IX ÉPOCA

12.10.07

O brazo urbanístico do BNG

Escribiábamos hai uns dias sobre a nova estructura dos partidos políticos. O caso de Consultora Galega ilustra perfectamente o que diciamos. Creo que non é esaxerado afirmar que se trata dunha empresa con ideario político. Si, xa sei que no fondo todas o teñen pero non todas promocionan ós seus dirixentes a cargos políticos e, moitos menos, entrán directamente na loita política. Consultora sorprendéunos con manifestacións claramente políticas no debate sobre o PXOM ó mesmo nivel que os partidos. Mantivo a súa oposición ás directrices da Consellería (¿insubmisión?) mesmo reclamando un terreno de soberanía decisoria. Por outro lado, non tivo reparo en modificar planeamentos cando llo pedia un Toba abafado polas presións dos nacionalistas de Teis. E seguiu facturando.

Agora cando, en cumprimento dun acordo de goberno, lle esixen novas modificacións, neganse. Que se xa cumpliron, que terán que facturar máis, que andan moi ocupados, que é imposible. ¿Pero non hai un contrato? ¿Cómo se resolven os problemas entre contratantes? ¿Pero como é posible que o Alcalde lamente que os documentos pagados con cartos públicos esteán en mans privadas?
Domínguez axuda mantendo relacións especiais coa empresa contratada. Como se fose un interlocutor político ou social. Un empeza a sospeitar que Consultora xa ten autonomía. Temémonos que é Domínguez quen recibe instruccións e non ó revés.
Consultora xoga para impoñer os seus puntos de vista. O malo é que eses puntos de vista non se traducen en concepcións teóricas sobre a ordenación do territorio senon en millóns de euros de negocio inmobiliario. E no lío entrelázanse outros intereses: ó santo promotor Karpin, valedor da política privatizadora do deporte galego, non lle saen as contas no barrio do Cura e, claro, Santi anda preocupado.
Deixémonos de lerias: ista situación precisa información pública. E o dicimos non para chantaxear como fai Consultora galega nese fantasmagótico documento que coñeceu antes Domínguez que nadie. Precisamos aclarar o contrato desa empresa co Concello. Precisamos saber como é posible que se neguen a refacer o que fixeron mal e porque non aceptan os novos encargos. E sobre todo, como é posible que teñan secuesttrada información que se lles pagou. Aceptariamos de bon grado que rescindiran os contratos e que se pediran indemnizacións polos incumplementos. E se o Alcalde e a concelleira non teñen autoridade para facelo que veñan tódolos fiscais do mundo a investigar por qué.

15 comentarios:

Anónimo dixo...

Creo que dixen, quen fundou Consultora Galega, no seu dia. Pero mais claro, auga, Daniel Pino, non pasou a ser Director Xeral. Cesar Portela, non diseña, todo agora. Algún dia falaremos tamén de Autopistas. Ollo, que aqui o mais parvo, fai avions, é boan.

Anónimo dixo...

Non me extrañaria que Cesar Portela Fernández-Jardón, doutor arquitecto, fixera o proxecto, de Cluny. Alguen dos foreiros, lembrase de Santa Clara, 21 en Pontevedra, é de Cíes. Comentalo si vos acordades, ainda que sodes moi novos a maioria.

Anónimo dixo...

pensábamos que era solamente el pp el que se había aprovechado del descontrol enorme que ha habido siempre en Galicia pero ahora comprobamos que había dejado libres algunos campos que fueron ocupados astutamente por otros...
¿Consultora gallega son el poder en la sombra en Galicia?
Desde luego mueven con sus decisiones muchos millones de euros. Y sus tentáculos llegan a todos los rincones
¿se le habrá subido "ese" poder a la cabeza?
Deberían repasar cuáles son sus cometidos por los que le pagamos TODOS los ciudadanos y si les interesa ese papel, vale, y si no que abandonen. Habrá otros dispuestos a trabajar bajo las consignas de los que tienen que decidir el futuro de nuestras ciudades pensando en el bien de la mayoría.

Anónimo dixo...

Que eu saiba cando a unha empresa ou estudio se lle encarga un estudio técnico, ata que o cliente non está satisfeito co proxecto, a empresa/estudio non cobra. ¿Como é posible que Consultora Galega leve cobrado xa tanto diñeiro por un proxecto que todavía non se aprobou? ¿E como é posible que lle digan o seu teórico cliente o que é mellor facer e o que non? O cliente, mentres a súas solicitacións estén dentro da legalidade, sempre ten a razón por moito que lle pese ós enxeñeiros e arquitectos.

Anónimo dixo...

El precio medio de los pisos en Vigo es de 2.024 euros el metro cuadrado. Un 21% más que en el 2005...

La Federación de Promotores de Edificación y Suelo dicen que la vivienda protegida no resulta atractiva para los ciudadanos (!!!) y pregunta dónde hay tanta demanda...

Anónimo dixo...

Y que piensa Corina de Domínguez: que no es buen gestor...que es buen "rapaz" (!!!!) y que por lo menos ultimamente hace cosas por el pxom...

No parece una opinión muy considerada ...hace pensar que piensa que es medio lelo

Anónimo dixo...

Eu todavía non sei en que mundo viven algúns. O PXOM terá que ser redactado por unha empresa do sector, e por tanto vai ser susceptible de defender intereses urbanísticos particulares (obviamente serán acusados diso por aqueles que teñen intereses urbanísticos contrarios). Penso que Consultora Galega conta con profesionáis de prestixio e ten acadado premios importantes. O PXOM redactado por eles responde a premisas iniciais e outras introducidas durante o goberno do PP.
A culpa de todo isto é precisamente que o PXOM requería consenso, algo que parece descoñecido para os nosos políticos exceptuando cando se trata de subirse o soldo. O que non se lle pode exisir a unha empresa é que, tendo rematado o seu traballo perfectamente de acordo coas premisas anteriores, lle veñan cambiando as mesmas de xeito que implique unha revisión en profundidade. ¿Por qué teñen eles que asimilar o custo da inoperancia dos nosos políticos?

Pablo Eifonso dixo...

Por que conclúes que Consultora fixo ben o seu traballo?. Parece que todo apunta ao contrario. O seu "traballo" logrou o record de non lograr un só informe técnico favorable. Se exceptuamos os seus propios informes, claro. Repasemos: o dos técnicos da propia xerencia de urbanismo, o dos técnicos do departamento municipal de medio ambiente (polo cal tiveron que modificar a PRÁCTICA TOTALIDADE do estudio de sostibilidade despois da exposición pública: porque estaba rematadamente mal feito e incompleto), o do departamento municipal de patrimonio histórico, o da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, o da Consellería de Medio Ambiente, o da Consellería de Política Territorial, Carreteras, Costas.... a maior parte deles non se referían a pequenos aspectos parciais, senon que entraban a fondo no documento e obrigaban a cambios substanciais.
O "documento", ademais, é un auténtico cristo, se exceptuamos a parte dedicada a planeamentos detallados: aí se esmeraron, ata o último detalle... que conviña, claro. O cristo exténdese non só a cuestións técnicas, senon tamén formais: textos repetidos, textos en galego e textos en castelán, non correspondencia entre memoria e cartografía, catálogos con distintos soportes formais....
Claro que, despois da exposición pública, fixeron cambios... porque non lles quedou máis remedio. Boa parte deles foron para subsanar graves erros técnicos (como o xa dito do novo estudio de sostibilidade ou a inclusión de múltipels novos catálogos que faltaban).
Reptino moitas veces aquí e vólvoo a facer: o documento conten múltiples "falcatruadas", pero colarían ben se o "documento" estivese ben faito e tivese coherencia interna. Como é tan mal, non hai dios que o modifique porque calquera cambio, como non é controlable no copnxunto, pode provocarlles a debacle.
Por isto é imposible que se aprobe semellante bodrio. Non só porque, para min, sexa un plan especulativo e baseado en previsións fantasmas, senon tamén, porque non se pode garantir a seguridade xurídica dun "documento" cheo de incoherencias, contradiccións e repeticións.
Os "magníficos técnicos" (dime un) de Consultora Galega armaron unha boa... por un momento tiveron a fantasía de que eran os reis do mambo e descoidaron (ou sinxelamente non sabían) o rigor que require este tipo de traballo.
Pero Daniel Pino xa está colocado.

Entendo que non entendas en que mundo viven algúns. Non te preocupes, algúns, coas seguridades mínimas para ir tirando, seguimos buscando un mundo algo mellor no que vivir. E o mundo de Consultora Galega, de Figueroa, de Pino e de Toba, nonos gusta.

Anónimo dixo...

Cómo un plan puede ser bueno si parte de unas premisas falsas al capricho de los especuladores?

Anónimo dixo...

Desgraciadamente tenemos que alegrarnos de que a un sector empiecen a ponérsele las cosasifíciles...
La posibilidad de que se reorganice la construcción gracias a la subida del euribor en este país hace aguantable que las hipotecas suban. Por lo menos nuestro sacrifio servirá para algo...

Anónimo dixo...

UN PLAN NOTABLEEn Noviembre de 2004 -un mes antes de la aprobación inicial- lacoordinadora pola supresión da Ronda de Vigo presentó en el auditorio delConcello de Vigo el dictamen "Sostenibilidad del Plan General de OrdenaciónMunicipal de la Ronda de Vigo", realizado por un equipo dirigido por elprofesor Javier Montalvo de la Universidad de Vigo. Un documento que marcóun hito en la lucha por un Plan sostenible, por desvelar las gravesdeficiencias y pseudoargumentaciones tendenciosas del ESAITP contenido enel PXOM, y que mantiene toda su fuerza y actualidad. La influenciamagistral del dictamen del Dr. Montalvo puede comprobarse -incluso conliteralidad- comparándolo con el valiente informe del Departamento de MedioAmbiente del Concello de Vigo, que derivó en un nuevo ESAITP. Así y todo,el PXOM de Vigo sigue suspendiendo en sostenibilidad, debe ser sometido aEvaluación Ambiental Estratégica y hoy mismo la incompetente ConsultoraGalega (¡vaya banda! Por favor: ¡que se cambie el nombre!...y que le quitenla licencia) procede a remendar un 7 que le ha dibujado Caballero aldocumento con su 40% de vivienda con algún tipo de protección. Los otrosdestrozos notables que han dejado el PXOM reducido a un harapo son: un 7que tiene en el trasero, roto producido por la tensión a la le ha sometidosu ilegalidad-. Un 7 en un encontronazo con la democracia y laparticipación (referéndum, alegaciones, agenda 21) y un 7 -el que ha dejadoal aire todas sus vergüenzas- producido por el citado dictamen del Dr.Montalvo. El PXOM de Vigo es un símbolo postrero del antiguo régimen (el delos favores, de la sumisión, de la mansedumbre). Resignarse es morir comociudadanos y como personas....y como gallegos libres. Por eso: RECLAMAMOSNUESTRO DERECHO A TENER UN PLAN NUEVO: LEGAL, PARTICIPATIVO Y SOSTENIBLE.

Anónimo dixo...

Insisto en pensar que o problema non está en Consultora Galega (podedes buscar referencias dela e dos seus profesionais, non creo que existan mellores en Galiza). De feito teño un coñecido arquitecto (pola universidade da coruña) e contoume que fichan os estudantes máis prometedores. O que pasa é o de sempre, e eu tamén o sufro no meu campo cando traballo para a administración pública:
1. Ti pásaslle unha previsión razonable.
2. O intermediario técnico en principio está conforme.
3. O superior (posto de libre designación) non o está porque precisa que se faga antes para gañar publicidade para eleccións,etc...
4. Pídente que teñas algo, o que sexa, para anuncialo e logo xa se arranxará para que quede ben, pero o importante é titular ben lustroso nos periódicos para antes de XXXXX

Ahora aplicade o mesmo. Aquí cada un quere ter o PXOM canto antes para anuncialo como unha victoria política, e logo xa se arranxará. Por iso as primeiras versión eran mediocre.
Hai que esixir que non se especule con algo tan importante para o futuro de Vigo, e se fai falla paraliza-la cidade cunha folga e manifestacións. Que deixen de meter medo algún con iso de "ten que estar xa senón vai ser moi malo para a cidade, imos a quiebra, ...".

Anónimo dixo...

a la quiebra nos llevan los especuladores con el tipo de ciudad invivible que pretenden endilgarnos.
Queremos una ciudad amable para todos los vigueses

Anónimo dixo...

¿Estarán de acuerdo con el modelo Sanxenxo?
A lo mejor es que hablamos distintos idiomas y de ahí esa dificultad en entendernos

Anónimo dixo...

commo la disculpa de la falta de tiempo se les viene abajo ahora inventan una nueva disculpa...¡no le salen las cuentas!!

Desde el 2004 ¿cuántísimo se ha encarecido el suelo? ¿cuántísimo las viviendas? ¿a cuánto compraron ellos el metro cuadrado?
Lo que menos ha subido son los sueldos así que estén tranquilos que aún tienen un buenísimo negocio aunque separen el 40% para vivienda protegida.

Que se dejen de disculpas y que espabilen. ¡¡El tiempo es oro!!