabilidades administrativas e políticas (e parece deducirse que tamén penais, por se tal). Tampouco é de recibo que, referíndose ós problemas xurdidos nas obras de Cervantes, se diga que "se trata dun problema serio", sen que se aclare cal é o problema, cal é a gravidade, cales son as causas e se apunte ós responsables.

E se alguén chega ao punto de facer estas declaracións de impotencia, só lle queda a opción de dimitir de inmediato. Porque se nono fai é que a súa concepción do que é o servizo público confúndese co amarrarse a calquera prezo ó cargo, aínda que este só sirva para clamar no deserto pedindo que alguén lle informe precisamente do que está obrigado ineludiblemente en razón de su cargo a saber.
José Manuel Iglesias é o máis presentable do grupo de goberno. Pero como xa comentamos neste Blog noutra ocasión, está absolutamente só no grupo municipal do PP, no que é elegantemente odiado por todos. Posiblemente porque é o único do grupo cun mínimo de sensibilidade, educación, cultura e estudios.

De tódalas maneiras, parece que se impón no goberno municipal a práctica de "sentirse enganado" e pasar. Lembramos as declaracións de Chema Figueroa no Faro de Vigo de 27 de xulio de 2005, que recollían o debate no Pleno municipal do día anterior (ver páxina 64 e ss. do documento pdf). Igznogod-Figueroa decía referíndose ós graves problemas da depuradora "siento frustración e impotencia. Ninguno es capaz de decirnos: el problema está aquí". No mesmo pleno no que a Corporación aprobou por unanimidad una batería de medidas para investigar la construcción de la planta y su funcionamiento hasta hoy con el fin de exigir responsabilidades, "buscar culpables si los hay", y llegar "hasta el final". E ata hoxe, claro.

Vaian dando explicacións convincentes, busquen e atopen responsables e, se non, vaian dimitindo, señores... ou que Chema encargue outro informe externo deses que tanto lle gustan e que tanto valen para un roto como para un descosido.

10.3.06

Compañeiro

Ya está. Aquí tenemos la verdadera imagen (il vero icono, o sea, el Verónico) del que un día quiso ser el “compañeiro Soto”. Ya lo ven, tan campante, haciendo músculo ante el ordenata, seguro de que su innegable fotogenia es capaz de resistir cualquier pirueta, sea corporal, social, ideológica o política.
El atuendo, pretendidamente à la page, sugiere intención de actualidad aunque se le queda en lo de la arruga, que era lo que en su día recomendaron sus más conspicuos asesores de imagen y entonces se llevaba. Claro que ya no es su día y se llevan ahora otras cosas. Pero la intención de la propuesta gráfica es innegable y no cabe duda de que se siente cómodo en ese pasado indumentario.
Creo que desea sugerirnos que, tras su no tan larga travesía del desierto por Brasil y el Caribe, está decidido a volver por donde solía, con la naturalidad que da el saberse conocedor de los recovecos más recónditos del escenario, ya escrutados minuciosamente en tiempos mejores.
Lo cierto es que, reflexionando sobre la pose podría decirse que no es provocada. Ante el objetivo, que nunca le traicionó (no como otros, según él), se siente y se sienta seguro, sonriente, sugerente. Parece querer decirnos que ha vuelto, que sabe como arreglarnos esto y que está dispuesto a compartir sus amplios conocimientos con los recién llegados. Y tiene material de convicción, porque también nos propone el contraste entre él, elegido y regalado por la cámara, y los tremendos esfuerzos con que se nos presentan los otros en las fotos: él tuvo doce años de gloria y sus sucesores fueron incapaces de repetir.
Y hay decisión y nulo recato en la pose, porque no le teme, en absoluto, a un entorno al que se sobrepuso y que está decidido a controlar de nuevo. De momento se ha situado en un cómodo lugar de la estancia, cerca de donde está el hardware, mientras hace la gimnasia necesaria para atacar el teclado y ver de volver a sacarle al software unas notas que le regalen el oído.
Ya lo ven, no hay en la foto ni un asomo de duda alrededor del minimalista mobiliario de diseño funcional; no hay muchos elementos para la decoración, como sugiriendo una austeridad que ya se arreglará con el tiempo, supone; no hay, al parecer, mucho que hacer que no sea profundizar en la preparación física, no vaya a ser que la próxima pirueta quede mal en la foto.
Cavilando ante el retrato me asalta la idea de que estamos ante un recuerdo del futuro de H. G. Wells, que reproduce el instante inmediatamente anterior a aquel en que el protagonista se sube a la Máquina del Tiempo, mientras, en el futuro que acaba de abandonar, los morlocs gruñen amenazantes en el interior de la esfinge. Pero, en un pasado que ya visitó como presente, logrará arrastrar el artefacto para poder unirse de nuevo a la rubia eloi cuando el inquietante futuro sea suyo y haya terminado el trabajo de sepultar para siempre a esos feísimos habitantes del subsuelo. ¿No les da la impresión de que no son pesas, sino que sostiene el tiempo en sus manos?
Para él está claro que hay un idílico futuro en el que no habrá morlocs ni elois, y todos seremos “compañeiros”, aunque, claro está, unos más “compañeiros” que otros, no vaya a ser que nos confundamos en la granja de Orwell.

9.3.06

Más milongas de Corina y el agua

Una empresa concreta se propuso hace algún tiempo montar su negocio acuático en Navia, preparó su oferta, negoció con el gobierno municipal del PP y movió sus fichas. Corina nos lo vende ahora como una iniciativa municipal. Así les saldrán gratis los terrenos a sus promotores, con el socorrido recurso del concurso-concesión que, como se pudo ver en el caso del Auditorio, se puede amarrar, aunque sea in extremis, con la hábil jugada de fichar externos. Nos presenta esta nueva milonga con una nueva balada de estupideces. Lean, si no, la justificación lisérgica de la Porro en la edición digital de La Voz de Galicia de ayer:

Según expresó Porro, tanto la construcción de un complejo acuático termal en Navia como los dos centros deportivos buscan «mejorar la competitividad y la calidad de vida» de Vigo, volviendo a «sus raíces» que están, tal y como recordó, en las aguas de la ría viguesa.

Para la regidora del PP, las nuevas instalaciones permitirán la proyección de la ciudad viguesa como referente de ocio, deporte y salud a nivel internacional.

Una vez más se intenta vestir como de interés general lo que no es más que un lucrativo negocio privado. Está claro el interés que tiene para una ciudad como Vigo una piscina olímpica (con un vaso de 50 metros). Pero esto debe ser un equipamiento público (gestionado con la fórmula que mejor convenga) sin milongas de toboganes y grandes centros comerciales de tapadillo como si fueran un complemento necesario para una instalación social y deportiva. Otra vez, como en el caso del Auditorio, el equipamiento deportivo ocuparía solamente 6.000 de los 36.000 metros cuadrados de terreno público cedido, dedicándose el resto a actividades directamente comerciales (parque de ocio acuático, talasoterapia y tiendas). Esto huele al modelo Horacio Gómez en el affaire del pelotazo que intentó -y sigue intentando- en Balaídos.

Que hará ahora Toba con su parque de ocio Euromar para la ETEA? Milongas...

8.3.06

A cidade, perdida

O esnafrado nadador de Leiro (esnafrado co recheo cando ía ao mar), coa inocencia na súa faciana, parece querer entender o que lle puxeron diante (pero diante, diante), adefesio que "compite" con il e chafa o seu espazo que é o de todos.
Se o que está a facer é ver se debaixo da casitatransparente hai algo, direille que non, xa limparon todo; e se o que está é na procura de Vigo, do que de Vigo queda, identifícase algo entre os dous bloques de edificios, sorteando unha farola (bloques, edificios, "faroles", ...; si, estamos en Vigo).

¿Aprobará a Xunta o PXOM de Vigo?

Polo menos o PXOM de Boqueixón acaba de denegalo (Diario Oficial de Galicia do 7 de marzo) . Recollemos dúas das razóns aducidas, por se -salvando as distancias- orientan a algúns:

"2. Non se cumpriron a totalidade das condicións que impuxera o informe emitido pola Dirección Xeral de Obras Públicas o 23-3-2005.
(...)
Como consecuencia, a capacidade residencial total prevista polo PXOM, segundo a súa memoria, sen contar co solo urbanizable non delimitado) daría cabida a unhas 7.600 vivendas, o que significa multiplicar por cinco o actual parque inmobiliario (sen contar o solo urbanizable non delimitado previsto tamén nos catro asentamentos principais). Todo isto sen que o PXOM achegue ningún dato ou estudo fundamentado no que se exprese a dinámica que cómpre esperar para o futuro, razóns polas que non se pode considerar xustificado que o contido do PXOM se axuste ao disposto nos puntos 2º e 3º do artigo 52 da Lei 9/2002."

Non esquezamos que PP-BNG en Vigo, seguindo as indicacións do equipo redactor, negáronse a atender unhas ducias das condicións que impuxera no seu día a resolución que sobre o PXOM enviado polo Concello, emitíu a Xunta de Fraga e de Núñez Feijó. Esas condicións están recollidas nas que Mauricio Ruiz considera innegociables para cambiar o voto do grupo municipal do PSOE de Vigo. ¿Que fará a Xunta de Touriño, Quintana e Caride?

7.3.06

Quen botou droga no meu LSD?

Empeza a ser evidente que os avatares ¿finais? do PXOM de Vigo están a afectar xa ás neuronas dalgúns. Só así se pode explicar o artigo de Miguel Font no Faro de hoxe -este ex-aparellador municipal de Vigo, xerente de APROIN e promotor inmobiliario (por certo, curioso destino dalgúns aparelladores municipais deste país) que segue empeñado en escribir cousas sesudas cando está claro que non lle dán os miolos para tanto. Nel -amén das súas teimas habituais antipartidos- transmite o seu nerviosismo coas últimas novas sobre a aprobación ou posible modificacións no Plan.
Tamén só así se pode explicar o artigo de Miguel Barros tratándose de explicar o inexplicable, nun exercicio honesto por analizar en claves políticas -por máis que inintelixibles- o proceso de aprobación do Plan, perdido en tautoloxías e sen ser quen de entrar no realmente importante: no contido do PXOM, nas obxeccións de Mauricio Ruíz, nas miles de alegacións non contestadas e na adecuación legal e técnica do documento.
Para completar o panorama de opinións de hoxe, Ventura Pérez Mariño adica o seu artigo na Voz de Galicia de hoxe, nada menos, que á corrupción nos Concellos... de Gran Canaria. Cándo falará Mariño do Concello de Vigo? Sempre será interesante a opinión do único alcalde desta cidade que, como a muller do César, pareceu honesto... e costoulle o posto.

Quen lles botou droga no seu LSD?

4.3.06

Denunciamos outra vez os vertidos

O noso habitual comunicante dínos que hoxe sábado 4 de marzo, ás 14 horas, un gran vertido de augas fecais emporcallaba de novo o mar no exterior do espigón do Náutico, co seu habitual acompañamento dun cheiro fedorento e o rebulir de gaivotas e charráns á caza de tampóns. O vertido, que debía levar varias horas fluíndo, formaba unha gran mancha leitosa que se extendía cun radio de máis de 200 metros polo exterior do Náutico e muelle comercial.
Outra vez Vigoblog debe denunciar, por enésima vez, esta agresión impune ó noso medio mariño. A Unión Europea porá os 20 millóns de euros de multa, mentres os responsables deste desastre ecolóxico andan a colocar flores en xardineiras, a mentir sobre o saneamento e a ocultar información sobre as causas polas que a Depuradora non funciona.

Xa non fai falta que chova moito, con que caian catro pingas, os responsables do mantemento abren as comportas a ver se así evitan que os veciños de Coruxo monten en cólera.
E Caballaero, Corina e Santi, facéndose a foto felices nunha luxosa e limpa motora en VigoNau.

Onde están os grupos ecoloxistas?

2.3.06

Alea jacta est!

O PXOM de Vigo será modificado para ser aprobado por tódolos grupos municipais (se acaso coa única abstención de Soto). Vigoblog, que non ten "gargantas profundas" nen exclusivas pactadas, chega a esta conclusión tendo en conta os seguintes datos:

1. A Sra. Caride mandou recados serios de que tal e como está non pasaría co informe favorable da súa Consellería.

2. Toba pasou a segundo a plano.

3. Barros e Cia. amosaron o seu descontento.

De maneira que a situación está moi clara. O PXOM decídese en Santiago e o bipartito non pode admitir novas tensións que o convirtan en partito de todo. Asi que Touriño e Quín deciden intervir e sacrificar unhas alturas (de pisos) para que non treman outras alturas (as súas). Chema e Corina prefiren electoralmente un apaño consensuado antes que deixar armas en mans do PSOE (a súa coherencia importalle menos, hai tempo que a perderon). Barros e Cia xogaron con cartas marcadas (xa o sabían) para reforzar a súa feble posición. Toba, alonxada a posibilidade da súa candidatura á alcaldía será recompensado cun posto de asesor donde acompañará ó seu antigo xefe. ¿E Mauricio? Probablemente vai repetir ó mesmo pero agora Vietes e Chema van escoitalo e seguro que se enteran do que ven dicindo desde hai anos. Tampouco extrañaría ver á portavoz Porteiro levando os tramos finais da negociación.
¡Milagre! ¡Milagre! berraremos os cidadáns na Praza do Rei con esa cara de tontos que tanto lles gusta ver ós que se asoman ós balcons.