IX ÉPOCA

26.3.06

(M)area Metropolitana

Estamos nun país de traca, nunha cidade de traca e -xa postos- nunha "comarca" de coña. Despois de 20 anos de Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, os Concellos que a forman non lograron "mancomunar" nin unha soa competencia, nin un só Servizo. Se exceptuamos a xestión de programas e fondos europeos para o emprego, directamente vencellados a un módulo técnico de desenvolvemento (UPD) e a un servicio de asesoramento a emprendedores (SAE), algúns proxectos de Escola-taller, catro estudios e unha revistiña, o saldo de tantos anos de traballo en común está máis relacionado con algunhas históricas paparotas dos alcaldes, cá cunha expresa e clara vontade de prestar servizos e xestionar unha administración en común.

Resulta canto menos un insulto que se cite como referencia da vontade dos Concellos Mancomunados a chamada Declaración de Soutomaior (¿xantarían ben aquel día os nosos famentos munícipes?) que tiña como contido básico (o resto eran palabras, só palabras) o que denominaba Plano de acción 1999-2003, con VII grandes medidas que se ían cumprir nesa lexislatura. Pois ben, algo lles debeu pasar, pois, de todas elas, soamente foron quen de cumprir unha: precisamente a VII, a de perdirlle cartiños a Europa. Eses cartiños son, por outra banda, o único contido económico dese xerme de Área Metropolitana que din nestes días que é a Mancomunidade e a súa pomposa (e seguramente no seu día golosa) Declaración de Soutomaior: o seu orzamento propio é máis cativo có máis cativo do de calquera comisión de festas dunha das parroquias do máis cativo dos Concellos mancomunados.

Por isto soa a, como mínimo, cachondeo, os rasgados de vestiduras, as declaracións solemnes, as sesudas análises dos columnistas habituais, as novas declaracións unánimes dos alcaldes de tódolos signos e partidos (¿habería xantar polo medio esta vez?). Por isto, se somos serios, estudiamos os antecedentes e analizamos as circunstancias da administración local neste o noso país, cos seus cativos intereses locais, o seu caciqueo e corrupción, decatarémonos de que, se cadra, para avanzar realmente nunha auténtica, necesaria e racional administración supramunicipal de ámbito Metropolitano, non estaría de máis comezar por adestrar ós alcaldes, funcionarios e concelleiros de por aquí, con algúns Consorcios de servizos básicos, que representen unha material vontade de ter unha administración moderna e eficaz, na escala territorial que os tempos e a importancia de Vigo demandan.

Se lémos sen manipular os datos reais sobre a vontade metropolitana dos concellos da Mancomunidade, decatarémonos, sen dúbida, de que estes están nese órgano supramunicipal nada máis que por se acaso e sen ningunha intención de avanzar máis. ¿Como se entendería senón, dende esa firme e cabreada vontade metropolitana, que os planeamentos urbanísticos xerais (PXOM) en redacción neste momento nestes Concellos, se faga con total e absoluta independencia e descoñecemento uns dous outros, cando non en flagrante contradicción?; ¿como se entendería senon que o único órgano político da Mancomunidade non se reúna (se exceptuamos a última fuenteovejunada) dende hai meses nin tan sequera -o que xa é realmente preocupante- para un xantar para lembrar os vellos e felices tempos de Soutomaior?.

O demais son -como diría o noso sempre admirado profesor Toba- milongas e, como diríamos nós, rodas de muíño demasiado grandes para o noso aparello dixestivo.

Nota: algunha páxina das citadas da web da Mancomunidade, non corren con Mozilla Firefox, si con I-Explorer.

10 comentarios:

Anónimo dixo...

¿Alquén veu a sede que ten a mancomunidade en Hispanidade? Patética. Deixa constancia do seu grande dinamismo.

Anónimo dixo...

aunque hay algunas cosas en que teneis razón, en este tema "ni puñetera idea".
¿que narices tiene que ver el "modo" de prestación de un servicio (consorcio, gestión directa, etc...) con la figura jurídica de gestión supramunicipal.
¿no puede un área metropolitana o una mancomunidad hacer consorcios?
En fin, que esto daría para hacer una tesis.....

Pablo Eifonso dixo...

Pois moito me temo que eres ti o que non tes "nin puñetera idea" e, ademais, non fuches quen de entender o noso comentario... pero para iso estamos nós aquí, para explicalo. Comezaremos polo diccionario. O da Real Academia Galega define Consorcio como: Grupo de entidades unidas por intereses comúns, sobre todo de tipo comercial.
Agora a lexislación española. As formas de xestión dos servicios públicos polas entidades locais son a directa e a indirecta (artigo 85 da Lei 57/2003) (que o buscas ti, porque non é cousa de reproducilo aquí) e ningunha das formas previstas é un Consorcio. Os Consorcios veñen regulados no artigo 87 desa Lei (artigos 57 e 87 da Lei de Bases de réxime local). Os consorcios son pois instrumentos para a xestión de servicios público, entidades públicas de carácter asociativo. En ningún momento no noso comentario confúndese consorcio con unha Entidade territorial supramunicipal alternativa á Área Metropolitana, senon que se propón que -visto o visto na vontade metropolitana dos nosos munícipes- se comece por un entrenamento tipo Consorcio (por exemplo para o transporte, para a xestión das augas, RSU...). Verás como a práctica asociativa municipal en España vé tamén o Consorcio como unha Entidade, non como unha forma de prestación V.gr.: Consorcio Bahía de Cádiz (http://www.biorreciclaje.com/
cbc/consorcio.html); Consorcio de Transportes da Área de Sevilla (http://www.consorciotransportes-sevilla.com/
consorciotransportes/funcionesconsorcio/
creacioncompetencias.php); Consorcio de Augas Bilbao-Vizkaia (http://www.consorciodeaguas.com/castellano
/index.htm).

Bueno, pois iso, gracias pola túa colaboración pero, por favor, léenos con máis atención e repasa a lexislación e a práctica na organización da prestación de servicios no resto do Estado.

Anónimo dixo...

Que prisa les entra ahora a estos del pp que tuvieron tiempo y tiempo para mejorar Galicia cuando estaban en la Xunta ¿A qué se dedicaban entonces?
Que dejen hacer ahora a los demás.
Por cierto ¿dónde está el chofer de Louzán? deberían aclarar esa y otras cuestiones semejantes....

Anónimo dixo...

Pena que la mayoría de las cosas que proponen ...en principio... NO. Ha hecho el PP tanto el burro con Vigo que no podemos dejar de desconfiar... aunque fuesen buenas las cosas que propusiesen ahora....Se lo han ganado a pulso durante años y años de mayoría absoluta en la Xunta y en Madrid
¿A qué se dedicaban entonces? Ganarse nuestra confianza no es tan facil.

Anónimo dixo...

Eso que investiguen al chofer de Louzán...Es una historia digna de Marbella...

Anónimo dixo...

A ver si los jueces investigan el urbanismo de Vigo...ahí también hay tela que cortar....
Por lo de pronto ahora tendrán que acercarse ala legalidad....menos mal que se cortó a timepo el tema pues acabarían con la costa gallega y también con las ciudades. La especulación y los negocios turbios abundan en los ayuntamientos del pp en valencia y murcia ¿Qué pasará entonces en una Galicia bajo sus garras tanto tiempo? Queremos luz y taquígrafos. Que se dejen de protestar por todo ahora, es la única política de oposición que se les ocurre. Tuvieron mucho tiempo para hacer cosas ¿a qué se dedicaban entonces? Que no nos vendan ahora la moto y que chupen rueda con dignidad como hicieron otros...Son unos depredadores...

Anónimo dixo...

Las áreas metropolitanas está comprobado y demostrado que no funcionan. Y además ¿pretenden que dependamos de madrid, Santiago, Pontevedra, área metropolitana? Están locos si piensan que es posible mantener tanta movida...no hay economía que aguante...
otra cosa: no se entiende que la alcaldesa de uan ciudad pague los impuestos en otro municipio. Es infumable

Pablo Eifonso dixo...

Manida cuestión pero transcendente, aínda que, moito me temo, que, polo de agora, inútil. Sigo insistindo na necesidde de comezar por metropolitanizar algúns servizos con fórmulas tipo consorcio... por aquelo de ir entrenando e educando á cativa e interesada clase política que nos toca por estes lares.

Gamela dixo...

Seica volven a remexer no tema e agora complicandoo aínda máis coa DOT que incluirán Pontevedra mentres a Área Metropolitana de Vigo nacerá 'manca' senon o impedimos na súa tramitación parlamentaria ?

http://mas.farodevigo.es/canales/opinion_ciudadana/index.php?option=com_fireboard&Itemid=2&func=view&id=351&catid=2