IX ÉPOCA

16.7.08

Os culpables do desastre



Dende estas páxinas de VB denunciouse reiterada e argumentadamente o desastre do saneamento en Vigo. Iniciado, conforme a criterios de planificación contemporánea, hai 25 anos co PESIV (Plan Especial de Saneamento Integral da Ría de Vigo), a suposta racionalización do vital ciclo da auga na nosa cidade, supuxo colocar sobre o tapete inxentes cantidades de diñeiro e, no estilo desta cidade, inmellorables oportunidades para os depredadores de sempre
Primeiro foi a escandalosa privatización de EMAVISA, Empresa Municipal de Augas, a cargo dun Soto que daba así o seu mellor golpe de efecto persoal, e que supuxo o disparo de saída para que canta actividade de servizo público do Concello fose vendida ao mellor postor (ata chegar á situación actual en que só lles queda por privatizar o subsolo, e estano facendo nun alarde de avaricia e de desprezo ao interese público que clama ao ceo). O gran segundo episodio, o da construcción da actual EDAR (Estación depuradora de augas residuais, vulgo depuradora) da Xunqueira do Lagares, aínda colea hoxe.
Toda a historia do saneamento vigués está chea de sospeitas, incompetencias e irresponsabilidades con nome e apelidos. Chea tamén de impunidade.

Ábrese agora a oportunidade, coa posibilidade da apertura dunha investigación da Unión Europea, de que se descubran os escuros sumidoiros que deglutiron miles de millóns a base de poñer tuberías e facer depuradoras que non funcionan. Durante moitos anos, o saneamento foi unha arma de caciqueo entre gobernos municipais, asociacións de veciños e pobres veciños. Os trazados da rede negociáronse a pé de obra cos caciquiños locais que ían dicindo por onde sí e por onde non pasaban os canos, coa empresa concesionario exercendo obediencia debida. Ata tal punto, que os planos de trazado inicial son hoxe irrecoñecibles sobre o terreo. VB sinalou máis dunha vez aos directos responsables desta situación, a aqueles que, obrigados a xestionar con eficacia e respecto ao interese público a evacuación e tratamento de augas residuais, dedicáronse só a sair na foto e levarse ben coas empresas concesionarias.
Cada goberno municipal foi vendendo os seus quilómetros de tubería sen dicir a ninguén que esas augas ían a ningures, sen realizar ningún dos controis obrigatorios sobre os vertidos industriais á rede municipal, e vendendo, ata a náusea, a cortina de fume do saneamento do río Lagares, gran coartada municipal para non acometer o realmente importante: a rede de saneamento.

Esperemos, nunca é tarde, que unha investigación a fondo da Unión Europea (están lonxe e non poden ser controlados polas redes de intereses de por aquí) poña no seu sitio a aquelas persoas que durante demasiados anos xogaron irresponsable e conscientemente coa nosa saúde e a do noso contorno. Se cadra, é a hora de que os seus nomes e responsabilidades sexan publicamente expostos, canto menos, para vergonza e escarnio público (na xustiza confiamos menos)

4 comentarios:

Pablo Eifonso dixo...

Se antes o dicimos... o colector de marxe de ría volveu outra vez a facer das súas na praia de Carril, en Alcabre. Xa facía tempo que a estación de bombeo non botaba para fóra. Unha hora de geiser de merda de 3 metros de altura e 60 cm de diámetro, contaminando aínds amías se cabe estas praias. A praia de Carril sufríu durante anos e ata hai ben pouco, o vertido continuado dun aliviadeiro do colector de marxe que -ao igoal cós existentes no Areal, Náutico e Bouzas- verten por fóra en canto caen dúas pingas de chuvia de máis-.
Cal é o sistema de monitoraxe destas infraestructuras para que se produzan semellantes avarías terceiromundistas? en mans de quen estamos?
A nova na Voz: http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2008/07/17/0003_6991112.htm

havi dixo...

todo isto ten que ver coa intención de camuflaxe que sempre tiveron os nosos políticos locais, ou sexa, pasar desapercibidos na merda.

Anónimo dixo...

¿Qué pasó con las denuncias de los ecologistas, efectuadas al SERPRONA, anunciadas en los medios de comunicación, sobre los depósitos de arena en el humedal del Lagares? Aún quedaron restos que forman un alteamiento en parte de la Junquera.

¿Qué pasa con las sueltas de lodos, con partículas altamente contaminantes, industriales? Sólo hace falta ver que dichos lodos llegan hasta las playas.

POR MENOS DE LO QUE PASA EN EL ESTUARUIO DEL LAGARES, DONDE INTENTARON ARRANCAR EL CARTEL DE ZONA PROTEGIDA QUE ESTA EN LA PUERTA DE ENTRADA POR EL PUENTE, ENTRADA A PASEO DE MOLINOS, EN LA COMUNIDAD VALENCIANA EL SUPREMO CONDENA POR PREVARICACIÓN Y DELITO MEDIOAMBIENTAL AL ALCALDE DE XERESA Y ADVIERTE QUE: «LOS HUMEDALES SON UNA SEÑA DE IDENTIDAD QUE DEBE SER APRECIADA».

Este fallo del Tribunal Supremo se puede utilizar para impedir delitos medioambientales y abusos urbanísticos en las zonas húmedas.

La condena, ratificada por los magistrados José Antonio Martín Pallín, Julián Sánchez Melgar y Diego Ramos Gancedo, de la Sala Segunda de lo Penal del Tribunal Supremo ha condenado al alcalde de Xeresa por el Partido Popular, Ciprià Fluixà, como autor responsable de un delito ecológico y de prevaricación medioambiental «en concurso ideal» con un delito contra el medio ambiente a unas penas que suman un año de prisión, ocho años de inhabilitación especial para empleo o cargo público, dos años de inhabilitación para profesión y oficio y dos multas que suman 48 meses a razón de 50.000 pesetas diarias (76 millones de pesetas).

En relación a las autorizaciones del alcalde para depositar, verter y aterrar el marjal –Zona Húmeda-, el Tribunal Supremo acepta la tesis del fiscal en el sentido de que las autorizaciones de vertido firmadas por el alcalde «no se encontraban amparadas por disposición legal alguna y que afectaban al "suelo no urbanizable protegido marjaleria B"». Estima el Supremo que se han vulnerado «una serie de disposiciones de carácter general y de ámbito autonómico», pese a los tibios informes elaborados por la Conselleria de Medio Ambiente, el concello,…y destaca, en sintonía con el fiscal, que esta situación de injusticia «sobresale más», si se tiene en cuenta que la zona afectada gozaba de protección municipal. Este mismo, o similar, caso pasó en la zona húmeda del Lagares con el depósito de arena procedente de la obras de Laxe y aquí ¡NO PASA NADA!

Sobre la interpretación que se debe dar a la legislación protectora del medio ambiente, los magistrados recuerdan, tal como hace el Ministerio Fiscal (el de allí, el de Vigo en el caso del Lagares no actúo ni de oficio ni con las denuncias que, según la prensa, efectuaron los ecologistas en el SERPRONA), que la jurisprudencia reiterada del Tribunal Supremo, en materia administrativa, ha declarado que LAS ZONAS HÚMEDAS “DEBEN SER PROTEGIDAS, SIN NECESIDAD DE UNA DECLARACIÓN ESPECÍFICA QUE LAS CONVIERTA, EN VIRTUD DE UNA ESPECIE DE ACTO TAUMATÚRGICO, OBRADO POR EL SIMPLE IMPULSO DEL BOLETÍN OFICIAL, EN ZONAS PROTEGIDAS. CUALQUIER PERSONA QUE ESTÉ SIMPLEMENTE INMERSA EN SU MEDIO, SABE DE ANTEMANO Y CON INDEPENDENCIA DE CUALQUIER DECLARACIÓN FORMAL, QUE LAS ZONAS HÚMEDAS CONSTITUYEN UN ESPACIO SINGULAR EN NUESTRA GEOGRAFÍA Y QUE, SÓLO POR ELLO, CUALQUIER ACTUACIÓN SOBRE LAS MISMAS, DEBE PRESERVARLAS DE CUALQUIER PELIGRO CONCRETO DE DESAPARICIÓN”.

EN MEDIOS JURÍDICOS SE CONSIDERA QUE LA SENTENCIA ES «MUY CLARIFICADORA» Y LOGRA, POR FIN, ESTABLECER UN MARCO JURÍDICO «CON POCOS RESQUICIOS» PARA CONSOLIDAR DECISIONES SOBRE PLANEAMIENTO URBANÍSTICO QUE SUPONGAN LA DESTRUCCIÓN O UN DETERIORO SIGNIFICATIVO DE LOS MARJALES VALENCIANOS Y OTRAS ZONAS HÚMEDAS DEL RESTO DE ESTADO.

Anónimo dixo...

Magnífico el Post y los comentarios, sobre todo el del anónimo. Pasando por varios Blogs de Vigo encontré algo muy interesante sobre estos temas. El comentario 1 en:
http://vigodebate.blogspot.com/2008/07/sentencias-de-derribo.html