IX ÉPOCA

29.7.07

Xesús Paz

A lectura da entrevista de hoxe no Faro de Vigo a Xesús Paz, novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo -a pesar do tocapelotismo barateiro do inefable entrevistador made in Faro Chema García- confirma as nosas esperanzas. É todo un notición que alguén con responsabilidade nesta cidade fale con prudencia, propiedade e coñecemento de causa e non pareza simplesmentes un vendedor. Se ademais algo disto cambia tamén no Concello, se cadra, ata temos sorte e Vigo comeza a parecerse a unha cidade normal.

Suso Paz xa viña precedido dun significativo respecto e apoio polo seu labor no porto de Vilagarcía. Contan os de alá que o seu nomeamento para a presidencia da Autoridade Portuaria de Vigo vivíuse como unha importante perda para a localidade Arousana. Un perfil técnico e directivo claro, experiencia na administración pública (tamén traballou na súa primeira época laboral no Concello de Vigo, como técnico temporal na área de Urbanismo e en labores de planificación) e unha formación universitaria en socioloxía que lle permite formular ben as preguntas e atopar respostas axeitadas na complexidade do mundo globalizado no que nos movemos. Se a iso unimos unha boa capacidade para as relacións persoais e o consenso, tal vez poidamos pensar que, a curto prazo, a variada caste de opinadores que en Vigo se agrupan ao redor da autodenominación axentes sociais, calen a boquiña e escoiten.

14 comentarios:

Anónimo dixo...

concordo co teu comentario, e co noxo pola impresentable actitude "made in Faro", esa sí que é unha asignatura pendente da cidade

Anónimo dixo...

Completamente de acuerdo. Me pareció bastante sensato y coherente todo lo que planteaba. Y por desgracia un discurso asi no es nada frecuente en lo que tu llamas agentes sociales de Vigo. Que diferencia entre este presidente del puerto (Suso) y el anterior (Abel), que con el paso del tiempo, se demuestra, se instaló ahí con el único fin de lanzarse a por la alcaldía dedicandose para ello a vendernos humo. Mucho humo en forma de maquetas y proyectos sin fundamento alguno. Y mientras hemos perdido un tiempo precioso.

Anónimo dixo...

Fun capaz de ler esa entrevista a dúas páxinas porque me pareceu que se decían cousas interesantes, con sensatez; espero que o porto mellore a súa relación coa cidade tendo un presidente con esa capacidade.
O do Faro é demencial, a pregunta ten perversidade cando o periodista dí: "Análisis y estudios suelen ser sinónimos de retrasos, ..." esta consideración santifica a idea extendida nos "dirixentes" da cidade de hay que facer e deixar de perder o tempo cos estudos. Así mal vamos: o presidente da Autoridade Portuaria transmite racionalidade e o Faro trasmite que cantos menos análisis e estudos moito mellor.
Amén.

Anónimo dixo...

O do Faro ademais está mal informado ou pretende introducir desinformación:
Non hai ningún informe de impacto ambiental sobre o proxecto de Bouzas, é mais, nin siquera existe ese proxecto como tal.
Como información xeral, o porto de Vigo está dende o 1992 obrigado a cumprimentar trámite de impacto ambiental, e macro-obras realizadas como o recheo de Bouzas (92), ampliación de Guixar (94), ampliación do muelle de Coya (96), ampliación da lonxa de altura (98) ou o muelle de transbordadores (01), non o fixeron.
Vai seguir así?

Anónimo dixo...

A quien San Juan se lo dà, San Pedro se lo bendiga. Seguiremos el rastro de Suso, no perderemos nunca la esperanza.
Por cierto, ¿que serà de la visa de Chus?.

Anónimo dixo...

De la vida de Chus. Aunque lo de la visa tambièn cuadra. Vale.

Una mujer desesperada dixo...

a mí también me da buen rollo suso paz. el pobre no sabía por dónde salir en su toma de posesión, cuando todos los periodistas le preguntabamn por los marina dor de abel caballero...

Anónimo dixo...

Desde el Puerto se comenta que Abel Caballero dejó las arcas vacías y que ahora mismo no hay dinero para nada. ¿Qué se sabe de eso?

Una mujer desesperada dixo...

lo que se sabe es poco, anónimo, yo he oído también esos rumores, así como que muchos de los proyectos que anunció el faraón no podrán hacerse. pero mientras la prensa de esta ciudad se dedique a pelotear a los que le pagan, me temo que sólo en este blog y otros similares podremos encontrar noticias.

Anónimo dixo...

Ya Corina comenz� a hablar y pontificar. Apretaros los cinturones que lo que viene es bajada y en curva.

Anónimo dixo...

¿qué pasa con las cuentas del concello? Unos dicen que no queda nada en las arcas y sin embargo Corina afirma que eso es mentira
¿No debería inverstigar ya el Consello de Contas y aclararnos todo a la ciudadanía?

Anónimo dixo...

Y también que investigue el asunto del auditorio ¿Cómo es posible que ahora inflen tanto los presupuestos?
¿piensan que los ciudadanos nos chupamos el dedo?
Ni los materiales no los sueldos han crecido un porcentaje tan altísimo.

Una mujer desesperada dixo...

y si no hay dinero, ¿de dónde lo saca al BNG para montar su súper tenencia de alcaldía en las antiguas ofis de Educación, ahora en Arenal?

Anónimo dixo...

Debe ser que tienen ahorrillos propios en su cuenta naranja.