IX ÉPOCA

25.10.05

O futuro sen gasóleo

O grupo territorial do partido (ilexible) ven de presentar unha moción de urxencia pra instar ó goberno da área metropolitana do sul de Galicia a levar adiante o proxecto de recuperación dos parkings da cidade presentado hai dous anos. O citado proxecto, elaborado polo estudio do arquitecto Claudio Porticella, presenta como novidade a substitución do carril central por unha lámina de vidro a modo de lucernario o que permitiría iluminar naturalmente as dependencias subterráneas co que poderían ser utilizadas para paseo cuberto. Os almacéns de desfeitos agora existentes poderían ser convertidos asi en locais sociocomunitarios. Na presentación da moción o concelleiro C. Alberto Rei insistiu na necesidade de dar vida a estes subterráneos abandonados despois da crise do petróleo do ano 2016 cando o antigo parque automobilistico quedou reducido a un 17% debido o encarecemento do combustible. Tamén destacou a viabilidade do proxecto que resulta compatible coa medidas de aforro en iluminación decretadas hai tres anos polo Goberno Europeo.
A asociación "Outrovigosiguesendoposible" fixo pública a súa postura a favor do proxecto e lamenta que non se tiveran en conta os reiterados avisos dados polos expertos respecto a inutilidade da construcción destes aparcamentos. Recorda a asociación cidadán que na mesma situación se atopan oito dos dez centros comerciais que abandonados polos promotores son neste momento obxecto de vandalismo e delincuencia.
A potente asociación de empresarios do pequeno comercio , na mesma liña, propón a inmediata demolición destas obsoletas instalacións para seren reconvertidas en zonas verdes ou sumidoiros de dioxido de carbono co que se melloraría o balance de emisións que ainda non logrou ser equilibrado.
Reproducido co permiso do periódico dixital "La blog de Vigo" 14 de Novembro de 2021

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Na noticia non comentan nada da saída da cadea, a principios de novembro de 2021, de varios concelleiros da área metropolitana, finalmente condeados por prevaricación e cohecho, tras un longo proceso xudicial. Non se coñecía un caso semellante dende tempos dun alcalde de Vigo chamado Portanet (alá pola metade sobrada do século XX)ó que lle meteron varios concelleiros na cadea por un feo asunto duns terreos na antiga praza de España (hoxe o abandoado Centro comercial e de ocio Pirulí).

Lorenzo Pardavila dixo...

Lamentamos non ter recuperado todo o arquivo do periódico dixital "La blog de Vigo" pero estamos no proceso de recuperación dos escritos que dan conta da dificil reconversión da factoría CITROËN ala polos anos 10 do seculo XXI feito tscendental na historia da cidade.

Anónimo dixo...

A Portanet le metieron a varios concejales en el "maco", "trena" o "talego", que por entonces estaba donde ahora está el MARCO, por cohecho, en relación con unas joyas enviadas a sus distinguidas esposas por la beneficiaria de la concesión del Transporte Público Colectivo de Viajeros, Viguesa de Transportes, S.A. (VITRASA). Como consecuencia de tal acción de la justicia, la corporación municipal de Vigo hubo de completarse con una "gestora", que se tragó el siguiente alcalde, Antonio Ramilo Fernández-Areal. Las cosas como son.

Anónimo dixo...

Pois querido Carballeira, tamén lles meteron a algúns polo asunto da praza de España... e é que o noso "gran alcalde" non daba abasto.