IX ÉPOCA

20.10.07

Colorines

Hai que recoñecer que o Consorcio do Casco Vello, a falta dunha acción normalizada de rehabilitación e rexeneración urbana desta zona, sorprende coas súas innovacións. Se hai pouco sorprendíanos co seu proxecto de convertir a histórica rúa Real nunha delegación do Rexistro da Propiedade, hoxe dá unha volta de torca e amanécenos coa nova de que está a elixir a decoración para as fachadas do convento de San Francisco. Para tal fin, nada mellor que probar coloríns e, para que se note que en innovación ninguén nos gaña, tamén haberá posibilidade de espectáculo (se cadra poderemos tamén "opinar"): "Con este sistema prevese que cada día se vexa o aspecto final do muro cun acabado completo en cada cor. Para iso cada xornada executarase toda unha gama de acabados que emprega a empresa Weber, participante nas xornadas sobre recuperación de fachadas da que forma parte esta experiencia. O Consorcio permite ás persoas interesadas presenciar os traballos previa solicitude nas súas oficinas da praza da Princesa".

O grao de ignorancia e falta de respecto polo noso patrimonio cultural, polas disposicións internacionais en materia de restauración e polas boas prácticas en rehabilitación, acada así o seu grao máis ridículo (¡dios mío, o que nos espera!). É sabido que nesta materia, a elección final da cor da edificación nun contexto patrimonial (o Casco Vello está declarado xa como conxunto histórico), como un elemento máis do inmoble a conservar, debe obrigatoriamente partir do estudio histórico rigoroso, ben sexa documental, ben a través da investigación física sobre os paramentos que determinen as cores utilizados durante a vida do edificio. En ningún caso o elemento crítico pode ser o decorativo.
Pois dáse a casualidade de que existen fotos e gravados de San Francisco onde queda perfectamente claro que a cor dos paramentos era branca. Branca sería probablemente tamén a imaxe dese Vigo antigo, burgo mariñeiro, cidade branca.
Que se esmeren os do Consorcio na definición da carta de cores para o Casco Vello na que se determine, entre outras cousas, o branco a elixir (hai moitos matices e debe normalizarse para tódalas edificacións que o utilicen). Que esta carta de cores teña a súa xustificación técnica e histórica perfectamente expresa, e que se deixen da xogar a innovacións chorras que só amosan a ignorancia e o desprezo por unha disciplina tan contrastada, coñecida e ata normalizada como é a rehabilitación e restauración de conxuntos históricos.
Pobre Casco Vello!, estes son quen de convertilo nun barrio de coloríns apastelados, pailáns fascinados pola Vetusta (tomar de referencia Compostela debe ser incompatible co seu autoodio). E a Consellería de Cultura, encargada de velar polo cumprimento da declaración de Conxunto histórico, de permitilo.

24 comentarios:

Anónimo dixo...

La raiz, del problema de Vigo y sin ánimo de ofender, a nadie, creo que está en algo tan básico como la educación. Es decir, la escuela. Y el problema, lo creo, Soto, espero que se me entienda, pues explicarlo, es muy largo.

Anónimo dixo...

Non entendo nada.

Anónimo dixo...

Ahi radica el problema. Nadie entiende nada. Ahora que los vigueses, ya no tienen el Celta y además se están dando cuenta, de que "otro" listo, los fastidió, una vez más y solo en su afán mediático y de protagónismo, pueden dedicarse más a la ciudad y pensar.

Anónimo dixo...

¿para qué tirar todos esos euros haciendo esos experimentos?
Que experimenten en su casa y que por favor, el Vigo Vello que tenga colores discretos. Piedra y blanco también me parece lo más adecuado
¿Qué tiene que ver Vigo con Oviedo?

Anónimo dixo...

Normalmente la sencillez va unida al buen gusto. Las chavacanerías para el carnaval. Mejor será buscar calidad y sencillez. Esa fórmula siempre funciona.
Estamos hasta el gorro de sufrir el gusto de nuestros políticos de turno...Así está Vigo

Anónimo dixo...

Se supone que en el Vigo antíguo estaría encalado lo que no tuviera piedra a la vista.

R. dixo...

anónimo primeiro, explícate, meu. Ou é que estás prantexando un "xerotísico"??...

Anónimo dixo...

¿Qué é un xerotísico?

Anónimo dixo...

tengo dudas:
¿Las fachadas de San Francisco no son de granito a la vista?
¿Dónde pondrían esos colorines?

Anónimo dixo...

Tranquilos que con los miles de millones, que anunciaron tanto Bng como Psoe, éste fin de semana, que están en los presupuestos generales para Galiza y por primera vez en la historia. Nos pagan la deuda historica, etc. Aúnque el Sr. Touriño dijo una cantidad de chorradas, a ver si tambien tienen algún mal. No tenemos problemas, nos van a mandar el sueldo a casa y se encargan ellos de contratar con las empresas afines la remodelación, mejora y van a poner Vigo, que no la va a conocer ni la madre que la parió. ¿Si el Sr.Maragall, estaba enfermo, tienen validez las decisiones y acuerdos que haya tomado? Ojo, xq esto puede estar pasando aqui.

Anónimo dixo...

¿Ti pensas que algun dos artistas do bigoberno ten alzeimer? Sería unha explicacion, pero vai ser outra cousa.¿Por que non lle interesa os xestores xestionar esta cidade e temos que vernos con tanta xente tan pouco preparada?
¿Quén os asesora? Espero que teñan mais capacidades que eles. ¿Canto nos costa todo esto?

Anónimo dixo...

Ya han recubierto innecesariamente de un material verde horroroso, e ineficaz, el hospital Xeral...
¿Por qué tienen que ser tan cantosos?
¿es necesario gastar los euros de los ciudadanos en asuntos tan innecesarios?

Anónimo dixo...

Pra ter alzeimer hay que ter cerebro, ¿ou non?.

Anónimo dixo...

Todos los que conozco desde luego que mucho no tuvieron.

J.L. dixo...

"Anónimo dijo...
Tranquilos que con los miles de millones, que anunciaron tanto Bng como Psoe, éste fin de semana, que están en los presupuestos generales para Galiza y por primera vez en la historia. Nos pagan la deuda historica, etc. Aúnque el Sr. Touriño dijo una cantidad de chorradas, a ver si tambien tienen algún mal. No tenemos problemas, nos van a mandar el sueldo a casa y se encargan ellos de contratar con las empresas afines la remodelación, mejora y van a poner Vigo, que no la va a conocer ni la madre que la parió. ¿Si el Sr.Maragall, estaba enfermo, tienen validez las decisiones y acuerdos que haya tomado? Ojo, xq esto puede estar pasando aqui."

...por certo que sí, tamén che pode estar pasando a ti, ninguén estamos libres de padecer esa enfermedade.

Anónimo dixo...

Por supuesto y mis respetos para todos que en verdad padecen la enfermedad, pero no es de risa y así hay que tomar la vida, ante las aptitudes de estos sinvergüenzas de políticos.

Cachamuiña & sons. dixo...

"O consorcio permitirà que a xente poda "visualizar" os traballos".
Home, pois muitas gracias.
¡Manda carallo!.

Anónimo dixo...

que pongan piedra y que se dejen de experimentos

Anónimo dixo...

o que dejen ese cemento a la vista, molesta bastante menos que los colorinches

Pablo Eifonso dixo...

Visto o que pon a prensa de hoxe, finalmente debemos concluir que se jamaron: efectivamente a proposta que traen é o modelo colorines para os enfoscados das casas do Casco Vello... e a libre elección do propietario!!! iso chámase planificar con criterio e o demais son contos. O autoodio dos nacionalistas do BNG chega ata a negar a propia historia e os caracteres básicos do noso patrimonio arquitectónico.
Viva la Vetusta!!! Morra Compostela!!! Abaixo o Berbés de albas casas encaladas!!! Morra a intelixencia e vivan as ocorrencias!!

Anónimo dixo...

Os colores imposición de Karpin $ Dominguez.

Anónimo dixo...

O Karpin ¿tambèn metido nos colors?.
Ave Marìa Purìsima, vamos a acabar falando ruso.

Anónimo dixo...

y bailando el casachof... ( ¿no se decía así?)

Gonzalo dixo...

É unha desesperación. Os votos que ten esta equipa penso que indica o apoio ciudadan do que dispón. E eso que o Bloque ten moitos votos de aqueles que non saben a quen votar