A desmelenada contratación de asesores e persoal eventual de confianza no Concello de Vigo perverte a administración pública, derrocha os seus recursos e non está encamiñada a satisfacer o interese xeral, senon os estrictos intereses dos grupos políticos que substentan aos cargos electos. Pervértense, ademais, os principios constitucionais de igoaldade, publicidade, mérito e capacidade, establecendo un sistema arbitrario de acceso ao traballo ao non mediar ningún proceso selectivo, nin tampouco esixirse ningún tipo de cualificación nin titulación acorde co posto ou funcións que se vaian desempeñar. A contratación con cargo a fondos públicos dun aparato político institucional (non se trata nin máis nin menos cá diso, pois para desenvolver funcións normais non é necesario ter condición "de confianza", senon de capacidade profesional avaliable) desproporcionado, é un fraude paralegal. A Lei de Grandes Cidades, en vigor dende 2004, prevé unha estructura profesionalizada que permite -por certo con gran flexibilidade e discrecionalidade (que non arbitrariedade)- unha organización moderna, profesional e xerarquizada das administracións públicas. Prevé, en concreto, o nomeamento de persoal directivo de libre designación, sometido a un estatuto e cunhas funcións definidas nos organigramas administrativos-directivos. Esta lei permite, en concreto, o nomeamento de Directores e Coordinadores xerais que sexan a cúpula directiva das grandes áreas de xestión municipal e que sirvan de estreita ponte entre os representantes elixidos e a estructura administrativa. A súa función directiva ten un compoñente político-administrativo (político NON no sentido de fidelidade a ningún partido, senon dende o punto de vista da súa capacidade de lér, xerar e implementar "políticas" nun nivel superior ao meramente xurídico-administrativo).
Pero no Concello de Vigo obviase dende hai anos esta posibilidade e óptase descaradamente por solslaiar a Lei e non crear nin dotar estes postos, substituíndoos por unha rede en xeral non profesionalizada de adeptos ideolóxicos ou receptores dos favores varios que lamentablemente acompañan á vida partidaria. Resulta neste caso un contrapunto o decidido ao mesmo tempo no Concello de Ourense, gobernado pola mesma coalición: fronte ao caos da administración paralela e caciquil creada polo PP na anterior corporación nesa cidade, deciden crear 3 prazas de directores xerais para a dirección doutras tantas grandes áreas. Someten así os nomeamentos de persoal directivo a un procedemento tasado legalmente e que implica que o libremente designado o sexa cumprindo os principios constitucionais e os requisitos profesionais obrigados por lei e someténdose ao control dun estatuto.
Por outra banda, deben estar caladiños os/as adeptos/as de Corina-Figueroa, pois co seu goberno non só se contratou persoal eventual a tutiplén, senon que se disfrazou a contratación de persoal eventual con millonarias asistencias técnicas con tarefas e finalidades, chamémoslles, indefinidas, con contratacións temporais sistemáticas de persoas próximas con cargo a supostos aumentos de cargas de traballo puntuais, e demais triquiñuelas que ocultan a "ocupación" ou parasitación da administración polos aparatos e redes de favores partidarias.
Pois nada, ao parecer en Vigo continuaremos, outravolta máis, con esas prácticas que nos poden situar irremisiblemente no grande reino da arbitrariedade, o apaño e a administración paralela. Unha administración paralela que se nutre ás veces tamén dunha xestión económica paralela, non controlada administrativamente e á marxe das normas de contratación, mediante os recoñecementos de facturas posteriores á realización de gastos millonarios sen tramitación administrativa previa, ou o fraudulento e sistemático fraccionamento contractual para eludir a lexislación vixente en materia de contratación. Esta administración é a que posibilita os grandes e alegres gastos en, por exemplo, amoblar a todo plan, sen control e a gusto do consumidor, palacios, oficinas e despachos dos novos moradores en cada corporación, sexan alcaldesas ou tenentes de alcalde con anceios de visualización.
Que vostedes o paguen ben, que os seus directos responsables nono van facer.
(Parte I) O cambio climático débese só á acción humana? "Hai intereses
políticos e económicos detrás deste 'dogma'"
-
O investigador e profesor da Universidade da Coruña (UDC) Alejandro
Martínez Abraín asegura que "a cuestión do cambio climático está
completamente mediatiz...
16 comentarios:
¿Como contratou o seu novo mobiliario "de deseño" Santiago Domínguez? ¿Gañou o establecemento "Torrado" propiedade dun Beiras un concurso para esta dotación?... ou sería "a dedo", con fraccionamento do contrato ou a base de "agora gasto sen control e logo xa me apañerei para recoñecer as facturas sen tramitación previa", ao mellor estilo do seu colega Castrillo na súa etapa de alcalde?
Qué escándalo¡ por este sistema entran ao redor de 30 empregados públicos,que non son asesores reais senon "comisarios políticos" e "fontaneiros" para defender os intereses particulares (partidarios) das súas organizacións e menexar os favores e o mercadeo de posicións. Os asesores reais son os empregados públicos, os profesionais da administración que gañaron unha oposición, teñen preparación e experiencia e traballan para toda a cidadanía; se fan falla contratos de especialistas haberá que materializalos de acordo coa lei (concurrencia, publicidade, mérito, valoración obxectiva, etc.). O resto é UNHA GOLFADA MÁIS destes paletos que nos gobernan, que enseguidan aprenden malos modos para ocultar a súa ignorancia e incapacidade.
Poderíase dicir que sería mellor poñer de concelleiros aos asesores xa que deben estar máis preparados e os titulares que se fosen pra casa, ou que sigan eles a ser concelleiros (pra figurar, que semella ser para o único que serven) e que teñan cantos asesores queiran mellor, pro que os paguen dos seuas petos. Pro claro, como tiran con pólvora del rei???!.....
Uns que veñen, outros que se van, a vida segue igual.
Cómpre saber que unha parte dos chamados "asesores", cobran como se fosen titulados universitarios, teñen, malamente o bacharelato. O seu principal mérito académico é, en boa parte dos casos, a fidelidade a proba de bomba e de legalidade e, perdoando, o mamporrerismo. POr poñer un exemplo, contan polos mentideiros do Concello o caso dun inseparable de Corina que pasou de auxiliar administrativo con Chema Figueroa con praza no Concello a ser un dos principais asesores de Corina Porro, especializado en sosterlle a cola do traxe alá onde vaia e de vasoirar os lugares por onde pisa a dama. Polo que contan, non lle vai mal ao administrativo: máis soldo que se tivese estudiado na universidade, pisito en Rosalía de Castro (faltaría!), adosado e cochazo. Aforrador que é o rapaz.
Pois ben, hai estes postos de "asesores" e logo os de administrativos a cargo da cota de liberados por partido a soldo dos presupostos municipais: fillos, netos, cuñados, amiguísimos, "acreedores" do banco de favores, fillos da chacha, compromisos ineludibles dos currantes do partido... moita xente para tan pouco sitio, polo que hai que ensanchar tentando colocar tamén nas empresas amigas debedoras de contratos, nas concesionarias, nos contratos temporais. Menos mal que aínda quedan funcionarios que coa súa fidelidade á lei evitan malamente algúns desmanes.
Esperemos que o novo goberno saiba fuxir de semellante panorama. Sería interesante que podérades comparar a capacitación profesional dos "asesores" por cada partido político. Aventúrome, sen ter moita idea: PP -asesores adicados ao fontanerismo de baixa intensidade e ás relacións públicas e publicidade; en xeral, baixa cualificación; BNG -gardiáns da ortodoxia agradecidos, perfil profesional medio-baixo: non competitivos co perfil baixo de Santi. PSOE: fontanería e unha maior cualificación profesional, experiencia na administración; fidelidade a persoas concretas dentro do grupo municipal, comisariado político.... por dicir algo.
Barrientos, todo é certo, pero quen pon a primeira pedra.
Pues ahora es buen momento de empezar esa obra. Ya es hora de tener legalidad en nuestra instituciones.
De otro modo ¿cómo creer en ellas?
Pero a pesar de todo, existe en la sociedad gente buena, diria que muy buena, pero nadie se atreve a comenzar esa obra, porque tambien estamos quemados del movimiento vecinal y Vigo, no tiene foros culturales o sociales -que no se ofenda nadie - de prestigio, para acometer una labor de estas, que es necesaria y urgente.
tendrían que ser personas independientes...
Las asociaciones están muy politizadas. Defienden lo que quiere su partido. Aí no se puede llegar a ningún lado
Benqueridos Raque, Pablo, Marcos, Tiago y demás, gracias por lo que haceis, no obstante, quisiera sugerir algo, sobre las millonadas, que en subvenciones, da el Concello, Xunta, Estado, etc., pues muchas veces solo sirven para engordar más los bolsillos, de los listos de turno, la cantidad de asociaciones, que se montan, un grupo de amigos, para sacar dinero, etc. etc. Ong·s, etc. Es triste, pues no hay control alguno y muchos se estan forrando. Gracias. Empresas que se montan solo para ello y no digamos las multinacionales, que con el rollo de crear puestos de trabajo, viven de eso.
Demasiadas caretas...parece que estamos en carnaval
¿Cuándo tendremos legalidad?
Compre que se lle dea PUBLICIDADE ÁS LISTAS DE ASESORES; nomes, apelidos, formación, experiencia, materia na que van a asesorar e a quen (a concelleiros/as, ao tenente alcalde, ao grupo político en conxunto); ollo, a quen non poden asesorar é á propia administración pública, xa ten aos seus cadros con títulacións e oposicións e se precisa asesorías concretas, determinadas, contratanse publicando as bases nos diarios oficiais.
¡VAIA TROPA!
Os "asesores" tampouco poden ter unha relación xerárquica cos funcionarios e traballadores da administración, nin teñen capacidade de sinatura en expedientes... menudo conto chino o de Santi, decindo que non son asesores do BNG, senon do Concello. Menuda cara dura dicir que constituirán a plantilla dun departamento de nova creación (a 1ª tenencia de alcaldía): como si se poidera acceder a un emprego público a dedo e polo gusto dun determinado grupo político (¡se ve que si se pode!). Menuda concepción paralegal teñen estes da administración que pagamos todos. Menudo asalto ás arcas municipais pasándose a lei por onde lles cadra e, aínda por riba, tratándonos de imbéciles aos cidadáns.
Se Santi se reafirma en que se trata da dotación dun departamento municipal de nova creación e non de asesores do seu grupo, debe ser denunciado mesmo por malversación de fondos públicos e evidente desviación de poder.
parece que el poder les altera..
Es facil predicar para los demás, lo complicado es comportarse cada uno según se le exige a los otros
Menuda cara dura.
Y los ciudadanos a mantenerlos. Es lo que nos toca en el reparto
¿Alguien sabe porqué ya no funciona el blog de Santi Domínguez? ¿ya no interesa la opinión de los ciudadanos? habían avisado de que esa página tomaba agosto de vacaciones, y duran y duran...¿Y la transparencia?
café concerto
Publicar un comentario