IX ÉPOCA

11.12.06

Botellón no problem

O botellón vén sendo un problema sentido en tódalas cidades españolas. Con independencia da valoración que sobre este fenómeno xuvenil se faga, é evidente que xera problemas cívicos e que a súa práctica produce unha colisión co dereito ao descanso. A preocupación exténdese tamén pola xeralización en determinados sectores sociais dunha socialización xuvenil cada vez máis marcada polo consumo de alcohol (e outras drogas ilegais, a cocaína con especial incidencia en Vigo). A obviedade deste feito provoca que as administracións locais de calquera signo traten, dun xeito ou doutro, de paliar ou de solucionar os efectos do botellón, reflexionen sobre as súas causas e se preocupen da saúde dos mozos que o practican cada semana.

A situación de Vigo é, unha volta máis, distinta. O problema soluciónao C.Porro, co seu mellor estilo: negándoo. Pode ser pura ignorancia ou que lle fixeron as contas e sáenlles que por cada veciño cabreado por non poder durmir ou por pasearse entre lixo, cristais rotos e impregnacións de licores variados, hai dous ou tres mozos maiores de 18 que poderían votar a unha alcaldesa "enrrollada", ou, polo menos, que non armen lío. E para vender que Vigo is diferent, nada mellor que utilizar de novo ao Faro de Vigo, ao estilo de quen paga manda. Mentres que o Faro faise eco das alegres opinións de C.Porro sobre este tema, segundo as cales en Vigo no problem, no mesmo día, La Voz contradíceas coa opinión dos veciños cabreados.

A política municipal de propaganda, maquillaxe e relacións públicas promovida polo gabinete de Corina, consiste xustamente en non facer nada perante os problemas reais -ocuparse deles é un labor normalmente incompatible co marketing- e mercar, cos cartos de todos, imaxe no mercadeo dos Medios de comunicación locais.

E se vale todo, ninguén pode logo se escandalizarse de que haxa quen considere que, igoal que estrela cada fin de semana botellas contra o chan sen que ninguén lle afee o xesto, ten dereito tamén a cargarse as cutres figuriñas de poliuretano do Belén da Alameda. Máis se son burdos monicreques difrazados de romanos ao coidado das camelias da praza de Compostela.

Actualización 12.11.2006 O Valedor do Pobo estima que Porro non combate o ruido do botellón.

11 comentarios:

Anónimo dixo...

¿Qué pasaría si el botellón se desplazara a Vilaboa?
Vitrasa pone unos autobuses nocturnos, que paga la alcaldesa, hasta allí y de esa manera los vecinos dejaríamos de tener ese enorme problema..
Todos contentos

Anónimo dixo...

No creo que para los chicos sea una buena cosa ver el alcohol como su máxima diversión cada fin de semana...
Lo acabarán pagando y todos nos tiraremos de los pelos pensando en la dejadez que hemos tenido ante ese problema.
¿Por qué no se habla más de este grandísimo problema en todos los foros de la ciudad? Esto es más importante para todos incluso muchísimo más que el pxom y las elecciones próximas...y sin embargo parece que preocupa bien poco

Anónimo dixo...

Todos los fines de semana vemos en las urgencias de nuestro hospitales, menores llenos de alcohol y otras cosas hasta las cejas...¿quién tiene la culpa? ¿hasta cuándo?
Señora Porro pregunte y le contarán

Anónimo dixo...

Y los paisanos sin dormir aguantando el coñazo...

Anónimo dixo...

¿Para qué nos sirve este concello? ¿Cuántos problemas tiene atascados hace años?
No todo son flores...
¿Le importa lo mismo este problema que el que tienen los promotores ansiosos por destrozar el municipio?

Anónimo dixo...

¿A alguien le importa lo que pasa en nuestras calles todos los fines de semana? Además del ruido, claro

Anónimo dixo...

Efectivamente lo principal es la casa, pero no es demasiado formativo para los chavales pequeños ver el desmadre que hay en nuestras calles los fines de semana...
En mi portal mean y devuelven a menudo...¿cómo se le explica a los niños lo que pasa?. Además dejan todo lleno de vasos, botellas, etc....Un espectáculo no muy instructivo.
Los ciudadanos nos sentimos indefensos ante esos abusos ¿para qué nos sirve el concello? Digan ¿para qué?
Y menudo ruido que hacen...

Anónimo dixo...

La policía debería estar por esas calles y plazas pero no con medidores más bien en presencia para poner un poco de orden

Anónimo dixo...

Aunque le resten unos cuantos votos, señor Figueroa y señora Corina, trabajen para la ciudad, arreglen esos atascos que tienen en las cosas fundamentales....Siempre se van por las ramas...

Anónimo dixo...

La policía está para vigilar en Belén de la Plaza de Compostela, que es más importante que el sueño de cuatro vecinos díscolos.

Anónimo dixo...

Impresentables