IX ÉPOCA

1.12.06

Sufridor, compañero sufridor

Din que os do Atlético de Madrid son os “pupas” do fútbol, pero os celtistas sabemos que non é así. O Celta debería modificar o seu himno, que cando remata dí: “Celta, Celta, ra, ra, ra”, cando debería dicir “Celta, Celta, ui, ui, ui” ou “Celta, Celta, uf, uf, uf”.
O de onte foi unha agonía (outra) non apta para cardíacos. Pero gañamos, e iso, en Balaídos, é unha nova singular.
Ademais de porque o xogo do Celta maiormente aburre (e non porque non sexan quen de xogar mellor), algúen pode explicar cómo é posible que habendo máis de 18.000 socios, só asistan con regularidade a Balaídos uns 13.000 -onte 10.000-?. ¿Pode ser que haxa 5.000 celtistas que pagan e non van, tipo fila 0?. Eu teño a impresión que, desde a crise dos avais, hai un profundo rechazo aos directivos por parte dun número significativo de afeccionados. As últimas situacións (mesmo xudiciais) de directivos e exdirectivos non fai máis que afondar na desconfianza.
Polo demais, en Balaídos o de sempre, ultimamente: moito cemento, pouco fútbol, celtarras tocándolle as pelotas á afección rival (pancartón “Freedom for Kurdistan”, para que se sentiran como en casa), moita policía e árbitro pouco caseiro. Joseba (o meu asesor-experto-entendido nesto do fútbol) non sabe, non contesta; bastante ten con prepararse para o posible descenso de Athletic e Real Sociedade. Só lle escoitei o outro día “¿E así queren que avance o proceso de paz, cos equipos vascos en segunda?”. Xa lle dixen que, por propia experiencia -en descensos, non en procesos de paz-, a cousa non é para tanto.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Ya el Celta parece el equipo
del "nunca jamàs".
Nunca jamàs ganarà una liga.
Y sì desciende,
Nunca jamàs volverà a primera.
Y perdonen el optimismo.