IX ÉPOCA

5.8.07

Os ouros de Corina

Acabo de ver -o curto tempo que o meu corpo resiste estas experiencias extremas- un anaco do último pleno municipal. Mentres Iznogood Figueroa largaba o seu aburrido e chulesco discursiño, non puiden retirar a miña ollada da árbore de nadal que parecía C. Porro: anel, reloxo (un pelucazo de nova rica, un máis da variada colección de reloxos caros que lucíu nestes anos), dúas pulseiras, broche, colar e pendentes, todo, aparentemente, de ouro -non me imaxino que co seu glamour andase con bisutería, aínda que vaian vostedes a saber-. Todo ben grande, non vaia ser que non se notara o poderío provinciano tipo en-mi-casa-no-hay-miseria. Sorprende esta exhibición na discreta Corina, que durante o seu mandato locía máis a miúdo pérolas en orellas e colo. ¿Por que necesitaría protexerse con tanta metralla dourada?. Como dixo don Carlos, o diñeiro é o equivalente universal. ¿Será que para Corina todo ouro é pouco para compensar psicoloxicamente a triste perda do seu poder?.

Por certo, de paso, e non tan psicoloxicamente: ¿cando nos imos enteirar en que consistía o famoso convenio secreto coa multinacional holandesa ING Real Estate para o patrocinio da saída viguesa da Volvo, con cargo ao cal as axencias de publicidade Significantia e Abano, relacionadas con Pilar Egea -a xefa de Gabinete de C. Porro na alcaldía viguesa-, facturaron, por non se sabe aínda que conceptos, 677.625,60 euros?.

Porque non é ouro todo o que reloce.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

El que C. Porro luzca 'árbol navideño' o simple madero no es tema ni de media línea; sí lo es lo ING.

Anónimo dixo...

Si a envidia fora tiña.....