IX ÉPOCA

9.6.08

Adeus laranxas, adeus camelias

Hai xa case cen anos, as crónicas de viaxeiros a esta cidade amosaban a súa solpresa pola belleza da ría e admiraban unha avenida chea de laranxeiras que evocaban paisaxes mediterráneas na finisterre atlántica. Eses anos poden ser os que teñan boa parte dos exemplares de laranxeiras e camelias que estes días arrincan impúdicas as máquinas que constrúen o absurdo e insostible aparcamento soterrado de García Barbón-Policarpo Sanz. Cen anos que serán de golpe borrados para seren substituídos polos horteras parterres e arboriñas en macetas que adornan a superficie do aparcamento de Urzaiz.
Trasládannas, aparentemente cun cepellón feito de mala conciencia, a algún cemiterio descoñecido onde, con moita sorte -se temos en conta a época do ano, idade e adaptación dos exemplares-, algunha logrará vivir. Se cadra, dentro dalgúns anos, alguén colocará, ao pé dalgunha que logre sobrevivir ao desterro, un carteliño de metacrilato no que se indique que esa vella árbore sombreaba, ab illo tempore, unha céntrica rúa de Vigo para admiración de foráneos e orgullo dos vigueses... dalgúns vigueses que consideramos que as cidades tamén se constrúen e medran con símbolos tan pequenos como unha laranxa amara que marca o paso das estacións e sinalará nos nosos corazóns para sempre o nome dos seus asasinos.
Á vista desta radical cirurxía das nosas lembranzas, resulta patético recordar a "polémica" que hai uns anos se producíu en Vigo cando por mor da rehabilitación da praza da Princesa, trasladáronse catro vellas camelias dende este lugar ata o xardín de Castrelos (onde creo que aínda viven un par delas nunha recoleta praciña preto da vella pista de tenis). Hoxe semella que a ninguén lle importa xa que se cepillen un par de centenares de antigas plantas que eran parte xa do noso patrimonio natural e cultural.
Sirva este post para despedirnos para sempre das vellas e amables árbores coas que Isabel, nun alarde de arriscada vontade gastronómica, preparaba, para as amistades, unha delicada marmelada de laranxa amara nacida nas beirarrúas dun Vigo que nos empeñabamos en facer vivible. Requiescat in pace.

15 comentarios:

Anónimo dixo...

Os levaran pra Portugal xa que esta moi de moda levar o patrimonio pra o país veciño, ata e posible que os poñan na plantación de Kiwuis que ten algun político/ca, moi coñocida nesta cidade e así poder seguir esprimindo... As naranxas.

Anónimo dixo...

De seguir por eses derroteiros, dentro de nada ningún rapáz que vaia a Vigo vai poder pensar o que pensei eu cando neno e fun ao centro. Dixenlle a miña nai que me levaba pola man: Estes de Vigo deben ser parvos, teñen os laranxeiros cheos de laranxas e nonas collen!! ...ela sacoume do erro: "Nonas collen porque son de adorno, son toronxas e amargan".

Saúdos!

Anónimo dixo...

Claro que si, muchisimo mejor los bonsais que pusieron en Urzaiz. Dan una sombra enoooooorme, caben familias enteras debajo de ellos.

Es estupendo, este ayuntamiento.

Anónimo dixo...

Muy saludable y brillante este articulo. Es bueno que alguien defienda nuestra niñez y todo su panorama.
Gracias Pablo Eifonso.

Marcos Andión dixo...

...Adios vistas dos meus ollos/non sei cando nos veremos...

Anónimo dixo...

OREMUS!

Anónimo dixo...

Sí Remo, as laranxas e certo que son amargas pero postas ali na plantación dos Kiwis, os emigrantes que traballan alí, con a fame que pasan nin se van enterar que son brabas. Faime caso
meu.

Anónimo dixo...

jejejejeje. ya lo decía el poeta (creo): "la hemeroteca es un arma cargada de... pasado" ¡¡que tropa!!

Anónimo dixo...

¡¡A BOUZA E NOSA!!

(Hay mira mis flores, mira mis flores…)


Hablando de naranjas, se sabe la cantidad de árboles arrancados? Ese dato que dais de la posibilidad de que estén en Portugal, es serio?

Cuando habláis de un político o política conocidos de esta ciudad que poseen una plantación de Kiwis en Portugal, estaríamos hablando de las mismas personas que están implicadas en el tema de la Bouza en Coya, (A BOUZA E NOSA, SE LEVANTARON EN PIE DE GUERRA LOS CIUDADANOS DE COYA, PARA EVITAR EL PRESUNTO PELOTAZO EN UNO DE LOS MÁS LINDOS PULMONES DE LA CIUDAD) Que reclaman al Concello 20 millones de euros por unas permutas del año 92 y que se vera en el juzgado de lo contenciosos este mes de Junio. (Información A. Diario 26/05/08 Pg. 8)

El Concello le ofreció la escandalosa cantidad de 8,7 millones.
¿Por qué no se ponen las cartas boca arriba y se cuenta a los vigueses clarísimamente como son los hechos reales?
Si tienen razón, porque no le pagan lo que piden? Sí no la tienen porque le pagan un solo céntimo de los contribuyentes?
¿No sería más justo que paguen con su patrimonio o con la cárcel, los responsables políticos del desaguisado?

¿O es que hay “PODEROSAS” razones para pagar y tragar?

Señores alcalde y teniente de alcalde, ¿No tienen ustedes nada que contar? ¿No me dirán que no saben nada del tema?

Si tenéis datos, aportarlos, no hacer como el numero dos de la oposición que sabe mucho del tema pero esta calladito, no valla a ser que le digan aquello de Y TU MÁS…

¿Qué poderosos personajes de la política están detrás de la operación?

¿Por qué el Concello ya en la etapa del PP les ofreció esta cantidad?

¿Serán los mismos que están detrás de la MACRO URBANIZACIÓN de Masso en Cangas?

CONTINUARA…

Anónimo dixo...

Atentos todos:

El viejo topo (No es el mismo que metio Marcos Andión en el viaje a Bruselas de los trajeados del corte ingles) Dice que estan muy avanzas las conversaciones de chemitachaletenborreiros y la trepadoraqueibaparadelfina, sobre el paso de esta ultima al grupo mixto, lo cual supondria la caida del hermanodecaín y santifelpudodominguez, creando un gran problema porque este ultimo ya vendio la caravana en playa America y se le vio sacando fotos a algunos chales de lujo. ¿Querra imitar a Castrillo?

Anónimo dixo...

D.Pablo, creo que nos merecemos una aclaración, por esta censura, cuando es pura realidad y al igual que otras muchas denuncias. Tambien podrian y sin ofender, aclararnos la tendencia sindicalista del blog.

Anónimo dixo...

Si todavía no te has enterado de por qué se han suprimido esos comentarios injuriosos (y penalmente perseguibles) no podrás comprender la razón. Por otra parte, como administradores de este blog estamos en nuestro derecho de reclamar que los comentarios se ciñan al tema propuesto en cada post.
En cuanto a lo de que son "pura realidad", será porque tu lo dices.
Tendré que aclararte, porque quizás no lo sepas, que la libertad de expresión es un derecho que tiene sus limitaciones.
¿Sabías que hay otros sitios donde verter esas "evidencias" a las que aludes? Claro que en esos ámbitos exigen algo más que una simple afirmación, además de provocar la exigencia de responsabilidades si no se puede demostrar.
Espero que te haya aclarado el asunto.
P.S.: Por lo que dices de la "tendencia sindicalista" de este blog, supongo que eres capaz de comprender que hay gente sin ninguna adscripción, sindical o política, orgánica. Pues este es nuestro caso, aunque tu creas que toda iniciativa responde a una exigencia orgánica. Estás equivocado, pero no creo que pueda convencerte de ello.
En todo caso, gracias por tu participación, pero no esperes que sigamos "regalando" este espacio a cualquier aventura.

Anónimo dixo...

Paseando o outro día polo parque de Castrelos, atopei unhas árbores novas prantadas á entrada, eran laranxeiras e camelias, e a xuzgar pola cor da súa corteza (ennegrezida polo paso do tempo ao carón do tráfico) creo que non hai dúbidas da súa procedencia, misterio resolto, non están en Portugal. En canto a Urzaiz, a min gustame moito os "mini" olivos e as flores, e non entendo a súa crítica, son dous modelos distintos, e ogalla todalas rúas de Vigo estivesen así de coidadas...

Anónimo dixo...

Confirmo, os que querían quedarse ca Bouza, son os mesmos do pelotazo de Masso, son os que lle mandaron a carta-bomba recentemente.

A solución non son as bombas, sonas movilización do povo contra os especuladores.

Pablo Eifonso dixo...

Yago, sinto disentir sobre que o de urzaiz sexa "un modelo": é sinxelamente o tipo de árbores que se poden plantar cando hai que facelo cunha placa de formigón debaixo. A función das árbores na cidade vai máis alá do puro adorno: contribúen a eliminar contaminación, producen osíxeno, dan sombra... e mesmo algunhas, pasan a formar parte do patrimonio dunha cidade.
Alégorme que, canto menos, as laranxeiras e camelias arrincadas intenten sobrevivir en Castrelos. Mágoa de que nunca volverán ao seu lugar en García Barbón e POlicarpo Sanz: elas tamén son incompatibles cos aparcamentos soterrados aos seus pés.