Inauguración 10 de outubro ás 20 horas
En Ausencias e memoria preséntanse catro propostas creativas diferentes nas que dende distintas perspectivas estéticas se incide na relación entre fotografía e memoria. Maruxa Fernández Llamazares presenta dúas instalacións baseadas nas características obxectuais das fotografías, unha delas centrada na comunicación coas persoas ausentes e a outra no papel que xogan as caixas de fotos como contedores da memoria familiar. Enrique Lista combina a intervención dixital coa técnica do fotograma analóxico, obtendo imaxes indefinidas con gran poder de suxestión, para reflexionar sobre o paralelismo entre a fraxilidade da memoria e da fotografía. Manuel Sendón, prescindindo da cámara, faille cumprir as propiedades desta ao escáner para reflexionar sobre o papel da fotografía como substituto da memoria e sobre a similitude de comportamento entre ambas e, por último, Xosé Luís Suárez Canal aborda o paso do tempo e a súa influencia sobre a memoria, facendo dialogar imaxes do seu contorno privado con referencias cinematográficas que lle fan evocar lembranzas do pasado.
[Convocatoria recibida por correo electrónico na nosa redacción o 6.10.05]
1 comentario:
¿Cal é o voso correo electrónico para enviar información?
Publicar un comentario