Unha cidade de boquitas pintadas e flores, de lifting, apariencias e cinismo. Unha cidade que rizando o rizo decide tapa-las súas (as deles) vergonzas coa imaxe da nai de tódalas mentiras e apariencias: Vig05, a saída viguesa da Volvo Ocean Race.
A foto ilustra unha destas accións de burda maquillaxe. Non, non pensen que se trata de decorar unha aburrida lona de obras: alí non hai obra ningunha, nin licencia hai para ela, soamente hai ruina eterna, vergonzas que hai que tapar, para que non a mire o Cristo de tódolos cristos nin ningún dos famosos miles de visitantes do evento virtual de outubro.
A faciana mariñeira de Vigo nin tan siquera merece un lifting fachadista na pel de pedra das vellas casas dun Berbés moribundo: abonda cunha cruel máscara (esta vez Arte na rúa -¡que cinismo!, non, que jeta!!-) que non deixe ver, como o ouro da carauta do Balduino IV de Ridley Scott, a lepra vergonzante.
¿Crén vostedes que isto é unha anécdota, unha excepción?. Pois non. A vulgar mente pensante da Praza do Rei parece que quere extender esta máscara a toda canta vergonza haxa que tapar: a medianeira da piscina do RCNV; o edificio de vivendas Ribas -inexplicablemente abandonado dende hai polo menos unha década- (en Colón/Marqués de Valladares: casualidade que está tamén catalogado no libro xa comentado neste Blog Arquitectura racionalista en Vigo); a Fachada do antigo Asilo de las Hermanitas de los ancianos desamparados, no Paseo de Alfonso XII; a entrada á cidade pola autopista en Alfonso XIII... non, ningunha delas é unha decorativa lona de obras: todas elas tapan edificios, síntomas de abandono, desidia e especulación urbana. Fagan vostedes as fotos da vergonza, destas e das que non cito e das que veremos.
Non non estamos diante dunha anécdota. Sen pretendelo -meus pobres- os seus promotores amósanse impúdicos, para quen quera ver, en transparente metáfora do momento que vive esta cidade. Non tocar nada esencial, facer cidade a base de trampantoxo, enganar á vista para ver se así enganan ás conciencias: flores que agochan o abandono dos parques e a tala masiva de arborado nas rúas; pavimentos de granito que agochan as cloacas polas que flúen as vergonzas do século XIX, pancartas con imaxes que agochan a arquitectura histórica abandonada; millóns de euros en publicidade que persuaden da crítica ós medios de comunicación e vean as olladas dos cidadáns, proxectos faraónicos que ocultan substanciosas operacións urbanísticas especulativas...
Un traxe de estrea cada día, un sorriso forzado en cada cara, unha firmeza finxida que agocha a crúa realidade do autoritarismo groseiro, do interese inmediato e da mediocridade.
(c) Foto do Berbés, Vigoblog 2005 (clic agranda)
Rueda sianala aos contrarios á mina de Touro: "Hai organizacións ás que
nunca lles vai a valer"
-
"O que coñezo, teño constancia e estou seguro foi que estivo avaliada por
técnicos absolutamentes estritos e profesionais" di o presidente da Xunta
4 comentarios:
¡Escepcional comentario este! Es para lo que sirve la publicidad ee Caixanova: para tapar lo inconfesable. Serí estupendo que la Sra. Porro y el Sr. Gayoso asomasen a este blog.
Teño un curmán que ten un amigo que lle dixo que unha parte da tripulación dun barco que vai amarrar na Laxe nos dias da Volvo pensa subir facendo footing ata Cabral. Por favor, Sra. Corina, ¿non poderían poñer unha lona tapando a fabrica de Alvarez? Menuda impresión van levar da cidade se ven o estropicio que ali hai. Por certo que xa postos poderían poñer lonas arredor da depuradora para tapar o cheiro aindo que só fose o dia que veñen os barquiños eses.
¡¡¡Y los ciudadanos tan impasibles!!!
Ya me parecía a mí que algo raro había detrás de tamaños 'anuncios' ¿Para eso, nuestos financieros, invierten en Arte? Y ¿pagarán, éstos, los derechos de reproducción? 'non dan puntada sin fío' ¡jo!
Publicar un comentario