IX ÉPOCA

13.10.05

O mar laminado

Asociar mar e libertade non é patrimonio exclusivo de navegantes solitarios ou de espíritus singulares. A todos nos gusta deixar ir a mirada polo azul e gozar co movemento da auga. Sen embargo no noso mar cercano, na ría, as cousas están empezando a cambiar. O mar tense convertido en “lámina de auga” que a semellanza dos solares é obxecto de especulación. Estase a producir unha intensa expropiación da paisaxe para construir portos deportivos. Baiona, Panxón, Canido, Bouzas, Vigo, Teis, Chapela, Cesantes, Arcade, San Adrián de Cobres, Domaio, Moaña ,Cangas… poden ser arredor de tres mil puntos de amarre e, según os expertos neste negocio, serian necesarias outras tres mil prazas. Sumeselle a superficie ocupada por bateas e outras explotacións de acuicultura e terán unha idea da magnitude do fenómeno.
O novo presidente da Autoridade Portuaria viguesa sinala, prudentemente, que é necesario contar coa xente do entorno e medir as repercusións ambientais. Supoño que Don Abel non caerá na torpeza de considerar o problema da ría parroquia por parroquia senón coma un conxunto. En canto as repercusións ambientais seria desexable que os estudios de impacto tiveran un pouco de seriedade. Collamos o exemplo do porto deportivo da Lagoa, en Teis. Vexan este parágrafo da declaración de impacto ambiental:

Paisaje: Se ha realizado un análisis de intervisibilidad, basándose en la cartografía de la zona, el cual se ha completado con el preceptivo trabajo de campo, obteniéndose unos resultados que muestran que la cuenca visual de referencia tiene unos más que notables niveles de compacidad, dado el difícil acceso de la población a la cuenca visual. Por este motivo se puede considerar que la fragilidad visual intrínseca es baja.

Traducción: como na actualidade é moi difícil asomarse ó mar no Monte da Guía (hai árbores moi altos, non hai camiños a nivel do mar) non se ve o porto e , por tanto, non molesta (isto é a fraxilidade baixa). Como sempre cunha gran visión de futuro.

¿Realmente trátase dunha industria socialmente importante (crea postos de traballo, xenera actividades comerciais) ou ben estamos ante a política do ladrillo no mar? ¿Os 50 postos de traballo que vai xenerar o porto da Lagoa compensan as servidumes na costa e na paisaxe? ¿ Non é impresentable a pantalla de protección dos amarres de Moaña que cortan a vista desde o paseo? E o porto de Massó ¿obedece a unha necesidade do entorno?
E sofriremos máis consecuencias. Teremos que ocuparnos algún dia do tráfico na ría (mais contaminación) pero de momento nos paseos marítimos contemplamos “bosques de mástiles”, nas mellores plaias temos que bañarnos dentro dun recinto acordoado, e no resto podemos ser atropelados. Coidado.

Foto espigón A Guía (c) Vigoblog 2005

2 comentarios:

Pablo Eifonso dixo...

Penso que todo apunta cara ao mesmo: a necesidade de planificar a ría de Vigo como unha unidade, con independencia de que anaco de litoral corresponda a cada Concello. Nin demonizar os portos deportivos, nin pensar alegremente que estes carecen son inócuos. En todo caso parece obvia a privatización da lámina de auga e -para máis- sen que exista canto menos a esixencia dun sistema de xestión medio ambiental dos amarres e servicios que se prestan, como a ISO 14001 e o Regulamento EMAS (http://medioambiente.fegamp.es/SGMA_14g.htm).
A nosa ría é tamén un maravilloso lugar para navegar durante todo o ano (aínda que boa parte dos barcos permanezan amarrados a maior parte do tempo)pero o seu uso debe ser sostible. Non creo pois na oposición puntual a un ou outro porto deportivo, senon na esixencia clara de planificación global expresa da ría e do seu litoral. Por exemplo, un plan director, cun proceso rigoroso e democrático de elaboración e aprobación, con estricta aplicación de criterios de sostibilidade.

Pablo Eifonso dixo...

Ah! e mentras non exista ese Plan, nin un só amarre máis.. e despois del, establecer, se é preciso, que zonas de amarres e portos deportivos hai que eliminar.