Paulo Carlos López, Sumar: "Ante os que dicían que eramos flor dun día,
aquí estamos"
-
Verónica Martínez Barbeiro e Paulo Carlos López, elixidos por unanimidade
para liderar Sumar Galicia. Co apoio de Yolanda Díaz, comprometéronse a
implantar...
IX ÉPOCA
6.10.10
O Hidria II a Cartagena
Vía o Blog La Trinchera del ElMundo.es, enterámonos de que o vapor Hidria II, despois dunha nova desgraciada peripecia en Algeciras, pode haber atopado, por fin, un lugar no mundo atracado no porto de Cartagena. Antes, negouselle o pan e o sal en Galicia e en Vigo.
Que o gran Leviatán afogue nas súas augas aos nosos gobernantes e á sociedade galega e viguesa que non foi quen de conservalo entre nós.
Unha nova que nos enche, por unha parte de ledicia porque abre un horizonte de tranquilidade para os seus admirables armadores, Sesé e Jacobo, e de pena, por outra, por constatar outra volta que Vigo despreza o seu máis valioso patrimonio e a súa memoria como cidade marítima.Polo menos, este barco non acabou no despece, como o Campaláns, como o Roberto, como o illas Ficas.
¡Longa vida ao vello vapor vigués! e moita sorte nesta travesía lonxe de nós, desagradecidos.
Botaremos sempre de menos na nosa ría o fume branco da súa poderosa buguina.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
Un buen amigo me pasa este vídeo que muestra el corazón del Hidria II latiendo a todo gas en primavera de 2010 durante una de sus últimas travesías por la bahía de Vigo.
Es una pena que ni el Museo do Mar de esta ciudad, ni la Fundación del Puerto de Vigo, ni las asociaciones de Armadores, ni el Real Club Náutico, ni el colectivo de los grandes astilleros, ni... Tanto vigués viviendo ¡de p.m.! de la mar ¿y no somos capaces de mantener este trozo de memoria viva? ¡Qué miserables!
Publicar un comentario