IX ÉPOCA

5.10.05

Recheos en Cangas - Foro Social

O Foro Social de Cangas envíanos, con rogo de publicación, o seguinte texto e foto que publicamos:

Estamos a xogarnos o tipo diante das máquinas, ¡move ficha e saca algo! Estan censurando a noticia na version dixital do Faro e na Voz son dúas liñas:

Fai o favor de incluir o tema dos recheos da ría e os portos deportivos como o que se está a construir en Cangas:
CONVOCATORIA DE CONCENTRACIÓN PACIFICA PERMANENTE NO SALGUEIRON
O panorama en Cangas mírase negro, se suspendeu un Plan Xeral de Urbanismo claramente lesivo para o cidadán de a pé, pero o goberno municipal do PP segue "trincado" polos cartos dos convenios cos grandes especuladores e o alcalde Sotelo parece embarcado nunha fuxida cara a diante: seguir bloqueando a opinión cidadán; seguir apoiando os proxectos deseñados por estes convenios, como é un porto deportivo de 420 amarres na zona industrial da antiga factoría conserveira de Massó; manter ao concellal de urbanismo Gómez Millán, un dos culpables do anterior plan, como responsable de urbanismo e se supón que manter a Arteplan, a empresa que presentara o anterior plan, maquillar un pouco plans e convenios, responder as alegacións e continuar coa política autoritaria para chegar a un punto moi similar ao que estabamos en Marzo, antes das mobilizacións que conseguiron paralizar un plan claramente ilegal.
Se presenta agora unha proposta de participación veciñal que é unha farsa, un "consello sectorial de urbanismo" coa participación de políticos e asociacións, de carácter meramente consultivo, presidido polo alcalde ou concelleiro en quen delegue, e que se reúna unha vez ao trimestre. Vamos, o raposo gardando as galiñas, ou téndoas entretidas mentras as decisións tómanse noutro despacho.
Ao Foro Social non lle gusta ter que pedirlle a xente que abandone as súas tarefas diarias, cada un ten a súa vida e ten que traballar por ela, pero nos topamos nun momento clave para o futuro de Cangas.
Ubaldino Martinez, o promotor responsable do convenio de Massó e o porto deportivo que xa se empezou a construir dunha maneira claramente ilegal, mantén o seu pulso particular co pobo de Cangas, ten muito que gañar e pouco que perder e vese apoiado polo alcalde Sotelo, aínda que éste o intente disimular. O PSOE tería muito que decir e mover, nos lle pediríamos declaracións e feitos.
O Foro Social, constituído por 22 asociacións, sindicatos e partidos políticos, xa tivo que chamar a mobilización no seu día para parar o Plan Xeral de Urbanismo, e mantén unha postura activa e dialogante fronte as decisións que afectan a vida cidadán, pero está a ser sistematicamente apartado das mesas de negociacións por un goberno que disimula mal o seu autoritarismo e a defensa de intereses particulares
O Foro Social pola Defensa de Cangas convoca concentracións pacíficas no Salgueirón, fronte as obras do porto deportivo, polas mañáns as nove e polas tardes as catro para exisir un novo plan xeral sen enganos, para o que é necesaria manter a paralización das obras do porto deportivo de Massó, conseguida o luns 3 e mantida o 4 e o 5 pola mañán.
Débense cumprir os requisitos de protección medioambiental determinados pola Consellería de Pesca e pola declaración de impacto ambiental. Débense paralizar as obras ate sexa resolto o contencioso administrativo e o recurso a denuncia de delito ecolóxico presentados pola Confraría de pescadores San Xosé e se aclaren as irregularidades na tramitación dos permisos, e sobre todo débense paralizar as obras ate o momento que exista acordo sobre o planeamento urbanístico da zona actualmente industrial do Salgueirón.
Queren botar pedra que ven de Vigo cando as prescripcións son de que sexan dunha canteira identificada da zona.
Aproveitamos para reclamar inversións de diñeiro público en Cangas para saír da situación de paro, unha das mais graves de Galicia, que desgraciadamente está a ser maquillada pola venta de terreos a forasteiros. A xogada é redonda, non hai traballo, a especulación envolve a vida de Cangas nos últimos tempos, se queres vivir tes que vender, e co encarecemento da vida ese diñeiro vai a durar pouco, non vai a quedar muito mais que emigrar. Non é ese o futuro que queremos para Cangas. Queremos zonas industriais, un futuro sostible e unha natureza limpa e productiva.
Como sempre repetimos: CANGAS NON ESTA A VENDA, ACUDE AS NOVE DA MAÑAN E AS CATRO DA TARDE AO SALGUEIRÓN.
FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO
Enviado á redacción de Vigoblog por forosocialpoladefensadopobo@yahoo.es o 4.10.2005



5 comentarios:

Anónimo dixo...

A ría é un único espacio paisaxístico, económico, medioambiental, social. Debemos pelexar por unha planificación única. A ría non é de Cangas, de Vigo, de Moaña, Baiona, Vilaboa ou Redondela: todo o que ocorra nalgún destes Concellos aféctanos a todos.
Non máis recheos.

Anónimo dixo...

Seguimos parando a obra co noso risco persoal. ¿Quen defende a legalidade? Apoianos e apoia a defensa da nosa ría. Que non lle poñan prezo a natureza.

Anónimo dixo...

La Xunta revisará «a fondo» el puerto deportivo de Massó

La conselleira de Política Territorial, María José Caride, aseguró ayer ante el pleno del Parlamento, respondiendo a una pregunta de los diputados del BNG Bieito Lobeira y Modesta Riobó, que la Xunta revisará «a fondo» el proyecto del puerto deportivo de Massó que promueve el grupo Atlántico.


Caride dio instrucciones al presidente de la Autoridad Portuaria y solicitará la colaboración de las consellerías de Pesca y Medio Ambiente con la finalidad de «velar pola legalidade vixente».
La titular de Política Territorial explicó cómo fue tramitado el proyecto en cuestión. Se refirió especialmente a una circunstancia extraña en el proceso. Pesca remitió a la Autoridad Portuaria de Vigo un informe desfavorable en el que aparece la fecha de 1 de julio del 2004. El informe es recibido en Vigo el 30 de diciembre, un par de semanas después de que el Ministerio de Medio Ambiente le diera el visto bueno al proyecto y de que se publicara en el BOE la declaración de impacto ambiental.
María José Caride dijo que o bien había algún motivo para retrasar el informe de Pesca o bien se produjo un error en la tramitación. La Autoridad Portuaria, en todo caso, no concedió importancia al informe en cuestión y continuó con el proceso de concesión cuando, aseguró Caride ante el pleno del Parlamento, «parecían existir dúbidas razoables que aconsellaban frear dito outorgamento».


Es por este motivo por el que la conselleira anunció ayer que la Xunta revisará «todo o proceso».


Caride no dijo si su consellería va a paralizar las obras o no. Se comprometió a gestionar reuniones en las que participarán su departamento, Pesca, la Autoridad Portuaria, los portavoces de la corporación canguesa y la cofradía.


Esta é a nota de prensa, as obras non están paralizadas e seguimos tendo que ser nos, que xa nos consideramos "obreiros" do estado de dereito por ser os que estamos a impedir un recheo irreversible, os que sigamos a pé de obra.
Urximos a unha rápida solución, e a que se conte con nos nas reunións a celebrar.AR NOVO PARA GALICIA E CANGAS

FORO SOCIAL DE CANGAS

Anónimo dixo...

[b]VIAGRA Nederland PREISVERGLECH VIAGRA REZEPTFREI[/b]
http://www.getsomeskillz.co.uk/forum/member.php?u=13
[b]VIAGRA Germany VIAGRA BILLIG BESTELLEN[/b]
VIAGRA BESTELLEN eur 0.85 Pro Pille >> Klicken Sie Hier << BESTELLEN BILLIG VIAGRA CIALIS VIAGRA bestellen REZEPTFREI VIAGRA BESTELLEN
http://cafesuoimo.com/member.php?u=8
[b]VIAGRA Kaufen BESTELLEN REZEPTFREI VIAGRA[/b]
[url=http://www.barroco.comyr.com/member.php?u=3]VIAGRA® kaufen[/url] - VIAGRA Austria
[b]VIAGRA on line VIAGRA BILLIG REZEPTFREI BESTELLEN[/b]
[b]VIAGRA Germany BILLIG VIAGRA PREISVERGLECH BESTELLEN[/b]
[url=http://www.noise-unltd.com/member.php?u=2 ]VIAGRA versand[/url] - VIAGRA ohne rezept
[b]VIAGRA online kaufen PREISVERGLECH VIAGRA BILLIG[/b]
[b]VIAGRA® kaufen BILLIG VIAGRA[/b]

Anónimo dixo...

http://www.djmal.net/thaspot/members/viagrakaufend
[b]VIAGRA online BESTELLEN BESTELLEN BILLIG VIAGRA[/b]
http://www.serataanime.it/forum2/member.php?u=336
[b]FREE VIAGRA VIAGRA PREISVERGLECH BILLIG[/b]
VIAGRA BESTELLEN eur 0.85 Pro Pille >> Klicken Sie Hier << BESTELLEN BILLIG VIAGRA CIALIS VIAGRA Holland KAUF VIAGRA OHNE REZEPT
http://www.barroco.comyr.com/member.php?u=3
[b]VIAGRA online kaufen VIAGRA REZEPTFREI BESTELLEN[/b]
[url=http://www.einvestorhelp.com/member.php?u=37776]VIAGRA[/url] - VIAGRA ohne rezept
[b]VIAGRA Apotheke VIAGRA[/b]
[b]VIAGRA versand VIAGRA BESTELLEN[/b]
[url=http://www.zonatuning.com/members/viagrakaufend]PREISVERGLECH VIAGRA REZEPTFREI[/url] - VIAGRA information
[b]VIAGRA online kaufen VIAGRA BESTELLEN[/b]
[b]VIAGRA bestellen PREISVERGLECH VIAGRA[/b]
[b]VIAGRA® kaufen
VIAGRA Deutschland
VIAGRA online kaufen
VIAGRA on line
VIAGRA alternativ
VIAGRA rezeptfrei
VIAGRA Kaufen
VIAGRA Apotheke[/b]