IX ÉPOCA

29.3.06

A cousa ven de atrás . Fragmentos da historia do saneamento vigués.

"Outro exemplo sintomático de inoperancia e lentitude por parte da administración no saneamento da cidade é o da estación depuradora de augas residuais do Lagares. O proxecto de construcción da planta leva seis anos de retraso, dende que Concello e Xunta asinaran un convenio en 1989. O alcalde Carlos Príncipe non foi quen de solucionar o conflicto que mantiñan un grupo de veciños de Coruxo e Comesaña coa Dirección Xeral de Costas pola titularidade duns terreos de 28 000 metros cadrados situados na zona das Salinas. En 1975 tivo lugar un deslinde marítimo-terrestre na foz do río e os supostos propietarios levaron o asunto ós tribunais. Mentres segue pendente de resolución por parte do Tribunal Supremo, o goberno vigués trata de argallar unha solución que non demore máis as obras. O alcalde Manuel Pérez sabe que non pode pagar os cartos ós veciños, xa que podería estar incorrendo en malversación de fondos públicos se despois o Supremo sentencia que non lle correspondía a eles a titularidade.

O 19 de outubro do 95 o alcalde e o concelleiro de política territorial, José Cuiña, asisten ó inicio das obras da depuradora do Lagares. A solución atopada non deixa de ser sorprendente e confusa. Seragua será quen pague 170 millóns de pesetas ó medio centenar de veciños con escrituras dos terreos. ¿A cambio de qué? Nin Pérez, nin Cuiña o explican nese momento".
Diego Pérez "Vigueses na Democracia" Ed. Federación Eduardo Chao. PP 196-197

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Pois tes razón... non lembraba eu o do pagamento adiantado de SERAGUA!! (vése que en Vigo se leva moito iso de que adianten outros os cartos que ten que pagar o Concello -véase Zona Franca e obras de "humanización"-). Pois non estaría de máis preguntar como se resarciron os desa empresa privada dos 170 millóns de pesetas entregados ó Concello.
O choio é que a depuradora, polo que se ve, non funciona e as augas saen en boa parte sen depurar directamente á ría. E non dan ningunha explicación das causas (só se limitan a dicir que hai que facer outra, como se iso fose unha cousiña de nada) e, o que é pior, ninguén tampouco lla pide. ¿Que coño ocultan?... están xogando coa nosa saúde.

Anónimo dixo...

Yo tampoco entiendo como no hay responsabilidades por parte de los que la construyeron. No funciona, no se sabe por qué y nadie trata de aclararlo...Aquí hay tongo

Anónimo dixo...

También los tribunales tendrían que estudiar el caso de Vigo....Cosas raras hay cantidad y los pelotazos enriquecieron a más de uno...