Teño que confesar que son dos que, a trancas e barrancas, creo que os partidos son instrumentos útiles para a democracia. Creo, incluso, que aparece así recollido na Constitución, que polo que teño entendido é un papel importante. Sen embargo, a metástase que ven provocando a corrupción está extendéndose imparable e así atopámonos coa privatización , e conseguinte mercantilización da actividad partidaria.
Ven isto a conto do sucedido en Cangas coa ACE, a coalición de Mariano Abalo. O Concelleiro de Urbanismo encargou un estudio de alternativas para Massó polo procedemento abreviado invitando a tres empresas. Só Oitava illa presentou un proxecto e, xa que logo, foille adxudicado. De Oitava illa o noso amigo Google danos moitas referencias sobre o seu traballo en bioacústica e na recuperación de sons tradicionaís como os das campás do Morrazo. Sen embargo, a futura consultora está en construcción. A cousa é para facer uns chistes pero se, como dí Sotelo, a Oitava illa traballou para a campaña de ACE, estamos diante dun exemplo maís de privatización da acción política ou, mellor, da construcción dun novo partido político.
A realidade é que os partidos cada vez se asemellan máis a unha empresa con servicios externalizados. Xa non fan falla os militantes para pegar carteis porque diso se encargan as axencias de publicidade. Axencias que aconsellan a imaxe dos candidatos, elixen as mensaxes e nalgún caso, chegan mesmo a intervir no programa electoral. Da mesma maneira, cando os electos están inmersos na xestión, non dubidan en contratar- e pagar con cartos públicos- informes, estudos externos, actividades e eventos as empresas que, ¡vaia coincidencia!, xa tiveron relación co partido. Asi o proceso que comezou coa privatización dos servicios esenciais -transportes, abastecemento, saneamentos, aparcamentos, etc- segue imparable abarcando cada vez máis áreas de actividade. ¿Donde para isto?. Nos meus piores pesadelos aparece unha empresa que por un módico prezo vai votar por min.
Teléfono 060 da Garda Civil para citas previas de Intervención de Armas e
Explosivos
-
Este cambio permitirá unificar e simplificar o proceso, mellorando a
atención aos cidadáns
7 comentarios:
Asi le fué a Soto & Cia.
Soto ou Sotelo??
y tantos otros...
Se fai falta, inventan servizos, concesións, o que sexa, para poder privatizar. Un caso deste tipo de invencións son os famosos concursos de mobiliario urbano, como o que recentemente adxudicou C. Porro en Vigo á empresa que, nos anos 80, inventou, da man dos partidos socialistas europeos, a explotación do mobiliario urbano como soporte publicitario: JC Decaux.
Hai que estirar ao máximo o teto da administración pública, perfeccionar os mecanismos impositivos para chuchar aos contribuíntes (sempre aos pequenos, nunca aos grandes dos que son intermediarios), poñer a funcionar a "creatividade" administrativa para ampliar os mecanismos de financiamento desa maquinaria infernal na que se teñen convertido (sen excepcións que se poidan "visualizar") os partidos políticos. ¿Que teñen que existir? eu non teño ningunha dúbida. Como tampouco teño ningunha dúbida de que nos tocou vivir o momento en que a súa existencia só se fundamenta en servir de cobertura á cohorte de oportunistas que atoparon neles a mellor forma de vida e o mellor seguro para eles e para os seus descendentes por, canto menos, un par de xeracións.
Mariano Abalo? ah? pero alguén pensou que por ter unha fraseoloxía aparentemente máis "radical" ía ser distinto?. Non preocuparse, a esquerda estalinista xustifícase con facilidade, pois os pecados cometidos en nome "do pobo" ou do "proletariado" (cando lles deron esa representación?), son virtudes cando os fan eles e merecen a condea eterna cando quen peca é a dereita oficial. É así que as festas dos vellos, se as fai Fraga, son unha manipulación reaccionaria de masas alienadas e, organizadas por Quintana, son unha manifestación tradicional do pobo galego.
Como parar esta desxeneración democrática?: pelexando pola modificación da lei eleitoral, do financiamento dos partidos, polas listas abertas, pola supresión das campañas eleitorais e a transparencia e publicidade absoluta das contratacións (das grandes e das pequenas) nas administracións públicas.
Con razòn en Cangas existe un tal FRELIMO, (Frente de Liberaciòn del Morrazo), piden la independencia y la quinta provincia, pero eso sì, sin abandonar Galicia ni los presupuestos centrales. Tienen pàgina. Vale la pena.
Pablo, estoy plenamente de acuerdo, esto hay que cambiarle o buscarle una solución, pero quisiera aprovechando la coyuntura, decir que no me parece bien el sistema de funcionario, persona que siempre suele meter, en todas las administraciones de turno, aqui viene el problema. No somos todos iguales, porque no se reparten esos puestos de trabajo, ahora y cuando habia más paro, en turnos rotativos de 6 meses, dos años, soluciones, hay, pues al final el sueldo lo pagamos todos.Hay que hablar mucho de los funcionarios, pues respeto a los buenos, pero todos conocemos casos de que aparte de ser analfabetos se creen dios. Ahi radica parte del gran problema, los estomagos son agradecidos.
Mirade o cualifacado que están os nosos concellais, si non fora por os funcionarios mais ibamos a alucinar.
Publicar un comentario