IX ÉPOCA

8.11.05

Máis merda, ás portas da Volvo



Día
: 8.11.2005
Hora: dende o primeiro chaparrón da mañán ata a noite (as fotos están tomadas ó redor das 18,30 horas)
Lugar: Porto de Vigo: tres grandes vertidos: Espigón exterior do Náutico de Vigo (nas fotos), dársenas do Areal e recheo do Berbés
Un cheiro penetrante inconfundible de augas fecais.

N
ovamente un gran vertido á ría de augas fecais mesturadas con pluviais e con todo tipo dos residuos habituais na rede de saneamento (tampóns, compresas, condóns...). O vertido é aínda de maior entidade có do día 11.10.2005 xa denunciado dende estas páxinas.
As mesmas causas: a non execución das infraestructuras subterráneas de separación de augas pluviais de fecais nin de instalación de pozos de tormenta nas novas obras de Colón e do contorno da Alameda.
Responsable: o goberno municipal e a obsesión de Corina Porro por gastar o orzamento das obras en meras apariencias en superficie. A "oposición" continúa calada.


4 comentarios:

Anónimo dixo...

O esceario de VIG05 vense abaixo. Rompen as ruas, asulaganse os baixos da zona 05 e as beirarruas son un "mar" embravecido. Corina neste mar de confusión, segue a mar de ben. Mecajo na mar salada!!

Pablo González dixo...

Non entendedes: esto é "Abrir Vigo al Mar", versión Porro.

Anónimo dixo...

Pablo, eres un cachondo. Abrir Vigo al Mar no es culpa de Corina; ella sólo lo ha "mejorado". Antes teníamos una plaza, más o menos escarallada con las tumbas etruscas aquellas que había puesto Arca, y ahora, sólo con ponerle una pastizara encima, ya tenemos "piscinas", como la Porro en Vilaboa. Lo que a ésta se le escape...

Anónimo dixo...

Pablito ¿no ves que esta mierda abona la piscifactoría viguesa? Quita la mano de ahí que te van a salir ojeras de tanto porrear.
Ya lo dice el anuncio "consuma peixe de la ría". Venga: todos a cagar y mear pa la Volvo inaugurar. ¿Tú abonas?