IX ÉPOCA

24.10.10

Corina Porro: sabemos quen es

Corina Porro celebra hoxe en romería a súa "proclamación" como candidata do PP á alcaldía de Vigo para as vindeiras eleccións municipais de maio. Queremos acompañar este día reproducindo íntegro un post publicado en VigoBlog o 25.04.2010, para lembrar que Perly é unha

CANDIDATA CON ANTECEDENTES

Parece que os do PP decidiron tentar á sorte e -no típico acto de exaltación dos que aspiran a té-la sorte de volver a sacar tallada da exhausta tarta municipal- propoñen a Corina Porro como pre-candidata á alcaldía de Vigo. Para facer esta -créanme- arriscada aposta esperaron o tempo que crén suficiente para que se dilúan na memoria algunhas actuacións altamente sospeitosas, protagonizadas durante o seu mandato e que, en tempos revoltos de Gürtel, non son boas de lembrar, non vaia ser.

Unha vez liberada desas cargas da memoria, voltará Corina á ortopedia facial e ao botox institucional, esta vez con amigas posiblemente menos útiles pero máis presentables en sociedade cá que foi fidel compañeira nos negocios da alcaldía, Pilar Egea. Para espantar meigallos, unha das primeira medidas tomadas xa hai tempo pola pre-candidata, foi afastar da súa vida pública e privada á antes inseparable Pilar Egea, que exerceu de hábil maquilladora e eficaz asesora de C.Porro dende o seu estratéxico posto de xefa do gabinete da alcaldesa, con soldo a cargo do erario municipal. Xa diciamos daquela en VB que esas non eran boas compañías e que non gustaban nada aos corazóns puritanos do PP.
Pero a Porro, daquela, e coa oposición das almas benpensantes do partido, decidíu enxugar a laranxa e sacarlle un proveitoso zume á relación, para, dende xa hai uns meses, colocar aquela roupa lavada ao clareo e facer desaparecer a Mapi do mapa.

En Vigoblog non só temos memoria, hai tamén un documentado arquivo de xa cinco anos de existencia, ben enlazado coas hemerotecas locais, que pon en evidencia como a nosa pre-candidata ten antecedentes: tonteou coa corrupción e non foi aínda quen de defenderse das graves acusacións sobre a súa implicación no caso Finca do Conde; favoreceu económicamente, con cargo ao diñeiro público, ás empresas de publicidade vinculadas coa súa xefa de gabinete, ou dirixíu a execución chapuceira das obras de "humanización" do centro da cidade, por poñer só algúns exemplos.

O pelotazo de Finca do Conde podería formar parte dos manuais sobre corrupción urbanística. Unha historia documentada de descarado favorecemento dunha promotora inmobiliaria internacional -ING Real Estate-, mediante acordos municipais destinados a soslaiar a legalidade, obviando a sabiendas decisións xudiciais sucesivas que prohibían a construcción dun Centro Comercial. E isto co único ánimo de posibilitar unha moi lucrativa operación privada finalmente, como non podía ser doutro xeito, declarada ilegal. No caso Finca do Conde pringou por acción o goberno de C.Porro con Chema Figueroa á cabeza da operación e o socio de Pilar Egea no papel estelar de "proveedor de oportunidades" Pedro Costas Gil; pringou por omisión o BNG que posibilitou, cunha estratéxica abstención na Xerencia de urbanismo, a concesión da licencia aos holandeses. Con Finca do Conde non só se enriqueceron á nosa costa algúns, senon que foi tamén a causa real do acoso e derribo de Ventura Pérez Mariño, demasiado incómodo para os intereses privados doutros.

Os gastos en publicidade do goberno C.Porro é outro dos antecedentes a esquecer, como xa ten demostrado, entre outras cousas, VB. Uns antecedentes que, como xa comentamos e comentaremos, teñen os seus precedentes e a súa descarada continuidade na práctica irregular de gasto dos seus colegas do BNG e do PSOE.

A empresa amiga Canal Uno, do ex concelleiro do PP Juan Martínez Herrera, facturou no período 2005-2007, durante o manadto de Perly, a frioleira de 872.076 euros, boa parte deles a base de contratos menores sucesivos sen concorrencia nin publicidade. Tamén beneficiado foi daquela o Faro de Vigo, financiado directamente polo dúo Corina-Mapi coa non despreciable cantidade de 615.211 euros, traballados en boa parte, iso sí, a base de pitadas menores de 12.000 en 12.000 euros mensuais, o que ten o seu mérito.

Pero a figura estelar da corrupción publicitaria durante o goberno de C. Porro protagonizárona co seu consentimento as empresas vinculadas con Pilar Egea, a súa xefa de Gabinete, nomeadamente Ábano e Significantia, aparatos da invención de Mapi e de Pedro Costas Gil, que obtiveron altos rendementos da súa conexión coa alcaldesa. Ademais das facturacións directas coa alcaldía -con contratos menores por máis de 150.000 euros-, as dúas empresas relacionadas coa xefa de Gabinete tiveron o seu momento de gloria cando cobraron 677.625,60 euros, mire vostede por onde... de ING Real Estate!: foi o rendemento do convenio -cuxo texto aínda permanece en secreto- entre a alcaldesa e a multinacional holandesa dentro dos felices fastos municipais da Volvo Ocean Race viguesa.

Tamén cómpre esquecer que no millonario gasto en humanizar o centro da cidade, non incluíron cambiar as redes de saneamento que contan con máis de sesenta anos de antigüidade e que, aínda hoxe, grazas a tan útil actuación, seguen evacuando a merda da burguesía local por taxeas de pedra decimonónicas. Claro que había que aforrar para poder decorar a actuación co caro granito roxo altamira floreado que rodea os alcorques cheos de pedriñas que disfrutan os vigueses nas súas rúas máis céntricas. Claro que ninguén lle vai lembrar a C Porro que un inverno chuvioso como o que pasamos, acabou afundindo boa parte dos pavimentos das rúas humanizadas por ela como consecuencia de non ter construido un novo sistema de sumidoiros con deseño e capacidade abonda para os caudais xerados pola nova pavimentación. Tamén cómpre esquecer que se negou a executar os tanques de tormenta previstos no proxecto inicial de humanización en Colón que evitarían os vertidos constantes ao mar de augas residuais no espigón do náutico que tantas veces denunciamos dende aquí.

Non queremos rematar este breve resume, sen deixar constancia da conveniencia de que Corina Porro nos diga aos cidadáns a orixe e desenvolvemento dos seus bens e patrimonio. Temos unha curiosidade malsana por saber como e con que se puido construir o seu chalet de Vilaboa, como comprou o iate Platinum 32 de 10 metros de eslora adquirido nada máis deixar a alcaldía, ou como paga as xoias de ouro e o variado e caro vestiario que loce. Son curiosidades cidadáns sobre un cargo público que nada costa, seguro, satisfacer. Aos que a lembramos como normalita enfermeira, viríanos moi ben coñecer como se fai esa carreira económica tan exitosa.

Malos antecedentes en tempos revoltos. Antecedentes que se reforzan agora co pouco respecto pola legalidade da que fai gala Corina nos recheos e na súa actuación cosmética no Porto de Vigo, que lle van traer máis dun disgusto.

Eu de vostedes, señores e señoras do PP, pensaríaomo dúas veces: logo de proclamada non van ter remedio.

Máis documentación en Vigoblog seguindo as etiquetas desta entrada.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Lo más patetico es buscar en la prensa de hoy las propuestas de Perly en el supuesto caso de hacerse con la alcaldia y encontrarse con que no existe tal discurso. Solo cosas difusas como: "soy la candidata de la unidad" ¿?, "en cuanto llegue a la alcaldia cedere de inmediato los terrenos para la ciudad de la justicia", como si la ciudad no tuviera problemas más graves. A Corina a mayores de todo lo que contais le falta ambición, discurso, no llega, no esta a la altura. Claro que más patetico es escuchar a un Feijoo que lo máximo que pudo decir de Caballero es llamarle Napoloencito y criticar que se hagan aceras.... pues que bien.

Anónimo dixo...

Creo que es mejor pagar a un alcalde que a 2 ALCALDES. VIGO no se merece tener que pagar a 1 TENIENTE ALCALDE y a 1 ALCALDE. Sé de buena tinta que lo único que le interesa a CABALLERO es la publicidad. Parece mentira que en los tiempos de crisis que corren, se haga un espectáculo con un pianista y todo para inaugurar una calle... No se gasta su dinero, sino el de nuestro...