A falta de rehabilitación do barrio, dous anos despois de crear o Consorcio do Casco Vello e á espera de que se constrúa o lilliput alaricano de Quin no Barrio da Ferrería; mentres esperamos que algunha vez se ocupen as 17 vivendas para xoves construídas hai xa máis de cinco anos pola Xunta de Galicia no Barrio da Ferrería, vergonzosamente baleiras dende aquela; mentras tanto, podemos entreternos cun par de grafitis sobre as cada vez máis ruinosas paredes do antigo palacio do Marqués de Valladares, na confluencia entre as rúas Oliva e Laxe.
Decoración urbana para a miseria institucional.
Unha moza de 25 anos rompe unha perna tras chocar co coche contra unha
árbore en San Cibrao das Viñas
-
Segundo informou o 112, foi ao fío das 16.00 horas cando Urxencias
Sanitarias de Galicia-061 alertou de que un coche chocara no lugar de Santa
Cruz da Rabeda.
4 comentarios:
Moi ben traido! ...estarán a esperar que se degrade todo e se devalúe pra revalorizar despois da apropiación??...
Saúdos!
¿Marqués de Valladares? Creo que non. Creo que ese palacio urbano era propiedade do Marqués de Quiñones de León.
Do marquesado de Valladares, por tanto.
Marqueses e marquesas... cando a Ferrer�a era a Ferrer�a.
Publicar un comentario