IX ÉPOCA

31.3.06

U-las presas do PXOM?

¿Reapararon vostedes que hai varias semáns que non escoitamos nada sobre o PXOM? Se non fora polos afectados que desluciron as celebracións da reconquista, calquera diría que aquí non se falou da urxencia, da última oportunidade, da imperiosa necesidade de contar co tal prezado documento.
U-los sectores maioritarios da sociedade civil que convocados con urxencia recibiron o documento definitivo ó principio da reunión e, despois de follealo, mentres os gráficos facian o seu traballo, mostraron o seu apoio entusiasta sen estudalo? U-los incendiarios editoriais do diario decano das exclusivas municipais? Imos ver ¿hai presa ou non?
Acaso o PXOM está servindo para que o PP manteña amarrado ó BNG dosificando tempos electorais? Pero que clase de tomadura de pelo é esta? ¿hai algo que non saibamos e que explica a seguridade de Touriño urxindo a que lle manden dunha vez o plan?
E enmerdados neste xogo están os sindicatos de traballadores que amosan a súa adhesión incondicional ó tal documento sen atreverse a defender mínimos como a contestación individual ós alegantes. Os amigos da CIG, de CCOO e de UXT deberían explicar a súa postura. ¿terá algo que ver coa dubidosa suba salarial no Concello?

Ningún comentario: