IX ÉPOCA

1.8.07

A solución para o Auditorio

Á vista de que isto se pon moi mal, o Comité de Causas Perdidas de Vigoblog encárgame -con esta calor- unha proposta para solucionar o embolado do Auditorio no que nos teñen metidos Por tela e Gayoso de Caixa-no-vá, despois do regalo trunfal do patrimonio municipal de Casamar feito polas xenerosas mans de C. Porro e Igznogood Figueroa. A verdade é que non fixo falta contratar nin a gurús nin toupeiras nin raposas desta volta... nin tan sequera ao socorrido recurso de externos.
A solución é ben doada e ofrecémola aquí per gratia et amore:

O principio básico no que se substenta é o seguinte (é complexo, pero espero que fagan un esforzo por aprehendelo): se queremos construir un auditorio e un pazo de congresos, construamos un Auditorio e un Pazo de Congresos e non outra cousa. En consecuencia:
  • Denuncia por incumprimento, e rescisión do contrato con SACYR-Caixanova (Pazo de Congresos S.A)
  • Asunción por parte do Concello das obras de construcción e explotación dun Auditorio e un Pazo de Congresos. A secas. Seica debe ser un bo negocio e amortizaremos nuns cantos anos (non temos présa) o investimento.
  • Plan de financiamento e programa de necesidades
  • Encargo dun novo proxecto a un arquitecto ou estudio serio

Aforrarémonos, desta maneira, todo o diñeiro -e o aceiro- necesario para construir o centro comercial, o mega hotel, o spá, o ximnasio e demais marandangas para o lucro duns cantos, e poderemos disfrutar todos, sinxelamente, dun equipamento público 365 días ao ano e non a ducia deles que nos ofrece o magnífico contrato con Gayoso.

¿Non era imprescindible para a cidade un Auditorio-Pazo de Congresos?: pois que se adiquen os fondos públicos exactamente a iso e non a dar inormes beneficios privados a costa do esforzo económico de todos e cada un dos vigueses. Así se construíron o resto dos pazos de Congresos e Auditorios públicos de Galicia, pero aos de Vigo débenos tomar por imbéciles...

Bueno, de paso volvemos a dar a idea de que se faga noutro sitio: como diciamos daquela en Vigoblog.

14 comentarios:

raro dixo...

"-¿Gástase moitos cartos en moda?

-¡Non, ando por prezos moi medios! E moitas veces aproveito as rebaixas para mercar para todo o ano."


Así contestaba Por Tela nunha entrevista sobre moda nun suplemento da Voz.

Eu creo que esa é a súa filosofia de vida. APROVEITAR AS REBAIXAS PARA MERCAR PARA TODO O ANO.

fonte:


http://www.lavozdegalicia.es/especiales/2005/moda05/noticia.jsp?CAT=126&TEXTO=100000068289

Anónimo dixo...

Vaia, por fin un pouco de sentido comun. Porque eu sempre me preguntei... se nas outras cidades se fixo un auditorio sen mais.. ¿por qué en Vigo temos que adosarlle un hotelito+centro comercial+spa+outras trapalladas dentro dun cubo made in "Por tela" de dudoso gusto arquitectonico? ...Ah..debe ser porque nesta cidade as administracions publicas (Xunta, goberno central..) reniegan da sua responsabilidade. Xa sabemos que en Vigo a iniciativa privada xa o arranxa todo.

raro dixo...

"¿Cómo consigue generar justicia con el único instrumento de la arquitectura?
–Evitando el despilfarro con los medios económicos de que se dispone, y los gastos excesivos de la arquitectura."

jajajaja... esta é outra perla made in Por Tela.

Pouco a pouco vai saindo todo un modo de vivir ancorado no ascetismo:

"comprar nas rebaixas"

"evitar os despilfarros"

fonte:

http://www.elcultural.es/historico_articulo.asp?c=16691

raro dixo...

Bueno, esta é a última:

"a lo largo de mi obra he querido dejar de lado cuestiones banales, formas gratuitas, materiales inútiles, gestos innecesarios, no escuchar falsos cantos de sirena, resistir múltiples tentaciones, apartar todo aquello que pudiera ser accesorio, desprenderme de todo lo que no resista la prueba de la necesidad, quedarme sólo con lo esencial, aproximarme al misterio, buscando la trascendencia del lenguaje hacia el silencio."

Cando un tipo saca a lingua para dicir destas cousas e logo atopas o do Auditorio de Vigo, pensas: ou é un falabarato, ou parvo de remate.

fonte:

http://www.geocities.com/medit1976b/portela.htm

pablo gonzalez dixo...

"aproximarme al misterio"

¿Cómo definir mejor su obra?

Este tío es un genio.

Anónimo dixo...

Lo mismo para la ciudad de la cultura. Soy vigués y estoy harto de financiar los caprichos de Coruña y Santiago que también se presupuestan por la mitad y se adjudican por el doble.

Anónimo dixo...

caixanova obra social

Anónimo dixo...

Non sei si reire o chorare.
Outra cousa: Caixa-sì- va.
Aaaaaaaaayyy miña nai!!!!

Anónimo dixo...

Eu teño visto a Portela na praia, e a súa sombrilla resposta moi ben ao que di nas entrevistas e á súa persoalidade e obra perralleira: de segunda man, destartalada, tipo saldo e de estilo internacional alcampo ou carrefur (das máis baratas, claro). Pouco glamour o do noso arquitecto máis internacional (en fin). Se cadra é por que non a necesita, porque se marca un moreno acartonado de chulo praias que tira para atrais.
Bueno, á parte do cotilleo, a min tampouco me gusta nada a súa obra nin a súa venda do producto.

Anónimo dixo...

Parece que no hay mucho interès por salvar Nova Olimpia. Despuès del daño lloraremos, que es lo que sabemos hacer bien.

Anónimo dixo...

por cierto ¿qué le pasa a La Voz de Galicia? Se le ve muy cambiada...

Anónimo dixo...

aun estamos a tiempo: el auditorio en la Pnificadora y en el solar que dejó Casamar, árboles y jardines para el disfrute de los vigueses...
Eso sí que sería hacer un buen Vigo

Anónimo dixo...

Tranquilos que el Fallo de Vigo todo lo "aclara" y todo lo "visualiza", con el correspondiente "adobo", por supuesto.

Anónimo dixo...

Al final tendremos en ese solar algo parecido al centro comercial da laxe...¡Menudo atraco a la ciudad por parte de la zona franca y los políticos que lo permitieron!
Escandaloso y un atentado al buen gusto