Teléfono 060 da Garda Civil para citas previas de Intervención de Armas e
Explosivos
-
Este cambio permitirá unificar e simplificar o proceso, mellorando a
atención aos cidadáns
IX ÉPOCA
14.6.08
Depuradora: vannos dando a razón
Os temas mediombientais en xeral, e os da xestión do ciclo da auga en particular, teñen sido un dos temas máis tratados no noso blog. A dura polémica sobre o fraude da Depuradora da Xunqueira do Lagares, os vertidos á ría e a sanción da Unión Europea, produciron moitos posts e comentarios en VB. Un dos nosos planteamentos foi a necesidade de non concentrar nun só punto todo o proceso de depuración. Polo que se ve agora, os responsables da Xunta e do Concello vanse achegando a este planteamento. Así o recolle a Voz de Galicia hoxe.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
8 comentarios:
D. Pablo, unha vez mais Vigoblog, por diante, noraboa.
¿A quien pertenece la consultura a la que Santos Héctor -hombre gris, donde los haya- encargó el informe del Plan Urban, que fué rechazado pro el sr. Solbes y en el que no intervino ningún técnico municipal, etc. etc.?. Santos, en la UGT, eras igual, te acuerdas.........
Por favor, anónimo, o teu comentario pertence a outro post do 11.06.08... pon máis atención e así facilitarás as cousas aos lectores de VB.
Perdón.
Claro que neste tema (e noutros moitos) "Vigoblog" vai por diante, como non podía ser menos!....A quen se lle ocorre poñer tódolos ovos na mesma cesta por moi barato que saia o transporte con ese sistema?....
E, cando obrigarán aos polígonos industriais a ter unha depuración previa a depuración xeral?.....
Saúdos!
Remo, a depuración nos efluentes das industrias, previa ao seu vertido na rede de saneamento é xa obrigatoria, xa que as ordenanzas xerais de medio ambiente do Concello de Vigo establecen uns parámetros máximos de vertido de determinadas substancias e obrigan a unha declaración de vertido. As propias informacións municipais, recollidas en varias ocasións en VB, admiten que menos do 25% das industrias teñen autorización de vertido á rede de saneamento. Estou seguro que unha parte moi importante dos problemas da actual depuradora veñen da recepción de vertidos industriais que nunca deberían ter chegado á Planta con carga contaminante ilegal.
Bueno…Pero y la concejala de medio ambiente que dice a todo esto como responsable de la cosa? Claro como esta en una fase de negociación de su futuro más inmediato con “chemitachaleenborreiros” por aquello de pasar al grupo mixto y tal y cual…
Aunque los expertos dicen que en realidad se pasara de numero tres al grupo popular en detrimento de “luciatrajeamedidadelcorteingles” que perdería posiciones a favor de la nueva “estrella” sobre todo porque no se fían de ella.
Hablando de depurar basura, cuando piensa el concejal de deportes del BNG, meter mano en lo que esta pasando en las piscinas, una empresa que estafa, un jefe de personal condenado que maltrata a las trabajadoras y denuncias en la prensa de ventas ilegales de bonos y materiales que se pasarian a otras empresas
AUDITORÍA XA
Publicar un comentario