IX ÉPOCA

14.1.07

O Castro

Xa o pediamos hai tempo dende Vigoblog: demoler o edificio Montemar, antigo Restaurante El Castillo, ese adefesio en falso histórico propiedade do Concello de Vigo, que ocupa ilegalmente parte da muralla do Castelo do Castro. Parece que finalmente se impón algo de racionalidade: o proxecto municipal, o sábado anunciado polo oficioso portavoz patrocinado do goberno municipal, prevé a súa demolición e, o que é máis importante: a inclusión desta acción nun proxecto máis amplo para o conxunto do parque.

Máis dúbidas temos sobre o resto das propostas que se inclúen, como a da utilización intensiva do subsolo para seguir construíndo na zona. Parécenos moi ben que, por fin, o Concello se plantee, canto menos sobre o papel, a recuperación integral do Parque do Castro. O Castro contén valores e recursos históricos, naturais e sociais moi importantes para Vigo e son estes os que deben ser protexidos e aquelados para o disfrute e comprensión de todos. É sobre eles, e non sobre a consideración aséptica deses espacios como mero solar a urbanizar con algunhas cargas históricas, sobre os que se debe articular seriamente calquera proxecto de recuperación e mellora do uso público.


En primeiro lugar, coa reducción da presión urbanística sobre o xa mermado espacio, moi reducido pola invasión progresiva de edificación e urbanización das súas ladeiras. Ás zonas xa perdidas a favor da especulación, como a ladeira limítrofe coa Vía da Hispanidade, ou Marqués de Alcedo, non se lle debe agora sumar a operación do mesmo carácter prevista no Plan Xeral na zona da rúa Arines e Praza de España.

En segundo, a plena recuperación da muralla do Castelo do XVII, cun proxecto intelixente de musealización e, en ningún caso, de utilización do espacio para outros usos distintos aos da plena consecución dunha óptima lectura histórica e arqueolóxica do recinto. Dentro desta recuperación débese incluír a magnífica rede de galerías e minas e conduccións subterráneas de auga de carácter histórico que teñen a súa orixe no Castelo e percorren as súas ladeiras.

En terceiro lugar, ningunha actuación no monte do Castro debería facerse sen articularse co respecto e comprensión do monte como antigo poboado da idade do Ferro e Romanización, auténtico berce, xunta co núcleo urbano romano do Areal e do Casco Vello, de Vigo. Neste sentido deberían acometerse estudios en profundidade para completar o coñecemento dos restos existentes, realizar as excavacións arqueolóxicas precisas para descubrir os que de seguro faltan por coñecer e dispoñer o conxunto como un xacemento visitable de acordo cos planteamentos da museoloxía actual.

Por último, as actuacións deberan ter presente, articulada e dependente das consideracións histórico-arqueolóxicas, o planeamento da cuberta vexetal para facela compatible, por unha banda, coa preservación e comprensión dos restos históricos e, por outra, co carácter de miradoiro privilexiado e zona verde que o monte do Castro sempre tivo e ten para os vigueses.

Complementariamente deberíase plantear a mellora da accesibilidade, co menor impacto posible sobre a súa topografía e vistas Isto pasa, posiblemente, por prever medios mecánicos de subida nalgúns puntos e, tamén, por fixar unha liña de transporte publico permanente con paso pola rotonda superior.

Pensamos que, no seu caso, os equipamentos que se deseñen nun proxecto de rexeneración integral do noso monte por antonomasia, deben estar dirixidos exclusivamente a dar cobertura aos aspectos que dan valor engadido ao noso monte: arqueolóxicos, históricos, paisaxísticos, naturais e de zona verde. Para sedes institucionais e demais virguerías soterradas, outros lugares haberá máis apropiados.

FOTOS:
- O Castro nunha postal do anos 60-70 do pasado século
- Vista aérea do Castro na actualidade (Google maps)

16 comentarios:

Anónimo dixo...

Da un pouco de medo calquer proxecto que teñan para a conservación do patrimonio esta corporación. ¿Non será unha ocorrencia en vésperas electorais?

Anónimo dixo...

Esplendido post! Xa nos gustaría que fora recollida nalgún programa electoral.

o castrexo dixo...

Ainda quedan paneis no castro co recorrido de árbores e plantas. Limpalos un pouquiño, renovalos, poñer outros paneis explicativos tipo "monumento portugués" polo castelo e deixar de cortar árbores señeras para pór camelios e os vellos e a rapazada xa se encargan de darlle pulo ó parque. Non se necesita máis que limpar os fins de semán ás sete da mañá.

Anónimo dixo...

El plan que pretenden acaba con una zona muy grande de chalets en toda la zona que linda con Hispanidad...Cada vez tenemos menos zonas verdes en el casco de la ciudad ¿no sería más lógico conservar esas zonas de la ladera del monte como están? Ayudan a descontaminar la ciudad y hacen la ciudad más agradable.
A ver si se piensa en más cosas que en recalificar...

Fran Toareg dixo...

Estimado Pablo.

Aunque reconozco que lo mío no es la lectura en "Galego" y me ha costado un largo rato interpretarlo, por el idioma y por lo denso del tema, los suscribo casi en su totalidad.

Espero que las ideas sirvan a más de uno a la hora de llevar a cabo nuevos planteamientos, en el que casi con toda seguridad es el espacio abierto más importante de Vigo.

Anónimo dixo...

El Castro reune todas las condiciones para ser un parque maravilloso. Allí se dan estupendamente multitud de especies vegetales, tiene unas vistas que marean..., las ruinas de un antíguo castro,las murallas...
Hasta ahora no se le ha sacado muy buen provecho. Hay especies vegetales que han quitado las vistas, el castro prerromano está abandonado..
No sé si será prudente pensar en invertir más dinero en otro edificio..,a lo mejor con quitar la horrorosa ampliación del que hay ya era suficiente. Tiene un pasar...

Anónimo dixo...

non entendo porque queren quitarlle os viveiros,a zona dos chalés...Canto máis verde na cidade, mellor para todos

Anónimo dixo...

Faro de Vigo del martes:
"El arbolado vigués sólo limpia el 1,7% del CO2 que genera la ciudad"
La masa forestal neutraliza cada año apenas 33.000 toneladas de polución, según el equipo de Luis Espada. Otros menos optimistas dicen que nuestros árboles solamente absorven 23.000 toneladas del CO2 que generamos...
Se calcula que el CO2 que produce Vigo al año repartido entre sus habitantes nos tocaría a 6,4 toneladas por habitante/año...En total alrededor de 1,8 millones de toneladas anuales.
Para hacernos una idea: La refinería de Repsol de La Coruña, la 3º empresa más contaminante de España, produce 1,5 millone de toneladas de CO2 anuales...

Anónimo dixo...

El Roto:
Dice la tierra: "el petróleo me produce gases...¡A ver si me cambiáis de dieta!"

Anónimo dixo...

Primeiro nos chuleou Soto, despois Príncipe, despois Castrillo, despois o abogado de Pescanova, e a gora unha delincuente medioambiental. Facedelle caso ós políticos. ¡Pena de vara!

Anónimo dixo...

Ayer paseando por un bosque de las afueras de la ciudad encontré flores propias de la primavera: violetas, fresas silvestres florecidas.... Algunos carballos presentaban sus brotes verdes...
¿No es hora de que nos tomemos el tema del cambio climático en serio?
Hay que pasar a la acción, dejar las predicciones...El problema ya lo tenemos...Está aquí

Anónimo dixo...

También las hortensias podadas tienen brotes...
Yo también creo que hay que empezar a actuar YA. El problema es más grave de lo que la gente piensa...

Anónimo dixo...

Hay una campaña especial del turismo rural de Galicia: "Planta unha árbore autóctona no bosque galego"
Te alojas en alguna casa rural,de las que se han apuntado a la campaña, y plantas un árbol autóctono en alguna zona de alrededor...
Una idea bonita y muy práctica...Y un buen motivo para volver.. para ver crecer lo que hemos plantado...
Animo al personal a que participe

Anónimo dixo...

Pienso que las empresas que no respetan el medio ambiente deberían tener en cuenta el marketing...A los ciudadanos no nos gusta que destrocen nuestro medio ambiente caprichosamente...Las campañas pueden ser negativas y al final quien resultaría perjudicado son los productos de esas empresas...
Vemos que muchas empresas para promocionarse se confiesan defensoras de la naturaleza, invierten en su conservación, etc...No es ninguna broma, las empresas peleteras saben muy bien lo que puede suponer todo esto a lo que me refiero...
Los ciudadanos podemos elegir...y somos los que al final pagamos

Anónimo dixo...

Esa vista de la Guía es la que debería ser, ahora ya no se ve el final de la península...Alguien ha puesto un chiringo naútico, por lo visto ilegal (!!!) que ha destrozado esa vista para siempre...¿para
Menos protestar por todo y más cumplir con la legalidad....

Anónimo dixo...

¿para siempre?