IX ÉPOCA

30.1.07

¿Apagamos?


Mira por donde pode ser unha boa actividade esta que propoñen os franceses da Alliance: apagamos a luz cinco minutos e pensemos a cantidade de cousas que podemos facer sen gastar enerxía desa que custa cartos e guerras. Non sei se será suficiente pero , se cadra, dentro de nove meses temos unha explosión demográfica como naquel famoso apagón de New York. Ou igual nos da por pensar en outras vidas posibles. Vai ti a saber. Por se acaso xoves vou apagalo todo.

28.1.07

Verbum: solución final

Levamos máis de un ano falando da necesidade de reorientar o Verbum. É coñecida a opinión que temos sobre as medidas que ten tomado o goberno municipal destacando entre elas un convenio improductivo coa universidade, o nomeamento do director ou a oferta as editoriais para patrocinar novos módulos interactivos.
A lista de actividades do último mes é reveladora da incapacidade do seu xestor para elaborar un proxecto coherente e dá unha idea da súa desesperación por conseguir unhas cifras de visitas que xustifique o seu nomeamento e soldo. Vexan:
- Unha exposición de xoguetes, tema muy relacionado co obxecto do museo
- Unha de comics, menos mal, parece que endereitamos a cousa
- Un concerto de Gospel, palabra cantada ou palabra de dios?
- Obradoiro de papiroflexía ou que facer cos libros cando non se len?

E xa no colmo da creatividade, o Sr. Cea matina que sería interesante facer unha campaña de animación á lectura. Sen pensalo duas veces -ménudo derroche- invita a uns amigos a que constitúan unha empresa -hai que ver o rápido que se aprenden os hábitos da externalización- e firma un contrato. O Sr. Director e o concelleiro encargado, Lopez Chaves, deberían saber que a cidade conta con lugares máis axeitados para este tipo de actividades. Deberían achegarse ó edificio Ferro, e comprobar que contan con un espacio na biblioteca especialmente pensado para os nenos e nenas que queiran achegarse á lectura. Hai que recoñecer que Samil tamén ten vantaxes, pois por un euro podes deixar unha nena ou neno mentras vas tomar o vermú como cando eras xoven.
En todo caso, a irresponsabilidade na xestión cultural da cidade ten un novo exemplo na ausencia de ideas para darlle contido a unha institución que, como noutros casos, queda reducida a un edificio de deseño "Por tela" e a un dispendio de cartos públicos.
Ante a desidia do Sr. Conselleiro que debe gastar tódalas súas enerxías en quedar ben no Parlamento de Galicia e a inoperancia do director do múseo, Vigoblog acepta, con pena pero con determinación, que o Verbum deixe de ser museo. Tras longas deliberacións, acordamos que o edificio, agás a zona do cafe-restaurante, debe transformarse na Alcaldía de verán de C. Porro. Cun pequeno presuposto podería dotarse de piscina, solariúm, un paso elevado ata a praia e un ximnasio para manter en forma ós 10 policias locais que prestarían alí o seu servizo. Somos conscientes que os cento e pico dias que lle quedan na alcaldía van ser moi acalorados e, polo ben da cidade, debería pasalos relaxadamente ó sol. O Sr. Cea, entrementras, podería ser trasladado a vias e obras, que o rapaz vale para todo.

25.1.07

Non haberá Plan

Díxoo a Conselleira hoxe, e levámolo dicindo en Vigoblog dende hai meses: as modificacións que hai que realizar no documento do PXOM, son de calado, ou sexa, substanciais. Estamos convencidos –e aquí vai unha das nosas xa famosas, e polo de agora acertadas, prediccións- de que tales modificacións non se realizarán correctamente, sinxelamente porque serían, de realizarse efectivamente, de coherencia imposible co resto do documento; obrigarían, en todo caso, a un cambio a fondo de toda a documentación e a iso non están dispostos, nin poderían tampouco facelo en dous meses. Serían, noutra orde de cousas, imposibles porque afectarían necesariamente aos intereses dalgúns que xa contan con que se faga efectivo o acordado.

A nova histrionada de C.Porro/Figueroa/Toba, e do que faltaba... Santi, acusando á Xunta de Galicia de parcialidade na resolución de suspender o Plan, para logo sacrificarse e ceder en todo polo ben da cidade, só persegue preparar a seguinte escenificación do drama, cando a Xunta –como é previsible- diga que as correccións non están ou están mal feitas e, en consecuencia, non aprobe o Plan.

C.Porro/Chema/Toba Girón levan catro intensos anos (que comezaron co acoso e derribo de Ventura Pérez Mariño) poñendo toda a carne no asador para agrupar os intereses directos e indirectos creados en torno ao seu particular PXOM, para provocar unha presión insoportable sobre a Consellería de Política Territorial á hora de dar a preceptiva aprobación definitiva. Calcularon mal. Confiaron demasiado na forza dos grupos de presión que os substentan e na influencia pública do voceiro local subvencionado; deixaron todo o peixe vendido, deron instruccións para que nada importante se modificase... pero non contaron con algo evidente para moitos: a febleza xurídica e técnica e a incoherencia esencial do documento.

BNG e PP créron xeralizable a súa infumable soltura para dar bandazos segundo sople o vento, reos da súa ignorancia esencial e da súa volubilidade fronte ao poder real. Pero deron coa firmeza dunha conselleira que sabe do que fala, e que non está disposta a comprometer o seu futuro persoal e a súa credibilidade política e profesional, aprobando un documento ilegal, facendo caso omiso aos numerosos informes técnicos desfavorables do propio Concello, da Xunta de Galicia e da Administración do Estado, que se acumulan sobre a súa mesa.

Pero, ademais, no caso hipotético de que colasen as correccións, un último paso obrigatorio, que ninguén nos quere contar, tería que darse: o documento resultante debe pasar por un novo período de exposición pública, alegacións, resposta ás mesmas e correccións, se procede, subseguintes.

O numerito dos dous meses da Porro non só espanta á razón por extemporáneo, senon que pon de manifesto a desvergonza á que se pode chegar cando toda a filosofía política que se atesoura colle no garabanzo agochado baixo o cubilete dun trilero. O problema dos trileros, xa se sabe, é que na avaricia de apurar o timo, non lle dea tempo a pregar a mesa e fuxir asubiando antes de que chegue a policía.

Negociando

Sube una señora al vitrasa y se acerca a otra que está sentada
-UUfff, que frio hace!
-Bueno, hace menos que ayer.
-¿Verdad? Parece que hace menos...
- Ya, pero hoy le llega bien...
- Si, la verdad es que hace mucho frio..
-Pero, mira, si tiene que hacer frio que lo haga...
-Tienes razón, pero yo preferiría que no....

Este relato se basa en hechos reales por lo que cualquier parecido con la negociación entre Caride y Porro es pura...verdad.

24.1.07

PXOMs, miscelánea delictiva

Ayuntamiento de Mogán, Las Palmas de Gran Canaria... moi lonxe de Vigo, claro.

... Comezaron investigando un convenio urbanístico tras unha denuncia e descubriron que a "materia" pode estar nas negociacións con promotores e constructores durante a elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal dese Concello.

Información de Canarias 7:

El Plan General es la base de la investigación
El juez precinta el despacho de arquitectos que elabora su redacción


El titular del Juzgado de Instrucción número seis de San Bartolomé de Tirajana, José Alexis Reyes, ordenó ayer el registro de un despacho de arquitectos de Las Palmas de Gran Canaria, contratado por el Ayuntamiento de Mogán para la redacción del Plan General de Ordenación Urbana, tras comprobase, a través de las escuchas telefónicas practicadas a los encausados, que algunos de los presuntos delitos por los que fueron detenidos están relacionados con la negociación de este Plan con empresarios del sector inmobiliario y de la construcción. De hecho, uno de los detenidos ayer, el ex jefe del área de urbanismo, Marcelino Martín, continuaba trabajando en el despacho de arquitectura en el documento de redacción del Plan General.

Cuando el pasado mes de mayo la concejal Carmen Delia Melián decide poner una denuncia ante la Fiscalía Anticorrupción, el Ayuntamiento de Mogán estaba inmerso en las negociaciones con empresarios, comunidad autónoma y vecinos, para la presentación del único Plan General de Ordenación Urbana de los últimos 30 años para este municipio. La denuncia de la concejal se ciñó a un hecho puntual, como es el incumplimiento de un convenio con la empresa promotora Anfi Tauro y la presunta desaparición de tres parcelas municipales, pero la investigación toma rápidamente un rumbo muy distinto, centrándose en las conversaciones que los acusados sostienen en las negociaciones del mencionado Plan General.

En ese momento, el alcalde, Francisco González, y la primera teniente de alcalde, Onalia Bueno, reciben en sus despachos las visitas de promotores urbanísticos del municipio, y algunos de la Península, interesándose por las oportunidades que el nuevo Plan General otorga al municipio. De la misma manera, se comprueba que varios técnicos municipales también negocian con particulares determinados aspectos del Plan General, que contempla, fundamentalmente, un aumento considerable del suelo urbano en el casco y en Arguineguín y una amplia zona industrial.

Los investigadores logran averiguar también las maniobras de algunos funcionarios municipales para colocar terrenos a distintos empresarios sabiendo que estos serán recalificados si finalmente se aprueba en Plan General, que en estos momentos somete a revisión la Consejería de Medio Ambiente del Gobierno de Canarias tras las alegaciones presentadas por vecinos, empresarios y colectivos ecologistas. Hay que tener en cuenta que Mogán sólo cuenta con normas subsidiarias que han obligado al Ayuntamiento a las constantes revisiones puntuales para el otorgamiento de licencias. Es más, en el ámbito turístico, las licencias concedidas por el Ayuntamiento se remontan a la anterior Corporación, antes de la entrada en vigor de la moratoria turística.

Las escuchas practicadas a los detenidos acumulan numerosos citas con intermediarios y empresarios con los que se negocia su ubicación y posibles las compensaciones para el municipio.


Admítense comentarios, mesmo malintencionados.

FOTO: Canarias 7

21.1.07

Claro que é política, pasmóns.

É verdadeiramente impresentable que políticos profesionais desprestixien a decisión da Consellería de Ordenación denegando a aprobación definitiva do PXOM empregando a palabra política como se fora o peor calificativo do mundo. Tanto a candidata Porro como o candidato Domínguez non atoparon mellores argumentos para defender as súas posicións (febles posicións por tanto).
Polo visto a C. Porro gustaríalle unha decisión técnica, algo así como a súa proposta técnica de depuradora en Silleiro que non dubidou en abandonar a favor da decisión "técnica" de poñer a nova depuradora enriba da vella despois dunha conversa co "técnico" conselleiro Vázquez. Sería interesante que aclarase se humanizar o entorno de Balaidos é tamén unha decisión técnica ou se pensa que o método Figueroa de separar técnicos é, en si mesma, unha decisión técnica.
Conviría que para mellor orientación dos votantes, o candidato Domínguez aclarase se é unha decisión técnica promocionarse xunto con deportistas de elite en vez de, poñamos por caso, aparecer exclusivamente ó lado do deporte base que tan ben coñece, ou si a súa política informativa con espacios pagados pola dirección xeral nas emisoras locais obedece tamén a criterios técnicos. De paso, sería bon que se decatara que técnicamente non está moi de acordo co seu xefe e , lamentablemente, empeza a actuar como refén do mellor (sic) do BNG local lonxe de outras sensibilidades máis razonables.
Sería bon que ambolos dous se aclararán porque , se cadra, sendo consecuentes terían que retirarse da carreira electoral para que o próximo alcalde ou alcaldesa fose seleccionado por oposición (claro que, nese caso, igual non tiñan tantas opcións).
Os nosos vergoñentos políticos Domínguez e Porro empregan a palabra política cun pouso antigo que nos leva a tempos do franquismo con aquel dictador que recomendaba non meterse en política..¡manda carallo!.
Deberían aprender dos técnicos que non teñen problema nengún en facer política "codo con codo" coa alcaldesa como é o caso do xerente Rivas ou ben agachados nun retribuido silencio como Consultora Galega. Pero o máis noxento, o que lle debería facer caer da burra, é que coincidan con ise personaxe tan apólitico chamado Font.
Pois claro que é política, pasmóns. Ordenar e deseñar unha cidade é política porque se trata de establecer criterios para resolver as necesidades dos cidadáns e, para empezar, xa existen diferencias entre o que uns e outros consideramos cidadáns . Porque o desenvolvemento pode ter moitos direccións e ser sostible ou insostible. A política, pois -e vostedes terían que defendelo diante de todos- é esa actividade que consiste en debatir e ganar adhesións para aquelas ideas, formas de organizar, valores e criterios que un defende. Tal e como vostedes fixeron chamando ós seus axentes sociais, buscando os apoios dos medios de comunicación e desprezando ós seus opoñentes. E tal como fixeron outros expresando as súas ideas ou recabando apoios públicos.
Agora, gracias á decisión política da consellería, teremos ocasión de discutir e dar razóns e non só manipulacións. Teremos que discutir por qué se fixeron estimacións tan distorsionados do crecemento da cidade, por qué non hai previsións en infraestructuras básicas, por qué tanta ocupación do solo. Qué cidade defende Sr. Domínguez: a que ideou o Sr. Toba chantando torres polo rural? Que cidade defende Sra. Porro: a que dignifica o centro e deixa sen servizos os barrios?
E non é o momento de presas, Sr. Caballero, gustarianos oir tamén a súa idea de cidade. Queremos un debate serio, con argumentos. Poñan en valor a política e, sobre todo, respecten ós cidadáns que cos seus impostos e os seus votos fan posible que vostedes estean donde están.

O PP e o PXOM, tempos aqueles

Era o Pleno de 30 de decembro de 2004, no que se aprobou inicialmente o novo PXOM de Vigo. Na intervención do edil do PSOE Mauricio Ruiz, recollida na acta, cítanse parágrafos recollidos na prensa con declaracións de C.Porro:

Pleno de 30.12.2004
Fala Mauricio Ruiz
(...)
"O mesmo estivemos dicindo durante un ano co tema das alturas, non é que a edificación en altura sexa mala por natureza, é mala onde se está a dicir que se pretende construir. Non o dixemos nós sós, tamén o dixeron outros grupos. Sábado, 13 de setembro de 2003: “O PP oponse á construcción de torres na avenida de Beiramar; Porro di que non se pode crear unha nova barreira de edificios fronte ó litoral da cidade”. Leo: “O grupo municipal do Partido Popular oporase a que o novo Plan Xeral contemple a posibilidade de construir edificios de ata vinte plantas na zona comprendida entre a rúa Jacinto Benavente e a avenida de Beiramar. Segundo o documento do Plan Xeral nesa zona se pretenden substituir as actuais naves industriais por bloques de edificios separados entre si, con altura máxima de vinte pisos. O Plan prevé que parte das plusvalías que se xeren para a construcción dos edificios se adiquen a financiar o traslado das industrias existentes na zona, na súa maioría relacionadas co sector do frigorífico. A ordenación substentaríase no tirón urbanístico que suporía o futuro auditorio de Casa Mar no que se considera por parte do equipo redactor do Plan Xeral un cambio total de fisonomía da cidade e contorno. “En primeiro lugar non nos parece ben esa solución urbanística porque se pretende crear unha nova barreira de edificios ante a liña que actualmente forman os inmobles de Torrecedeira, sería un novo obstáculo na zona do litoral”. Manifestou a voceira do grupo municipal do PP, Corina Porro, actual Alcadesa”.
Porro puxo este caso coma un exemplo das discrepancias que a priori pode ter o Partido Popular sobre o anuncio do novo Plan Xeral de construir bloques en alturas. “Nalgunhas zonas estamos de acordo sempre que as torres servan para liberar espazo e superficie que se adique a zonas verdes ou de esparcemento, pero non se debe acometer esa práctica como norma xeral no novo Plan. Haberá que discutir en qué lugares é conveniente facelo e nos que non sería bo acometer este tipo de actuacións”, insistiu a voceira do Partido Popular no Concello de Vigo."

Vése que C.Porro mudou de opinión. Éche o que hai.

20.1.07

BNG e PXOM, tempos aqueles (2)

Isto de buscar nos caixóns segue dándonos perlas. Agora unha intervención de Castrillo, como portavoz do BNG no Concello de Vigo nun Pleno de 16.04.1998. Discutíase o PEPRI Finca do Conde, presentado polo goberno do PP de Manuel Pérez. Si, trátase do famoso pelotazo de Finca do Conde, apoiado anos máis tarde polo BNG e o PP e que costou unha das maiores broncas dos dous socios de feito fronte ao alcalde Ventura Pérez Mariño e a posición do concelleiro do PSOE Mauricio Ruiz, contrario ás pretensións de ING Real Estate, propietario do Centro Comercial:

PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR (PEPRI III-02), FINCA DO CONDE

16.04.98

PÉREZ CASTRILLO: (...) Efectivamente é moi expresivo e a nós, ó BNG, a mín persoalmente, o que me dá en pensar é que os informes da Xunta se fan á carta, á medida, dependendo do que sexa, ou dependendo do goberno que sexa entón fan os informes, ou do que lle interese politicamente o delegado de turno.
Evidentemente esta é unha ordenación que formalmente cabe dentro da ficha pero hai outras posibles, xa o dixemos; hai un avance que ten unha ordenación de bloques abertos en seis alturas máis cuberta. Hai outras posibilidades de ordena-la zona que non se contemplan e sen embargo se contempla a máis agresiva, a que máis rompe a estructura da zona, a que segundo o equipo redactor da revisión do Plan xeral sería a menos idónea, porque segundo o avance do Plan xeral a “sky line”, é dicir a liña do ceo de Vigo non debería ser máis alá de 4 ou 5 plantas. Eso dío no avance da revisión do Plan xeral o equipo redactor que vostedes contrataron. Agora van vostedes e lle plantifican tres torres, dúas de 16 e unha de 10. Toma “sky line”, toma liña do ceo.
Eu unha recomendación que lle fago ó Sr. Leri, unha idea: o mellor que se pode facer alí é colocar un cable dende a última torre ata o edificio do piricoto e poñer un teleférico; é o único que podemos quitar en limpo e ver todo o val do Fragoso en teleférico, porque eso é o que vai se-lo val do Fragoso daquela. Entre o piricoto e estas torres é o que van vostedes lograr. Por eso Sr. Pérez si vai pasar á historia, seguramente polo pazo de congresos non pasará, polo multiusos tampouco; agora vostede vai plantar unhas cantas torres na metalúrxica e outras no val do Fragoso, bravo.

BNG e PXOM, tempos aqueles

Así se manifestaba o portavoz do BNG, Pérez Castrillo durante o mandato como alcalde de Manuel Pérez (PP). Intervencións recollidas en actas dos Plenos do Concelllo de Vigo en 1996 e 1997. O asunto do que se trataba vai en maiúsculas, (as negritas son nosas):

AVANCE DE MODIFICACION PUNTUAL NUM. 7 DO PXOU NO AMBITO DO NUCLEO 11 11 SAMIL 2 A (PLANEAMENTO).

Pleno municipal do 08.02.96

Fala Pérez Castrillo no apartado de debate previo á votación

(...)
Vostedes están quedándose tan sós como se quedaron coa subida de impostos; daquela aínda os apoiaba D. Manuel Fraga e D. Mariano Rajoi, desta volta pois haberá que preguntarlles a ver se os apoian ou non. O único apoio que teñen na cidade é dun señor que é xerente --curiosamente e paradoxica ou sintomaticamente-- da asociación de promotores, é o único apoio, o Sr. Miguel Font que foi nestes últimos anos o maior axitador en contra do Plan Xeral aprobado no 93 e que dende a aprobación do Plan Xeral ven atacando sistematicamente este Plan. E este é o único apoio que teñen vostedes, en Samil, na Panificadora e nas modificación puntuais que vaian facer do Plan Xeral do 93 seguramente vai seguir sendo el o maior apoio que teñan. E entón eu preguntome: pois moito poder terá un só individuo para vostedes sentirse cubertos socialmente para facelo que van facer. Moito poder vai ter este señor para que vostedes representen en Vigo simplemente ó xerente da Asociación de Promotores, nin siquera a tódolos promotores, ó xerente e a un sector da asociación de promotores. Vostedes están abrindo un perigoso precedente, comentábamolo antes. Dende logo eu concordo con outras intervencións que aqui houbo no sentido de que esta é a primeira ficha do dominó, que se cadra agora vostedes teñen un interese tamén en que o aparcamento municipal de Samil xere algo de gañancia porque realmente aquelo está morto, non rentabiliza para o Concello, aquelo ben edificado ordenaría, sanearía e meteríanos no primeiro mundo en vez de meter coches; ó mellor tamén queren actuar sobre el. Sobre a revisión do PERI de Bouzas ó mellor tamén queren actuar sobre el e menos mal que está alguén alí en Bouzas, menos mal que afortunadamente aínda hai que veciños que se van opoñer a eso. Pero é un precedente perigoso porque vostedes queren converti-lo litoral vigués dende Teis áta Saians como un gran negocio para persoas concretas, e eso é unha caixa de Pandora que se abre e logo cando vostedes queiran pechala a ver se ó final van estar mesmo vostedes asustados do que alguén lles obrigou facer. E o mesmo pasa coa revisión do Plan Xeral do 93, ollo que ese tamén é o nucleo central e que seguramente haberá moita xente que teña moitos intereses económicos aí. Cuidado porque eu creo que estas cuestións se saben como empezan pero a ver se acaban como D. Manuel Soto coa adaptación do Plan do 90, a ver se outra vez volven facer bo pero pola negativa a outro alcalde, a ver se Pizarro se queda curto co tempo. E unha advertencia Sr. Alcalde, xa sabe que eu a nivel persoal incluso lle podo ter certo afecto, é un consello que lle dou, teña conta do que lle digo e non abra a caixa de Pandora non vaia ser que por estar mal aconsellado fíxese vostede a donde vai levar. A mín cónstame que se cadra vostede non quere ser parecido a ningún especulador, ó mellor equivócome e ó mellor vostede quere ser o alcalde e o representante deles.
En todo caso miren vostedes, para nós a alternativa pasaría por retirar esto agora, xa sei que non o van retirar que só van aceptar suxerencias, supoño que as suxerencias do Sr. Font, porque os veciños de Navia xa dixeron o que tiñan que dicir, os de Alcabre e algúns outros; entón supoño que as suxerencias serán a maiores do Sr. Font ou dalgúns promotores particulares pero, en todo caso, eu aínda confío en que vostedes non leven adiante este Avance, que nos poñamos a falar todos, primeiro de que queremos facer co litoral vigués, non dunha actuación concreta, volvamos de novo ó consenso do 93 sobre que hai que facer ou non facer no litoral vigués inmediatamente e estratéxicamente. Poñámonos de acordo porque todos queremos facer de Vigo algo que se poida vivir, que poida ser atractivo para os visitantes, podemos poñernos de acordo, poñámonos de acordo. Para nós dende logo a cuestión sería como obxectivo sería ampliar toda a zona do litoral, rexerar toda a zona do litorar, gañala para espacios libres, para espacios de lecer e de uso público e protéxelos dos especuladores. O Sr. Gil Sotres dí que non, que agora con esto xa os protexen dos especuladores, pois dígallo ós tres ou catro promotores que están alí. Vaiallo preguntar, ós propietarios desa zona se así favorece ó litoral ou non. Nós apostamos por consegui-la maior cesión posible en toda a liña da Av. de Samil, agás onde por razóns xa imposibles se poida facer, levando o máximo das edificacións ó fondo do ámbito e sempre con calquera variante da tipoloxía unifamiliar. Con eses tres ou catro promotores que son se cadra os maiores propietarios nese ámbito, pois mire eu creo que cos promotores non hai que ter moito diálogo democrático, ou entran polo aro ou non entran. O diálogo ten que ser coa sociedade, non cos promotores cando estes teñen unha visión especulativa das actuacións, e en todo caso, convencelos de que fagan negocio noutro lugar e non neste.



AVANCE DA REVISION DO PLAN XERAL DE ORDENACION URBANA.
31.07.1997

Fala Pérez Castrillo no apartado de debate previo á votación:

(...)
Hoxe saen unhas declaracións do Sr. Font, o xerente da Asociación de Promotores e esa asociación está nas antípodas do que o BNG defende na revisión e sen embargo resumía cunha feliz frase as impresións que lle mereceron esas reunións da comisión de seguemento, unha frase incluso brillante para él: "O equipo de Goberno non sabemos se quere tortilla ou se quere paella, pero en todo caso, elixan o que elixan, parece que teñen claro que a paella vana facer sen arroz e a tortilla sen ovos". Fíxese vostede que estou nas antípodas do que pode defender APROIN no que é a revisión do Plan Xeral, ó que teñen manifestado alí, e dende logo coincidimos na valoración de que vostedes polo menos alí demostraron eso. Non sabemos se vostedes queren tortilla ou paella agora que dende logo a paella queren facela sen arroz e a tortilla sen ovos.

(...)
Conclúo dicíndolle que o Plan Xeral do 93 podería ter moitos defectos, pero voulle dicir unha cousa: vostede dicía que o Plan Xeral do 93 demostrou coas sentencias do Tribunal Superior de Xustiza que un plan de consenso non necesariamente é bo ou que pode ser malo. Un plan que non fomenta o consenso, un plan que non se basea no diálogo, na transparencia e no consenso, necesariamente é malo, por forza é malo e por forza non defende os intereses xerais.

No ano 1999, Pérez Castrillo foi proclamado alcalde de Vigo, posto que exerceu ata mediados do ano 2003. Parece que o poder exerce deteminadas influencias e, por exemplo, o Sr. Fonto pasou de estar nas antípodas a ser compañeiro de viaxe na planificación urbanística. Nono dubiden, o que cambiou, seguro, foi o Sr. Font.

19.1.07

La cara del que sabe

Hay mar de fondo en las empresas de por aquí. En las principales, sobre todo. Al tsunami provocado por el anuncio de la pre jubilación de Javier Riera en Citroën, siguió la defección (voluntaria u obligada) de Alfonso Paz Andrade como consejero delegado de Pescanova, que se completa sólo dos días después con el último anuncio de la empresa que preside Manuel Fernández de Sousa, a poco del anterior sobre su "deslocalización" a Mira (Portugal) porque Pérez Touriño (M.F. de Sousa, pasa de referirse a él como Presidente, como hace el PP con Zapatero) no le deja usar a su antojo la costa protegida de Touriñán.
Puede que me esté pasando de suspicaz, pero a mí esto me parece más un pulso al gobierno gallego que una decisión puramente empresarial. Algo así como un órdago en plan: "Pues si no me das lo que quiero, cojo los bártulos y me voy". Diríamos que se trata de un nuevo "corrá", como el que el "pobre Fernández" nos ha colocado en A Guía. Son las cosas que tiene ser "el que sabe".
Y, entonces, voy yo y no me resisto a pedir ayuda a Agustín García Calvo (Amancio Prada le puso música y voz) para que nos explique, mucho mejor que puedo hacerlo yo, cómo reconocer...

...La cara del que sabe

Cuando veas al hombre de banca
dinámico y grave
que en la ranura de su coche
introduce la llave,
mientras habla con un cliente
importante,
y con mano segura
agarra el volante,
verás, si te fijas, en el cristal
la cara del que sabe.

En la escuela, al salir de recreo
al patio empujándose,
si ves a uno que lo llaman
el Capacobardes
que le escupe en la oreja al tonto
de la clase
y se planta aguardando
que el otro se arranque,
helados de vidrio verás allí
los ojos del que sabe.

O si ves por la turbia ventana
de frente a su amante
a la querida que, ya seca,
se aferra al cadáver
de su amor, y a cuchillo dice
«Como escapes,
te lo juro, aquí mismo
me siego el gaznate»,
grabado verás en la blanca piel
el signo del que sabe.

En la foto del jefe de estado
que fija el instante
en que él, sentado ante un decreto
de muerte de alguien,
en penoso deber la pluma
de oro blande,
cuando firme la firma
de un trazo la trace,
trazada en su frente la puedes ver
la marca del que sabe.

O si no, en el neón del espejo
del bar de 'My darling'
si ves al chulo que a su rubia
le dice, fumándole
de nariz, «Que nanay, nenita,
que tu padre,
y cuidao con el rímel,
que no se te empaste»,
posada en sus párpados la verás
la fuerza del que sabe.

Y si asomas, en fin, al estudio
de altos cristales
donde el cerebro de la empresa
dibuja los planes
de la ruta futura, y corre
recto el lápiz
y a derecho y a regla
los borra los árboles,
guiada verás de la pura ley
la mano del que sabe.


Todos tienen su idea: son ellos
los reyes del aire.
Y si tú ves que, cuando a todos
los cierre en la cárcel
de los versos y que la música
ya se apague,
yo me quedo a las nubes
mirando distante,
recuérdame y dime «La veo ahí
la cara del que sabe».

¿En qué estaría pensando el bueno de don Agustín cuando escribió esto?

FOTO: www.aduaneirossemfronteiras.org

18.1.07

Arcaballero IV ou Abel en estado puro


Xa empezamos.Estes candidatos deben pensar que aquí todo vale e Arcaballero xa nos quixo colar a primeira cunha simple "sincronización" de axendas.Hoxe saio de martir prometendo a inmolación,mañan entrevista coa conselleira,e o outro día ,ela coa ministra.Todos van prometer e así o candidato pasará de pre-martir a redentor.O tema é o de menos (AVE neste caso), pero xa será outro calquera.Iso sí,chegará a data das eleccións e a variante de Cerdedo seguirá sen licitar.Total... o caso é empezar a campaña como sexa.Pois non !NON VALE TODO!

14.1.07

O Castro

Xa o pediamos hai tempo dende Vigoblog: demoler o edificio Montemar, antigo Restaurante El Castillo, ese adefesio en falso histórico propiedade do Concello de Vigo, que ocupa ilegalmente parte da muralla do Castelo do Castro. Parece que finalmente se impón algo de racionalidade: o proxecto municipal, o sábado anunciado polo oficioso portavoz patrocinado do goberno municipal, prevé a súa demolición e, o que é máis importante: a inclusión desta acción nun proxecto máis amplo para o conxunto do parque.

Máis dúbidas temos sobre o resto das propostas que se inclúen, como a da utilización intensiva do subsolo para seguir construíndo na zona. Parécenos moi ben que, por fin, o Concello se plantee, canto menos sobre o papel, a recuperación integral do Parque do Castro. O Castro contén valores e recursos históricos, naturais e sociais moi importantes para Vigo e son estes os que deben ser protexidos e aquelados para o disfrute e comprensión de todos. É sobre eles, e non sobre a consideración aséptica deses espacios como mero solar a urbanizar con algunhas cargas históricas, sobre os que se debe articular seriamente calquera proxecto de recuperación e mellora do uso público.


En primeiro lugar, coa reducción da presión urbanística sobre o xa mermado espacio, moi reducido pola invasión progresiva de edificación e urbanización das súas ladeiras. Ás zonas xa perdidas a favor da especulación, como a ladeira limítrofe coa Vía da Hispanidade, ou Marqués de Alcedo, non se lle debe agora sumar a operación do mesmo carácter prevista no Plan Xeral na zona da rúa Arines e Praza de España.

En segundo, a plena recuperación da muralla do Castelo do XVII, cun proxecto intelixente de musealización e, en ningún caso, de utilización do espacio para outros usos distintos aos da plena consecución dunha óptima lectura histórica e arqueolóxica do recinto. Dentro desta recuperación débese incluír a magnífica rede de galerías e minas e conduccións subterráneas de auga de carácter histórico que teñen a súa orixe no Castelo e percorren as súas ladeiras.

En terceiro lugar, ningunha actuación no monte do Castro debería facerse sen articularse co respecto e comprensión do monte como antigo poboado da idade do Ferro e Romanización, auténtico berce, xunta co núcleo urbano romano do Areal e do Casco Vello, de Vigo. Neste sentido deberían acometerse estudios en profundidade para completar o coñecemento dos restos existentes, realizar as excavacións arqueolóxicas precisas para descubrir os que de seguro faltan por coñecer e dispoñer o conxunto como un xacemento visitable de acordo cos planteamentos da museoloxía actual.

Por último, as actuacións deberan ter presente, articulada e dependente das consideracións histórico-arqueolóxicas, o planeamento da cuberta vexetal para facela compatible, por unha banda, coa preservación e comprensión dos restos históricos e, por outra, co carácter de miradoiro privilexiado e zona verde que o monte do Castro sempre tivo e ten para os vigueses.

Complementariamente deberíase plantear a mellora da accesibilidade, co menor impacto posible sobre a súa topografía e vistas Isto pasa, posiblemente, por prever medios mecánicos de subida nalgúns puntos e, tamén, por fixar unha liña de transporte publico permanente con paso pola rotonda superior.

Pensamos que, no seu caso, os equipamentos que se deseñen nun proxecto de rexeneración integral do noso monte por antonomasia, deben estar dirixidos exclusivamente a dar cobertura aos aspectos que dan valor engadido ao noso monte: arqueolóxicos, históricos, paisaxísticos, naturais e de zona verde. Para sedes institucionais e demais virguerías soterradas, outros lugares haberá máis apropiados.

FOTOS:
- O Castro nunha postal do anos 60-70 do pasado século
- Vista aérea do Castro na actualidade (Google maps)

11.1.07

Os Sen teito aos pisos de Rosalía de Castro


Botamos de menos a C.Porro onte na manifestación dos sen teito diante do MARCO. Sen dúbida a súa ausencia debeuse a compromisos ineludibles, pois sabemos que ela ama, por enriba de todo, aos pobres da terra, como xa demostrara aquel marabilloso día no que se retratou con eles, cual película de Viridiana, brindando no cuchitril dos antigos baños públicos da rúa de Elduayen, nos que, con máis voluntarismo cá medios, dánlles bocata, conversa e café os Serenos do Casco Vello.

Como a mani de hoxe reclamaba un albergue público, lonxe da caridade das congregacións relixiosas e como, polo que se ve, a proposta chapuceira da Vicepresidencia da Xunta neste tema non convence a niguén, dende Vigoblog facemos unha proposta con absoluto convencemento e seriedade, para que a recollan os convocantes desta xusta mobilización:

Transformar no mellor albergue público de Galicia para persoas sen teito, os 50 pisos sen estrear, propiedade do Concello de Vigo na urbanización de Rosalía de Castro, que dende hai máis de unha década permañecen baleiros para maior vergonza de quen o permite (¿nono saberá o movemento okupa?). Estamos certos que a cidade gañará en diversidade, tolerancia e convivencia entre os distintos estratos sociais na mesmísima "milla de ouro-b" viguesa.

Para financiar a súa dotación e funcionamento anual propoñemos empregar tan só o 10 % do que o Concello e a Vicepresidencia da Igoaldade e do Benestar da Xunta de Galicia se gastan en un só ano en facerse autobombo nos medios de comunicación e axencias de publicidade. Asegurámoslle que abonda e aínda dá para darlles aos nosos excluídos unha boa cea por noiteboa.

Baleiro

Praza de Compostela, Vigo

4.1.07

A solución final

Declaracións escollidas sobre o último atentado de ETA, recollidas no blog de Pablo González Concello de Vigo. Os aprendices de bruxo andan a xogar cos trastos.

A dereita, parafraseando a Lorenzo Pardavila nun recente post, cré, como o percebe nas rochas, que o poder é o seu sitio natural. E cando isto do poder pasa a ser cousa da natureza ou de dios, os laicos e demócratas debemos estar atentos: corremos perigo.