IX ÉPOCA

19.12.06

Un PXOM ilegal: o patrimonio cultural vigués en perigo

De ser aprobada pola Xunta a última (¿?) versión do PXOM vigués, boa parte do patrimonio histórico de Vigo correrá grave perigo de desaparición, de deterioro ou de definitiva perda de valor cultural. De forma insólita, os redactores do Plan e os corporativos que aprobaron de xeito provisional o PXOM o 19 de maio de 2006, decidiron calificar como TRASLADABLES, con carácter xeral, tódolos elementos incluídos no seu catálogo pertencentes ás seguintes categorías: casas e conxuntos de arquitectura tradicional, instalacións industriais tradicionais, muíños de auga (!!), hórreos, cruceiros e petos de ánimas, lavadeiros tradicionais (!!), e outras arquitecturas adxectivas, como fornos, fontes (!!), pombais, adegas, alboios, pozos e mesmo, por incríble que pareza, pontes e corredoiras. Moitos deles, ademais, sometidos a un réxime de protección especial superior pola súa declaración como Bens de Interese Cultural pola lexislación estatal e galega.

Esta incríble e ilegal trasladabilidade xeral non estaba recollida no documento da aprobación inicial, que xa contaba con informes desfavorables á totalidade da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e da oficina de patrimonio cultural do propio Concello. Xa que logo, nunca gozou de exposición pública, a pesar da evidente substanciabilidade do cambio introducido.

Só para facermos unha idea, o “catálogo” –documento obrigatorio conforme á Lei do Solo de Galicia- incluído no PXOM recolle máis de 1.600 hórreos e máis 300 muíños de auga, unha trintena de cruceiros históricos e 70 casas e conxuntos de arquitectura popular... todos eles ¡trasladables!. Boa maneira de que o patrimonio cultural de Vigo deixe de ser un molesto elemento meténdose polo medio dos lexítimos intereses dos promotores inmobiliarios...

O único impedimento que, no seu caso, tería un traslado que ao promotor de turno lle fose conveniente, é a esixencia de autorización previa da Xunta de Galicia. Unha redundancia, pois esta autorización é obrigatoria legalmente para calquera elemento incluído nun catálogo, sexa da categoría que sexa. Pura retórica tamén, pois deixa aos bens supostamente protexidos ao albur dunha decisión puntual dun órgano administrativo, privando así por completo de contido real a protección dos elementos mediante o catálogo preceptivo... e deixando á Xunta de Galicia nunha posición de extrema debilidade na súa competencia de protección do patrimonio.

Tal caracterización como trasladable só ten como antecedente que coñezamos no mal chamado Plan de Edificios a Conservar, aprobado nos anos 90 e responsable das maiores desfeitas sobre os edificios históricos da cidade. Neste Plan considerábanse tres ou catro edificios como “trasladables”, como o Colexio Alemán ou o Chalet Agarimo en Peniche. Esta categoría de “trasladable” xeral para os bens inmobles dun catálogo debe ser, sen embargo, aportación exclusiva de Consultora Galega, Toba e Figueroa á planificación urbanística española e europea pois os expertos consultados por esta redacción non coñecen paralelismos.

Con esta insólita caracterización de trasladable de gran parte do Catálogo do patrimonio cultural de Vigo, convírtense en papel mollado non só as Leis de Patrimonio cultural español e galega, senón tamén as ordenanzas e normas de protección incluídas no propio Plan.

Pervértese ilegalmente a propia noción de protección, ao colocar como característica de bens inmobles algo que só é inherente aos bens mobles, o seu carácter de trasladables. Déixase absolutamente sen contido os mandatos da lexislación vixente e a xurisprudencia nesta materia, que consideran inseparables o elemento catalogado e o seu contorno. Convírtese, de xeito ilegal, o que debera ser unha excepción singularizada e convenientemente motivada, en norma xeral, baleirando de todo posible valor patrimonial aos bens que se din protexer.

Unha ilegalidade máis deste Plan Xeral que, de ser aprobado tal e como está, incluirá outro grave elemento máis de inseguridade xurídica. Para os detractores deste PXOM, outro elemento máis para recorrilo e gañar o pleito nos tribunais. Para a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, en mans do BNG, unha pataca quente, pois se acepta a redacción aprobada polos seus concelleiros vigueses, estará incorrendo nunha grave, por chamalo suavemente, deixación de responsabilidades e dando categoría normativa a un perigoso antecedente. Ánxela B. saberá o que fai...

52 comentarios:

Anónimo dixo...

Éste blog es cada día más delirante.

No sé quien es más "friki", si el "Anónimo" con personalidad múltiple, los "expertos consultados" que no conocen o no saben interpretar la Ley de Patrimonio Cultural de Galicia o los propios "contributors".

¿Será éste otro "globo sonda" del PSOE contra el PGOM una vez que parece que se acaba lo de la depuradora?.

Permanezcan atentos a sus pantallas.

Anónimo dixo...

Hasta se llegó a hablar del traslado de la iglesia de San Francisco...La más antígua de la ciudad ¿Cómo no se considera dentro del casco vello? ¿Molesta a los planes de alguien en la zona....?
Ese plan acaba con Vigo. La Xunta que no lo permita

Pablo Eifonso dixo...

Benquerido anónimo nº 1: queda moi aparente o de "friki", pero un, que é un pouco máis esixente, acostuma a enfrontar argumentos con argumentos... e francamente, a túa intervención é tipo "troll" e, neste blog, temos por norma -anótese esta miña como unha excepción- non alimentalos.
Mentres tanto, en lugar de utilizar tácticas de troll, esfórzate un pouco, ilústranos coa túa inexplorada sabiduría e dinos que hai de incerto ou de mal interpretado no post. Agradecermos todos o teu esforzo (se é que no te esgotaches no teu documentado comentario).

Por exemplo: crés que o PXOM non di o que nós dicimos que dí e que pode ser consultado a golpe de clic?
Crés, tal vez que a Lei de Patrimonio e a xurisprudencia non consagra a inseparabilidade do elemento catalogado e o seu contorno?
Crés que á luz da letra e do espírito das leis española e galega do patrimonio(v.gr. artigos 11.b; 36; 39.2, 44 e 52 da LPCG ) realmente pode darse con carácter xeral o atributo de "trasladable" a máis da metade dun catálogo de bens inmobles (e máis aos declarados Ben de Interese Cultural)?
Coñeces cecais por eses mundo de deus algún plan xeral ou especial que contemple con carácter xeral o atributo de trasladable para toda unha categoría de bens?...

Como ves estirei a excepción por aquelo de colaborar a que haxa algo de debate con xente que, coma ti no teu comentario, mantén inédita a súa sabiduría. Agora tócache facer unha excepción a ti e dar argumentos, ánimo!.

Prometemos contestar outra vez se abandonas ese deixe troll que utilizaches. Grazas por lérnos.

Pablo Eifonso dixo...

Anónimo 2. Eu polo menos nunca oín falar da posibilidade de trasladar a igrexa de san Francisco.

Leonardo Da Vinci dixo...

¿Onde se poden ver eses documentos do PXOM? Porque vou a Xerencia de Urbanismo e tan só se poden ver os bens de interese cultural no plan inicial, que posteriormente foi modificado. Vivo en Pi y Margall e cando era pequeno tiña 2 chalets fermosísimos en frente da miña casa. ¿Onde os trasladarían? ¿Estará tirados onda o "Agarimo"?

vigoblog dixo...

Están colgados da web do Concello de Vigo en http://hoxe.vigo.org/urbanismo/provisional.html
Tomo VI - M.Catálogo

Requisitos do ordenador:
- Procesador Intel Pentium 800 Mhz
- 128 MB de RAM (se recomiendan 256 MB)
- Tarxeta Gráfica de 32 Mb

Sistema Operativo e Programas:
- Microsoft Windows XP, Windows 2000 (Service Pack 2)
- Adobe Reader 7
- Microsoft Internet Explorer 5.5 (o superior) , Netscape 7.1 (u 8.0), Firefox 1.0 o Mozilla 1.7
- Fuente TrueType : Abadi MT Condensed Light

Pablo Eifonso dixo...

Un dos chalets que citas (dos moitos que desapareceron desa especie de cidade-xardín que quixo ser a zona de Peniche) pode ser o que reconstruíu hai pouco o Concello na costera de Saiáns para sede de Asociacións de Veciños e gardería infantil(que, por certo, é todo un exemplo do anacronismo que demostra ao que se pode chegar cando os elementos son "trasladables". Tal vez iremos vendo como se van enchendo os nosos parques e xardíns de hórreos, pombais, fontes, cruceiros ou casas tradicionais trasladadas dende os novos "solares" recalificados en matamá, castrelos, comesaña, coruxo, saiáns, oia, alcabre... non imos dar abasto... se cadra podemos ir pensando en exportar)

aparecido dixo...

me parece alucinante que se puedan trasladar edificios de interés cultural como si nada.Creo que la propia ubicación es en si parte del bien a conservar , además de funcionar como valor testimonial del urbanismo de una época.Yo no digo que haya que conservarlo todo, pero lo que quede, que por favor, no lo muevan a dónde les dé la gana.Yo también vivo cerca de Pi y Margall y la imagen del nuevo "agarimo" es brutal, aunque la seara cuenta también con ejemplos de lo que es olvido

Anónimo dixo...

Querido "friki contributor 1":

Que el plan diga que ciertos bienes son o no trasladables tiene, en realidad, pocos efectos. Díselo, por favor, a tus "expertos consultados". Lo importante es lo que dice la Ley de Patrimonio y es que, en general, un bien de interés cultural es "inseparable de su entorno", salvo en causas de fuerza mayor o interés social, que, para su apreciación, requiere de informe favorable de la Consellería y de informes preceptivos de al menos dos órganos consultivos.

Esa es la ley. Su interpretación es que en realidad todos los bienes son trasladables, pues, tras una declaración inicial de "inseparabilidad del entorno" en la ley, la efectiva "traslabilidad" se hace depender de que exista fuerza mayor o interés social, circunstancias que deben valorarse por el órgano administrativo competente previos ciertos informes preceptivos.

Si no lo entiendes, me lo dices y te hago un mapa.

Anónimo dixo...

Han destrozado y quieren seguir destrozando Vigo. Ahora la escalinata de la Plaza de Portugal la pondrán en la Ronda....No pega ni con cola, destrozaron una plaza preciosa de la ciudad, ese es el resultado de tener unos políticos ignorantes en este aciudad. Los tuvimos y los seguimos teniendo

Anónimo dixo...

El usuario anónimo friki 1 (el troll que se sacan de la manga los contributors porque no les hace gracia que les lleven la contraria) ha puesto el dedo en la llaga: este blog es delirante. Deliran, pero es perdonable: ver la ciudad de Vigo con esos ojos trae irreversibles problemas de visión. Y claro a poco que uno le recuerde lo elemental, todo su discurso se viene abajo.

Pablo Eifonso dixo...

Querido cartógrafo anónimo -chamareite, en adiante, para entendernos todos frikiword ;-)(a min, en confianza, podes chamarme Pablo)-, grazas pola túa resposta. Verbo dela:

Seguindo o teu argumento, sería preciso coñecer -porque xuridicamente é relevante- se o de introducir o atributo de "trasladable" (por certo, subliñado no texto do PXOM, non vaia ser que se lle pase por alto aos da Xunta e ao interesado -ao que se lle xeran espectativas reais distintas a "apandar" coa carga patrimonial na súa parcela- cando teñan que autorizar unha obra ou nova urbanización no lugar onde se atope o ben catalogado-) ten, para ti, POCO ou NINGÚN efecto. Se ten POUCO, é pertinente que saibamos, para ti, que efecto ten, xa que, dis, ten algún e nonos dis cal.

Debes explicarnos tamén por que o plan introduce na súa versión actual ex novo (insisto: na texto da aprobación inicial non figuraba) esta estúpida e intranscendete -segundo ti- novidade...

¿Tal vez sobráballes papel aos de Consultora e decidiron encher ocos con ocorrencias polo estilo?

Por que será que SÓ se coloca esta característica para os bens catalogados que se sitúan normalmente no mapa ;-) no chamado rural ou periurbano vigués e agora recalificado masivamente?

¿Por qué -se tanto papel lles sobraba- non se coloca o mesmo atributo de "trasladables" aos bens inmobles arqueolóxicos (unha mámoa, elementos dun Castro, un petroglifo...)?

Por que, se non ten ningunha importancia nin transcendencia, non se colocou esta insólita categoría de trasladable aos pazos, igrexas parroquiais, estatuas, placas conmemorativas ou palcos de música?

¿Por que non na maior parte dos elementos incluidos na Clase A: Arquitectura (apdo. 4.1 da Memoria do Catálogo)?

Permitirá agora a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia que se inclúe o atributo de traslabilidade con carácter xeral nos catálogos dos plans especiais e xerais do resto de Galicia?...

A Constitución Española (art 46) e as Leis sectorias de aplicación consideran o patrimonio histórico como un elemento valioso e primordial para a cultura dos españois (exposición de motivos da Lei do Patrimonio Histórico Español), e non como un obstáculo ou unha carga que os poderes públicos axuden a sortear. Asumir isto supón situar aos ben integrantes do mesmo como elementos que CONDICIONAN -e enriquecen, para os que non manexamos outros intereses máis lucrativos- o planeamento urbanístico. Vése que para os redactores do PXOM e para os corporativos que o aprobaron, o mandato legal era unha molestia, un mal menor que había que encaixar como se puidese. E así o fixeron. Pero dura lex, sed lex, meu estimado cartógrafo. Ela é o mapa que amablemente me ofreces.

Ti, probalmente tes a desagradable resposta ás preguntas que fago máis enriba. Nós tamén.

Anónimo dixo...

¿puedes traspasar a la web la información de la que hablas? la mayoría no tenemos ordenador suficiente. Gracias

vigoblog dixo...

Quizais se instalas o Adobe Acrobat 7 e a fonte True Type, poderás lélos. Pódense descargar gratuitamente e instalar directamente dende a propia páxina municipal da que colga esta última (?) versión do PXOM, en
http://hoxe.vigo.org/urbanismo/provisional.html

O texto é moi longo para editar, copiar e colgar do blog... veremos que podemos facer...

Anónimo dixo...

Habría que trasladarlos a ellos a la calle rapidamente antes de que acaben con todo....

Anónimo dixo...

Querido friki contributor 1: lo que diga el plan respecto a la "traslabilidad" no tiene ningún efecto, más allá de que alimente la demagogia en vuestras mentes, para desgracia del sentido común. Te intentaba explicar antes que lo que importa es lo que diga la ley, y no el Plan, y erróneamente daba por hecho que sabías que 1) el Plan es un reglamento (sometido a la ley) y que 2) no es competencia del Plan decidir si un inmueble es trasladable.

Bien, dejando sentados ambos conceptos, prosigamos: la ley, con un estilo peculiar, establece que los inmuebles son trasladables en caso de interés social o fuerza mayor (art. 36 de la Ley 8/1995), de modo que el Plan no puede decir lo contrario, por su jerarquía inferior y por su falta de competencia sobre la materia.

¿Por qué (y además subrayado, ¡qué escándalo!) se refleja ahora la traslabilidad y no antes?. No lo sé, pero no es importante,por lo dicho anteriormente. A lo mejor la Consellería de Cultura, en su informe sobre el PGOM, aconsejó que se incluyese esa mención coherente con la legalidad vigente.

PS: me costó pillar lo de cartógrafo, pero me he de rendir a la evidencia, eres desternillante en todos los sentidos, es decir, cuando quieres hacer gracia y cuando no. Pero lo cierto es que al final tuve que hacerte un mapa.

Pablo Eifonso dixo...

Benquerido frikiword:
Deixando claro que o teu último e amable comentario non aporta nada novedoso respecto do anterior, e que só respostas cun "no lo sé" a unha soa das cuestións que planteaba eu, tentarei apoiarme de tódalas maneiras no que dis para poder continuar co debate, que sempre é enriquecedor.

En primeiro lugar, e isto é información, o feito de que se introducise agora o atributo de "traslabilidade" a determinados bens mobles, NON provén de ningún consello neste sentido contido no informe desfavorable da Consellería de Cultura ao documento da aprobación inicial. Nin comento a solemne estupidez (perdoando) da posibilidade de que o fixera para ser "coherente con la legalidad vigente": aínda que fose a Xunta -que, insisto, non foi no seu informe- a autora da "idea", os redactores parece que non lle fixeron moito caso e foron "incoherentes" pois só conceden tal atributo a uns bens e a outros non, ¿non si?.

Mira unha cousiña: é de cultura xeral saber distinguir a norma da excepción. A Lei é meridianamente clara neste aspecto: a traslabilidade é excepcional e debe ser motivada "por causa de forza maior ou interese social". A normativa contida no PXOM para os bens das clases que xa citamos, considera, sen embargo, a traslabilidade como norma (ou sexa, dálle carácter xeral). O legal sería, en todo caso, determinar xa no catálogo -en función da súa colisión ("de forza maior") con determinados aspectos do planeamento ou con infraestructuras insoslaiables de interese xeral- cales elementos singularizados, individuais e concretos (coa súa ficha correspondente) terán o atributo de trasladables. E este PXOM, obviamente -e esta competencia a exerce a Xunta de Galicia coa súa aprobación definitiva-, debe ser, obrigatoriamente, conforme á legalidade. E o Plan di, neste punto, o CONTRARIO DO QUE A LEI PRESCRIBE. E se o di, porque establece como norma o que na Lei é unha excepción, debe ser modificado, pois a súa aplicación neste punto xera unha inseguridade xurídica evidente.

Cal é a verdadeira razón pola que se incluíu esta "novidade"?
Déixo para a ti -que se ve que eres unha persoa aplicada e con sentido da orientación- a resposta, cunhas cantas pistas:

- Na aprobación inicial, no que respecta a todos estes elementos xa citados da categoría "etnográfica", facíase unha vaga remisión a un inventario ao parecer existente no Concello, sen que se incorporasen, como é preceptivo segundo a Lei do Solo, nin fichas individualizadas nin tan sequera unha mera relación. Tampouco se reflexaban sobre cartografía ningunha (e ti disto de mapas se ve que sabes) os bens catalogados.

- Non lle debeu gustar isto aos da Xunta de Galicia e obrigaron a cumprir a lei neste punto e incluir o catálogo completiño na documentación.

- Para máis inri, xustamente estes elementos son propios do "rural", ese que para o PXOM non existe nin merece existir e se recalifica masivamente.

- ¿Como encaixar agora este problema da conservación do patrimonio cultural en ámbitos que, se cadra, por estar previsto un determinado tipo de urbanización ou infraestructura, faise incompatible os intereses xerais da preservación inseparable do seu contorno do ben inmoble cos intereses e dereitos derivados da calificación do chan?

Para estas trapalladas -como para as que fixeron co estudio de sostibilidade cambiado case íntegro por arte de birlibirloque entre a aprobación inicial e a provisional- están Daniel Pino, Toba Girón e Chema Figueroa.

Saúdos e novamente grazas polas túas opinións (estás mellor cando minimizas ese tufillo troll amateur que en nada te favorece).

Anónimo dixo...

Querido FC1 (para abreviar): felicidades por tu excepcionalmente ininteligible prosa, que está a la altura de tu confuso discurrir. Lo malo es que me estoy dando cuenta de que explicarte las cosas es más difícil de lo que esperaba.

Bien, empecemos: constato que la visión apocalíptica que tenías de la "traslabilidad" ha sido sustituida por un decidido "a ver como salimos de éste embrollo donde me he metido".

Lo de la norma o la excepción es una distinción inservible aquí: lo importante es que todos los bienes son trasladables, según la ley, cuando existe fuerza mayor o interés social. De modo que cualquier persona medianamente razonable le prestaría atención a los conceptos de "fuerza mayor" e "interés social" y procuraría saber su definición y, sobre todo, quien decide que existen. Tú, sin embargo, te has quedado en la "traslabilidad", como el burrito del molino, dando vueltas. El Plan dice ahora que son trasladables unos bienes inmuebles y antes supuestamente no lo decía. Pues estupendo. El Plan puede decir misa o puede no decirla, porque lo que importa es lo que dice la ley: y lo que dice la ley es de sentido común.

Primero, la ley parte de que un bien inmueble "cultural" es inseparable de su entorno: correcto. ¿Y si el entorno ha cambiado?, nos podíamos preguntar algunos (tú no, porque para ti todo debe seguir igual siempre: oh¡, con lo bonitas que eran las fantásticas ruinas de Casa Mar, esa ominosa megachabola ejemplo del "patrimonio industrial". ¿Por qué las habrán tirado, con lo aparentes que quedaban?).
Segundo, por causas de interés social o fuerza mayor, los bienes inmuebles son trasladables: más correcto todavía.
Tercero, lo más importante, ¿quién dice que existen ese interés social o fuerza mayor?: la consellería de cultura, con informes preceptivos de al menos dos órganos consultivos, tras el correspondiente procedimiento administrativo ad hoc.
Cuarto: ¿importa que el Plan diga que unos bienes son trasladables?. No. Es como si el Plan dice que para construir es preciso tener licencia: es cierto que es preciso, pero no porque lo diga el Plan. No sé si lo pillas.
Quinto: Yo creo que son fantasías paranoides tus comentarios sobre Toba-Figueroa-Pino-Porro- partidos-sindicatos-empresarios-colegios profesionales-vecinos-Cámara de Comercio, ... (los malos) contra los buenos (tú, Mauricio, OVEP, Alternativa Veciñal,... y nadie más).

anónimo 3 dixo...

Si no lo entiendo mal, los bienes de interés cultural son trasladables por ley, por lo que es una redundancia el mencionarlo en el pxoum.

Si cambia el "entorno" y existe un causa de fuerza mayor pues no hay nada que decir más que aplicar la legalidad por parte de los órganos consultivos.

El mantener determinados elementos de la ciudad no es cuestión de "bonito" ni de desarrollo, si no de sostenibilidad y, sobre todo, de aprovechar lo existente, que sale más barato que tirarlo todo y volverlo a construir cada veinte años, que nos lleva al sistema económico de los egipcios. Un país basado unicamente en la construcción. La pasta de la UE para carreteras se ha acabado y hay que seguir con el ritmo como sea. Bueno, pero dejándonos vivir y sabiendo que la gallina de los huevos de oro no es eterna.

Pablo Eifonso dixo...

Os Bens inmobles de Interese Cultural son INtrasladables por Lei. A Lei contempla soamente un suposto excepcional en caso de forza maior ou interese social, cun procedemento específico de autorización. Coma xa dixen, no PXOM recóllese o contrario, polo que é neste aspecto, manifestamente ilegal.

Pablo Eifonso dixo...

Aprezado Frikiword, grazas de novo por contribuir a dinamizar este foro e servirnos de base (aínda que me vaia costando cada vez máis apoiarme na inconsistencia do que dis) para poder ir desenvolvendo nestes comentarios, dun xeito máis ameno, a argumentación sobre unha das ilegalidades do PXOM que apuntamos neste post.

Bueno, como ti non aportas nada novo nin respostas a ningunha das cuestións que levo planteado, continuarei analisando as consecuencias desta chapuza.

Teño comentado máis de unha vez neste Blog que o maior problema que ten este PXOM é a súa baixísima calidade técnica. Máis alá de conter un determinado modelo de cidade, co que se pode ou non estar de acordo, o documento fai tecnicamente augas por tantos sitios que aínda non se coñece un só informe favorable (agás os do propio equipo redactor). A falta de informes técnicos que o apoien, o que ten é adhesións inquebrantables, ben de sectores con intereses directos, ben doutros que inercialmente e sen coñecer case o documento, van detrais deses.
Tódolos datos apuntan a que o retraso (xa cinco anos!) na elaboración final e aprobación, teñen causa precisamente na súa febleza técnica e incoherencia interna, que producen tal inseguridade xurídica que non se atreven a aprobalo por medo ás consecuencias posteriores nos tribunais. Cando un documento desta complexidade está confeccionado con ese grao de desestructuración e incoherencia, os reaxustes por modificacións –por pequenas que sexan- son sumamente complicados. Cando un documento está ben estructurado e é internamente coherente, atura mellor a modificación dunha da súas partes, pois pódense "seguir" as consecuencias dos cambios no resto do documento e ir adaptando o conxunto. Non é o caso. Ocorre así que o incríblemente magnífico documento aprobado inicialmente (en boca dos seus redactores e voceadores parecía saído da mesmísima vontade do Altísimo) e que foi exposto ao público, tivo que ser substanciamente modificado nalgúns aspectos e parcheado noutros, por mor dos informes sectoriais municipais, autonómicos e estatais (menos polas alegacións)... pero, como diciamos, ao mover un aspecto, prodúcese o horror vacui polo efecto incontrolado que pode producir noutros “máis importantes” para os intereses reais que se moven detrais deste planeamento e deste longuísimo e chapuceiro proceso.

Isto é o que ocorre co caso que estamos tratando: nonos queda a menor dúbida de que o tema da traslabilidade ten que modificarse antes da aprobación definitiva, pois é obvia a súa ilegalidade e hai demasiado afectado esperando para recurrir. O drama para os redactores é que non abonda con trocar ou eliminar a frasecita do documento. Espallado por todo o “rural” do termo municipal, o patrimonio etnográfico, que por norma é inamobible, pode estar situado en lugares cuxo “destino” no plan (nada de “forza maior” ou “interese social”) sexa incompatible coa súa preservación in situ. Non abondaría xa con borra-la frasecita, senon que se deberá comprobar elemento por elemento cal é o impacto das previsións de planeamento sobre o patrimonio cultural catalogado. Se o contido do planeamento (calificación do chan, usos, edificabilidade...) é incompatible coa preservación do Ben, debe ser modificado... e volta a empezar. Grave problema cando todo o peixe está xa vendido.

Estas son as consecuencias de planificar colocando primeiro sobre o plano as grandes e pequenas operacións especulativas, sen ter en conta o que hai “debaixo” e as cargas que existen no territorio. Mentras non se fagan presentes, como ocorría na primeira redacción do documento, non hai problema. O problema xorde cando –obrigados polos informes sectoriais- os elementos aparecen expresamente relacionados no catálogo e se sitúan no mapa... a saber onde van ir “caer”.

Para solucionar tamaña papeleta os de Consultora inventaron o truco da traslabilidade. Pero moito me temo que a roda do muíño é demasiado grande para comulgar con ela.

Van ter que traballar arreo na Consellería de Cultura e en Consultora Galega para solucionar tamaña chapuza... anque, se cadra, dálles o mesmo e prefiren verse nos tribunais.

Saúdos cordiais.
Sempre teu,
Pablo.

P.S. Por certo, eu paseime o choio de ver e seguir os documentos do Plan e de falar con tirios e troianos. Como era evidente, vése que ti falas de oídas: “El Plan dice ahora que son trasladables unos bienes inmuebles y antes supuestamente no lo decía”, dis; que pasa?, non líches o documento da aprobación inicial?... aínda o tes colgado na web municipal. Estamos encantados de poder seguir debatindo sobre este interesante aspecto, pero rogámosche que non te repitas, por aquelo do respecto aos que nos lén...

Anónimo dixo...

Si el concellos de Baiona sigue las mismas normas que este PXOM que pretenden endilgarnos, entonces que trasladen el río Miñor y su puente romano, el pazo y sus cedros del Líbano...Justo a su lado han construido un bloque alargado de pisos alicatado de blanco que merece otras compañías....

Anónimo dixo...

¿Y no sería más lógico urbanizar respetando lo que ya tenemos?

Anónimo dixo...

Queridísimo FC1: Me rindo ante tu ignorancia.
Si alguien es tan obtuso que, como tú, no puede comprender dos proposiciones lógicas verdaderamente sencillas a la primera, entonces no vale la pena continuar. Por última vez, y ya abandono: La ley dice que los bienes culturales son inseparables de su entorno, salvo en casos de fuerza mayor e interés social. ¿Es tan difícil entender que entonces sí son separables en esos casos?.

Dos: El Plan recoge ese carácter porque se remite a la legislación estatal y autonómica en la materia. ¿Es tan difícil entender que cumple estrictamente la legalidad por eso mismo?.

Pablo Eifonso dixo...

Querido colega frikiword. Estudiamos lóxica en distintos lugares... e ti achégaste xa perigosamente á tautoloxía.

E eu fracasei estrepitosamente no san intento de que respostaras ás sinxelas cuestións que planteei ao principio para poder tirarlle o máximo xugo posible ao debate e mellorar así, xuntos, o coñecemento sobre un PXOM que vai determinar demasiadas cousas na cidade onde vivimos.

Só nos queda confiar na lóxica de quen nos lé e no que determinen os informes da Consellería de Cultura ou os tribunais que, de seguro, como as cousas vaian por este camiño, acabarán -outra volta- metendo o narís nos enredos do planeamento vigués.

Foi un pracer discutir civilizadamente contigo. Esperamos que no futuro poidamos debater coa mesma intensidade outros asuntos de interese neste blog ou en calquera nos que algún "usuario anónimo" se emperre en chamar ignorancia á defensa argumentada das propias opinións.

Teu

Pablo

Anónimo dixo...

A vista do debate que vos traedes neste blog, creo que a operación proxectada pola Faraona na zona de beiramar non é maís que un reflexo do papel xogado por certas institucións estatais (neste caso Autoridade Portuaria, noutros RENFE ou ministerios diversos), na especulación urbanística, independemente do partido que esté no poder. O derrubamento de Casa Mar e a construcción dun auditorio, centro comercial, hotel, etc., nunha zoa que cheira a bacallao e graxa de motores, ó tempo que se clama contra a escaseza de solo industrial, non é mais que ponta de lanza dunha reordenación xeral da zoa. Se enfronte, na zoa do Salgueirón, un icono da arquitectura internacional, tenta calar co seu proxecto a boca dos catetos que se opoñen a ela, eiquí é Cesar Portela, referencia de certo nacionalismo galego. Unha vaca sagrada que non fai máis que lexitimar o papel do becerro de ouro. Curioso un PXOM, promovido polo BNG e PSOE e agora defendido a capa e espada polo BNG e o PP. Un PXOM, realizado pola Consultora Galega, na cal estaba César Portela (posteriormente saíuse), Daniel Pino e Teresa Taboas (agora na Xunta de Galicia nsa Consellería de Vivenda). Na analise dos vencellos entre o poder financieiro, os constructores, certos arquitectos e os partidos políticos nestas operacións especulativas non se agocha a pouco que un escarbe.

Marcos Andion dixo...

Suscribo el análisis anterior. Lo que relatas, anónimo interviniente, es la exposición del surgimiento de una nueva clase dirigente, con aspiraciones de oligocracia, cuyo papel fundamental es el de sustituir cualquier posibilidad de intervención social por el "totem" de los "técnicos", los nuevos "gurús" del crecimiento productivo y económico.
Lo curioso de esta nueva oligarquía, constituida por algunos técnicos y algunos políticos al servicio de un capital aparentemente socializado que los financia y les exige, es que pretende que lo democrático es que los "ignorantes" callemos y atendamos las "sabias" instrucciones de "los que saben".
Cualquiera puede constatar cómo se intercambian papeles esos técnicos, esos políticos y esos dirigentes empresariales, no sin la inestimable ayuda, por omisión, de unos sindicatos cuyos dirigentes, en realidad, envidian a quienes los manejan, y, como en el caso del visir Iznogood, aspiran a "ser califas en lugar del califa". A todos ellos les espera a la vuelta de la esquina el Principio de Peter, según el cual todos tienden a "ascender" hasta alcanzar su nivel de incompetencia. O sea, que van "ascendiendo" de técnicos a políticos y, finalmente, a responsables de empresas públicas, con los desastrosos resultados para todos que podemos observar, aunque excelentes para ellos. Salud, y que nos dejen disfrutarla.

Anónimo dixo...

Que dios nos coja confesados....¡en menudas manos estamos!

Anónimo dixo...

Al final la pregunta es ¿qué diferencia existe entre la ciudad que quiere el PP, el PSOE, y el BNG? Parece que no existe ninguna.

Anónimo dixo...

Unha mostra máis da colaboración necesaria das institucións nas tarefas especulativasé a remodelación anunciada onte pola Faraona en Teis, eliminando unha chea de naves industriais coa finalidade de crear grandes paseos urbanos. Isto permitirá revaloriza-los terreos, favoprecendo a entrada das grandes constructoras na zoa. Madalena Rodriguez sabe como Fomentar desde o seu Ministerio. Abel eres da caste de Caín.

Anónimo dixo...

Á vista do anterior podemos dicir que o mesmo pasa coa remodelación do rural. As vivendas unifamiliares, feitas na leira de un, pouco a pouco e cos aforros do traballo non interesan ás grandes constructoras. Unha vez que os usos e a vida das parroquias rurais de Vigo pasan a considerarse deficitarias, infrautilizados ou con outros termos empregados na política de planificación, automaticamente comezan a obxectivo de rexeneración, transformación, reforma, esponxamento. Así, interesa un PXOM no que os horreos destas leiras podan ser instalados, en virtude da sua traslabilidade, no portal dunha torre tipo Club Financieiro ou na súa terraza, debidamente acondicionado como refrixerador-neveira, para gardar os Martinis dos partys organizados polos Ubaldinos, Vialmarts e Gayosos. E servido polas Corinas, Abeles e Olveiras. Portela simplemente fai posible, xustifica, facilita, conecta a esquerda montaraz e marxista-leninista da UPG de Castrillo, Toba e Paco de Hespaña cos intereses das grandes constructoras.

Anónimo dixo...

¿Cómo puede ser que en la Xerencia de Urbanismo no esté el PXOM disponible para que los ciudadanos podamos verlo?
¿y si no tenemos acceso a internet?

Anónimo dixo...

¿Es de interés social y fuerza mayor recalificar todo el rural vigués? ¿Por qué hay que utilizar todo el territorio? No sería más lógico sacar al mercado toda esa enorme cantidad de viviendas que hay sin usar en la ciudad antes de destrozarlo todo? ¿Quién decide semejantes tropelías? ¿Benefician a los ciudadanos? Entonces ¿a quién benefician?

Anónimo dixo...

Leo en la Voz de Galicia que también se podrían trasladar corredoiras y vallados tradicionales...e incluso la ermita de la Guía..
Alucinante

Anónimo dixo...

y sin embargo quien aparece como no trasladable (bien de interés cultural) es la estaciónde Renfe viguesa cuyas piedras están en Redondela...
Curiosidades de este concello...

Anónimo dixo...

Es necesario que en las próximas elecciones, incluso ya en la misma campaña electoral los políticos se enteren de qué piensan los ciudadanos.

Marcos Andion dixo...

Creo que ya lo he dicho en alguna otra ocasión en este blog: lo definitorio de Vigo, en cuanto a su patrimonio, no es la destrucción o la conservación, sino la traslación.
Aquí todo se traslada, porque alguien tiene cualquier ocurrencia. No hay manera de fijar posiciones para estatuas, conjuntos arquitectónicos ni, incluso, instituciones.
Pongamos algunos ejemplos:
-La pérgola de la Plaza de Portugal.
-La escalinata y las fuentes de tritones de la misma plaza.
-El monumento a los Héroes de la Reconquista (el de Cachamuiña).
-El Ayuntamiento y, recientemente, la Alcaldía.
-La farola de Colón.
-El Colegio Alemán.
-La fuente luminosa de la Plaza de España (donada por Cesáreo González).
-Y otras cosas que ahora no logro repentizar...
O sea que lo coherente con esta idiosincrasia viguesa es que tal traslabilidad universal se ponga por escrito, con inestimables colaboraciones como la de alguno de los "debatientes" de este post, más interesado en "desternillarse" que en discurrir, a pesar de su autoproclamada excelsa capacidad interpretativa de lo escrito en la ley y su no menos notable capacidad para confundir norma con excepción.
Uno, siempre atento a descubrir nuevos horizontes y a aprender de quién se le antoja más sabio, tendrá que abandonar su inveterada costumbre de suponer intencionalidad en lo expresado, para adoptar la más sutil de considerar que cuando se establece una excepción debe interpretarse la norma como inútil.
Es decir, que si la ley dice que los bienes del patrimonio cultural son intrasladables (con algunas excepciones que deben justificarse y someterse a excepcional autorización), lo que se debe entender es que no hacía falta alguna mencionar lo de la no traslabilidad. ¿He comprendido a satisfacción tu irreprochable interpretación, querido desenmascarador de subrepticios frikies contributors?
A la espera de nuevos epiisodios de tus inapreciables dotes de intérprete legal a la vez que literario, recibe un cariñoso saludo y el reconocimiento de que has alegrado el día a más de un atrevido ignorante de los que, para tu desgracia, pululamos por estas esferas.
P.D.: Por favor no te cortes un pelo si lo anterior te sugiere cualquier tipo de insulto o improperio; ya me hago cargo de lo insufrible que puede resultarte el prestarte a dialogar con esta "troupe" de frikies y despistados. Pero, en fin, te supongo consciente de que tu elevada posición dialéctica conlleva la penosa obligación de seguir prestando tu lucidez como guía de incapaces. Ánimo, que tu puedes.
Y usa tu reconocida magnanimidad para compadecerte de quien no podrá nunca alcanzar los elevados niveles de los que haces gala y no se atreve a debatir contigo sobre interpretación de leyes y normas. En fin, qué podría decirte yo...

Anónimo dixo...

Pienso que la Xunta no puede aprobar semejante insensatez. Es totalmente absudo lo que pretenden

Anónimo dixo...

¿todo el concello y su patrimonio en manos de los promotores? ¿Qué es lo que se creen unos y otros?
Un asunto sin pies ni cabeza

Anónimo dixo...

pues si quieren trasladar algo lo tienen claro, con cambiar el entorno es suficiente...

Anónimo dixo...

Además de la "traslación" también caracteriza a este concello la "destrucción" de su patrimonio ¿cuántísimos edificios singulares han caido? Pierdo la cuenta, por desgracia...

Anónimo dixo...

Tanto o Concello como a Xunta teñen organismos que deberían pronunciarse sobre este tema do patrimonio. Refírome ó Instituto de Estudios Vigueses, reducto de especialistas e estudiosos da evolución da cidade, e o Consello da Cultura Galega, presidida por un historiador Ramón Villares, e que ten seccións de antropoloxía, etnografía, etc. ¿Non teñen nada que dicir?

Anónimo dixo...

¿qué sentido tiene poner la escalinata, hurtada a la Plaza de Portugal, en el lugar donde iba el repetidor de fenosa, para subir de la Ronda a Venezuela?
Queda horrible en ese lugar ¿quién ha tenido esa idea tan peregrina? ¿para qué servirá allí?

Anónimo dixo...

Todos esos organismos que mencionas nunca los he oido decir nada respecto al patrimonio de la ciudad ¿Qué opinan sobre los planes sobre el casco vello, panificadora, etc...? Además de lo del tema del blog, por supuesto

Anónimo dixo...

¿En dónde está la fuente que estaba en la Plaza de España, donada a Vigo por Cesáreo González?

Anónimo dixo...

¿dónde está esa ley que protegerá a muchos edificios antíguos que aún quedan en la ciudad? ¿cuántos años llevan trabajando en ella? ¿no tiene para el urbanismo del concello tanto interés como el destroce del rural de Vigo?
Me parece que eso no tiene mucho interés para los que deciden por dónde y en qué cantidad podrá construirse en esta ciudad...

Anónimo dixo...

¿E sabemos que foi do Bernardo Alfageme?

Anónimo dixo...

Recuperar el ungüentario está bien, pero hay problemas infinitamente más grandes en este concello y parece que no les preocupan demasiado...¿No sería mejor gastar esas energías en algo más productivo para nuesto patrimonio?
No se entiende esa diferente vara de medir...

Anónimo dixo...

Por ejemplo el edificio catalogado que estaba haciendo la esquina calle Arenal- calle Pontevedra...
Me pregunto dónde estarán esas piedras...

Anónimo dixo...

Si un ciudadano hace una donación a la ciudad de Vigo, a los vigueses ¿por qué puede una corporación municipal deshacerse de ese regalo cuándo le apetece? ¿Quiénes son ellos para tomar esas decisiones?
Hemos visto legados abandonados en almacenes del concello durante años y años (el de Policarpo Sanz), fuentes destrozadas y desaparecidas (la del Plaza de España, donada por Cesáreo González), mirador del paseo de Alfonso en donde está el edificio Asefal, donado a la ciudad y vendido sin tener en cuenta la voluntad del donante. Han existido problemas con los herederos de García Barbón al querer alterar algún bien donado a Vigo, etc...
Desde luego quienes tengan en mente hacer alguna donación, se lo pensarán mucho al ver como se tratan esos asuntos en esta ciudad...

Marcos Andion dixo...

Parece que, por imperativo racional, Ánxela B., hizo lo que tenía que hacer: no aprobar el Plan y devolverlo para que lo hagan bien.
¿Cómo digerirá el BNG de Vigo esta afrenta a su hasta ahora inamovible apoyo al PXOM? ¿Seguirá Toba demonizando a los técnicos "internos" por sus "informes demoledores"? ¿Se retractará? ¿Cómo se lo va a explicar a Figueroa-Iznogood?
¿Y nos van a devolver la cantidad de pasta que nos ha costado hacer este inaprobable plan, para mayor gloria de Daniel Pino (BNG) y su Consultora Galega? ¿Nos vendrán ahora con que hay que pagarle por tercera vez a los redactores del Plan, para que de ésta lo hagan bien? ¿Seguirán los de siempre con la milonga de que la Xunta nos putea políticamente? ¿Es que nadie va a culpar a los verdaderos culpables de que el PXOM no haya podido aprobarse?
Se me amontonan las preguntas, aunque no creo que las respuestas de quienes deben darlas se amontonen también.

Anónimo dixo...

Más bien la xunta nos putearía políticamente si aprobase ese impresentable plan...