IX ÉPOCA

3.7.07

Paz por territorios

Algúns xa temiamos que o reparto non era só de competencias e funcións. Nin tan sequera era o reparto da tarta das concellarías e presupostos. O BNG cré que para que unha auténtica visualización exista, os dous gobernos teñen que ter, ademais, territorio propio. Non, no falamos en termos simbólicos, senon reais. O de pedirse “Barrios históricos” gardaba (claro!) un as na manga. ¿Alguén pensaba que se trataba dunha oficina da Xerencia de Urbanismo, que tramita, basicamente, informes sobre licencias de obras nos Cascos Vellos de Vigo e Bouzas e é a referencia técnica na tramitación dos plans especiais de protección destes dous barrios e do Plan Especial de Edificios a Conservar?. ¿Pensaban que se trataba de xestionar e impulsar os aspectos formais e de protección do patrimonio cultural vinculados co planeamento, e de aproveitar as sinerxias que se producirían coa coincidencia política entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (actual principal inversor público na área do Casco Vello de Vigo) e o Goberno B vigués?. Pois non.
Trala denominación de “históricos” hai, sobre todo, instrumentos de planeamento, e estes refírense a un espacio urbano que abrangue unha área moito maior có casco vello de Vigo e Bouzas. E nada hai máis desexable para visualizarse, que o territorio do Plan Especial do Ensanche-Cidade Central de Vigo, o as na manga de Santi. Este Plan, que viría a substituír ao fatídico Plan Especial de Edificios a ¿Conservar? (PEEC), foi iniciado cun acordo da Xerencia de Urbanismo de novembro de 2002, e contratado (cómo non!) a Consultora Galega en ¡agosto de 2005!, cun prazo de entrega de 14 meses. Un encargo que xa ten superado tódolos prazos contratados sen que se entregase documento ningún, nin se sancione, consecuentemente, á empresa amiga, redactora tamén do malogrado PXOM vigués.
Pois ben, ese Plan contempla –pensamos que con bo criterio- un ámbito de planeamento que abrangue a área histórica-central contínua da cidade, en sentido extenso: groso modo os barrios “tradicionais” de Casablanca, Areal, Progreso, Príncipe, Urzaiz e rúas aledañas, Policarpo Sanz e trama urbana do antigo Ensanche (Carral-Colón e Policarpo Sanz-Alameda-Montero Ríos). Todo un territorio: onte, das flores de C. Porro, hoxe, da fantasía humanizadora alaricana dun "bi-reinato" comme il faut de Santiago Domínguez.

Quere o BNG encher de contido as competencias pactadas en algo que non existe nin organizativa nin orzamentariamente no Concello de Vigo, e só o poden imaxinar reivindicando nada menos que unha xestión territorial, forzando así a racionalidade, a lóxica e, mesmo, a “proporcionalidade” das urnas. Un pequeno pero sabroso Concello autónomo. Pero como iso soa moi forte, á vista do suposto éxito da rubia coas súas flores, conformaríase con planeamento urbanístico do seu territorio, e servizos xerais (vías e obras, parques e xardíns, limpeza...). Non falan de xestionar o tráfico, a educación, a promoción económica ou o persoal correspondente ás hectáreas do pequeno reino central, non: tratan de colarse, ao mellor estilo trileiro, pedindo modestas competencias territoriais: un territorio “autónomo” cheo de flores.
Se cadra, para Santi e o BNG, ese era o sentido do termo “autonomía” recollido como principio fundacional do pacto. Mira ti por onde os do PSOE entendérono mal, como daquela co tema do xerente de urbanismo ou de Finca do Conde.

Como se dun pesadelo se tratase, vóltase de novo, correxida e aumentada, á vella equivocación salomónica que no ano 2001 dividíu Urbanismo en dúas: Planeamento para a desaparecida Esquerda Galega (Xesús Costas) e Xestión Urbanística para o PSOE (Dolores Villarino). Daquel parto naceu o Plan Xeral do 93 e o trunfo de Manuel Pérez (PP) por maioría absoluta na seguinte lexislatura.

O BNG ofrece paz por territorios. Mágoa para eles que o espazo urbano só nos pertenza aos cidadáns que só recoñecemos como ocupación histórica do noso territorio vital, a do oportunismo político, a irracionalidade e a ineficacia. E que sabemos castigar cos nosos votos aos que antepoñen os seus cativos intereses partidistas aos dunha cidade razoablemente xestionada cun só goberno de coalición, como corresponde aos resultados electorais.
Esperemos que, finalmente, reine soamente a cordura.

35 comentarios:

Anónimo dixo...

Menudos papelones están haciendo. Da vergüenza ajena.
Pienso que no va a funcionar la coalicción. Esas maneras del Bloque lo hacen bien dificil y al final a quienes van a perjudicar es a nosotros, los ciudadanos.
Que gobierne el psoe en minoría

Remo dixo...

És un fenómeno, Pablo!
Algo parcido ao de "Paz por territorios" pensei eu cando escoitei a nova pola radio, só que fun máis malicioso e viñéron-me ao pensamento eses grupos ou bandas mafiosas que saen nas películas repartindo e loitando polo territorio da cidade. Do que non estou tan seguro coma ti, é en que:

"sabemos castigar cos nosos votos aos que antepoñen os seus cativos intereses partidistas aos dunha cidade razoablemente xestionada cun só goberno de coalición, como corresponde aos resultados electorais."

Saúdos, boa xornada!

Anónimo dixo...

uhmm hola..a ver..parece q soy idiota pero el motivo pq stoy aqui es q necesito info sobre vigo..soy italiano y me gustaria irme por alli por 1trabajo del servicio civil italiano al extranjero..y bueno eso websit es lo uniko q busque' ahora..alguien puede contestar a esas preguntas pofa?..-pa vivir1ano es mejor vigo o la coruna? -en galicia hablais solo gallego en general o tmb mucho en castellano?yo no hablo gallego..! ..ok pueden bastar las preguntas idiotas pa ahora jeje.hasta luego.

Anónimo dixo...

Humildade e xuramento por Vigo, Dios son como curas (en caoncreto salesianos que son os que mais coñezo)

Anónimo dixo...

"en galicia hablais solo gallego en general o tmb mucho en castellano?yo no hablo gallego..!"

Ciao! Qui si parla di tutto, anche italiano si parla.

arume dos piñeiros dixo...

Coincidimos nas críticas nos posts, coa diferencia de que vostede expresa a esperanza de que reine a cordura e eu a esperanza (máis ben o temor) de que han vir desatinos máis grosos. Espero que vostede teña razón.

Anónimo dixo...

Un poquito de poesia.
Qué pena ser dos, quererse
Y estar llenos de delirio.

Qué pena ser dos, qué pena
Pensar que son dos caminos…
Ay, qué tremendo es pensar
Que dos nunca son lo mismo,
Que dos vientos diferentes
Llevan camino distinto.

Rafael Morales

Anónimo dixo...

Bueno....se veìa venir y llegò.
Y como siempre, la culpa y los platos rotos son de los ciudadanos, obligados a votar con un sistema que permite dejar fuera al ganador y meter a cualquier cosa que ayude a conformar una "mayorìa". Sì Corina ya està calentando en la banda no serà por culpa nuestra. Por cierto....tengo una duda que no me deja dormir. ¿Alguien sabe quien es el alcalde de Vigo? Lo digo para saber a donde apuntar. Al italiano le aconsejo que venga a Galicia de turista, aunque solo hable papiamento, aquì aprederà màs de lo que espera.

o raro dixo...

jajaja, que bo. A mín o Santi Domínguez sempre me pareceu un ganster de pacotilla.

Se non, mirade para esas fotos que ten sen barbear, que parece que se peina coa graxa da cabesa.

Se lle poñemos un traxe a raias, camisa negra, e unha funda de vilonchelo na man, da o perfíl.

Ai Dios!! Un día destes vai saltar un san Valentín de película.

Agora en vez de ter unha batalla das flores, temos unha batalla de capullos.

Anónimo dixo...

jaja

Anónimo dixo...

HABRÁ QUE FELICITAR AL SANTI PORQUE VISUALIZAR PARECE QUE ESTAMOS VISUALIZANDO.!QUE PANDILLITA!

Anónimo dixo...

Necesitamos un poco de calma...y ellos de reflexión.
Confio en que sabrán rectificar a tiempo. No me cabe en la cabeza que pueda ser de otro modo

Anónimo dixo...

Pues màs vale qque te quepa en la cabeza ya que estàn inacapacitados genèticamente para hacerlo de otra manera. Tienen un solo guiòn y rayado.

Anónimo dixo...

Vamos a darle un tiempo. Tienen 100 días, como los demás...

Anónimo dixo...

El pp se regocija...
Estarían locos si le dan el gusto de no llegar a ser y parecer un gobierno de verdad de Vigo.
¡Con la cantidad de cosas que hay pendientes!

Anónimo dixo...

el raro mejor sería que opinase menos sobre el aspecto de las personas. Esa no es la faceta de los políticos que nos interesa a los ciudadanos

O Raro dixo...

Jajaja, non home non, se estou a falar da súa forma de ser. Non me sigues eh?

Xa sabes que a cara é o espello do alma, e se digo que Santi ten a cara dun tipo que non lle gusta meterse na ducha, estouche a dicir querido anónimo, que Santi non xoga limpo, ou sexa, que é destes que fan coa súa man dereita cousas que non quere que lle sepa a man esquerda.

Pero bueno, son todo oidos, a ver... a ti que faceta che interesa dos políticos...

Eu o teño claro, cando os políticos son tan poucos transparentes como os que temos en Vigo, que pactan a altas horas da madrugada non sabemos qué, a única forma de saber cómo son, é interpretar os seus xestos inconscientes.

Eu, quedome coa fantástica foto de Santi colléndolle un caramelo a la Señorita no NH.

Seica que neste negocio de Paz por Territorios, algúns teñen territorios neutrais.

A mín gustaríame que o próximo caramelo llo collese Santi a Corina na azotea do CFV, sabes?, son capaz de imaxinalo como King Kong rañando no ceo de Nova Iorque.

A Santi sempre lle gustou o mito biblíco da torre de babel.

Anónimo dixo...

Hay algunos que no les gusta las referencias al modo de vestir de l@s polìtic@s. Pero es seguro que a ellos sì les gusta presumir de lo que se ponen encima. De acuerdo co "el raro". Si no quieren que los critiquen que se cuiden. Son personas pùblicas, no particulares.

o raro dixo...

E que cómo non vou falar da forma de vestir de Santi Domínguez? Alguén mirou hoxe a pinta que tiña na reunión co da Cámara de comercio.

Americana clara veraniega e camisa amarela. A foto sae na Voz de hoxe. A mesma pintiña que tería Soto cando facía negocios en Venezuela.

Falando da Voz

www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/noticia.jsp?CAT=111&TEXTO=100000133245

Nesta dirección o titular da nova é:

La mayoría de los internautas de lavozdegalicia.es no confían en el nuevo gobierno vigués

Anónimo dixo...

sigo opinando lo mismo: me parece que el aspecto de las personas que gobiernan no nos afecta en absoluto. Importan sus acciones.
Prefiero a un político "poco elegante" a uno elegante pero sinvergüenza, por ejemplo.
me pareceis un poco cotillas y no puedo imaginar cual será vuestro aspecto físico ni vestimenta...
Agradecería las descripciones. Igual nos estamos perdiendo algo

o raro dixo...

Jajaja... é que eu tamén os prefiro pouco elegantes, non ves que polo menos podemos rir un cacho...

E logo se aínda por riba son feos mellor ainda.

Non te decatas que non temos políticos, que o que temos son paiasos.

Anónimo dixo...

Me parece que te pasas y tu postura no me parece que sirva para nada.
Entras arrasando todo. Mejor haz críticas constructivas.
Creo que las cosas van a ir bien entre los dos porque así se lo pedimos los ciudadanos con nuestros votos.
Solamente se trata de adecuar los engranajes para que la máquina tire para delante...

Anónimo dixo...

Se lo habrás pedido tú, yo tengo la costumbre de votar para que gane el partido al que voto, o or lo menos que gobierne, no para tener dos equipos en el poder ¿Dónde estamos los ciudadanos en este reparto de PODER?.

Anónimo dixo...

por eso escribí en plural, porque también cuento contigo y con otros... que con nuestros votos hicimos que el gobierno municipal sea el que es...
Te guste o no

Anónimo dixo...

Pues tendrán que ponerse de acuerdo para poder llevar adelante las cuestiones municipales y si no son capaces entonces tendrá que gobernar uno en minoría o darle el poder a la Porro...
Las cosas son así, no hay más cera que la que arde

Anónimo dixo...

"Te guste o no ". Pues no es solo que no me guste, es que me parece un timo a los votos que han recibido (y al mio en concreto ,claro) Me parece una gestión "carísima", un verdadero despilfarro. Claro que despilfarro me parecen todas las gestiones públicas.

Anónimo dixo...

el que haya resultado así el gobierno municipal no quiere decir que estén libres de las críticas... Y por supuesto los ciudadanos no debemos consentir ningún despilfarro de nuestros gobernantes. Faltaría más!!
Los euros provienen de nuestros bolsillos

Anónimo dixo...

Despilfarros, parece que las arcas municipales han quedado bajitas, y estos ya sin saber se han puesto sueldo, previa toda negociación. !Todo por Vigo!

Anónimo dixo...

Qué escándalo el despilfarro de Corina Porro & cia. Gastaron en publicidad hasta el mes de mayo el triple de lo presupuestado para todo el año 2007!!!
Me pregunto cómo habrán tratado a la suegra de Mapi y su agencia en esas concesiones
¿No tendrían que enseñar esas escandalosas cuentas a los ciudadanos?
¿Quienes hicieron esa publicidad tan excesiva del anterior gobierno municipal?
¿Salió a concurso o fue a dedete?
¿No parece más bien una inversión en campaña electoral del pp pagada por todos los ciudadanos y consta de perder servicios municipales?

Anónimo dixo...

En publicidad gastaron un 294% de lo presupuestado para todo el año
En gastos de protocolo un 57% más..

Se gastaron el presupuesto y los ahorros que había en la caja del Concello...
Menudo careto
¿Es eso legal?
¿cada gobierno puede despilfarrar los fondos de todos?

Anónimo dixo...

practica comun nunha"gran cidade"? ¿Merece Corina ter coche oficial?!Qué vergonza!

Anónimo dixo...

El tribunal de Contas tiene ahí una buena tarea. Que investigue esos gastos que huelen a escándalo.
Curioso ver como Figueroa se defiende...qué nos explique en qué gastó el dinero de los vigueses. No parece tan dificil así que si no quiere que desconfiemos de ellos que hagan públicas las cuentas

Anónimo dixo...

alguien comentaba que los regalos que hacía el concello eran de Prada, Armani....No está mal

Anónimo dixo...

Gastos hasta el mes de mayo (5 meses de 12!!):
Lo presupuestado para Vías y Obras eran 2,8 millones, quedan en caja 57.000 euros
Cultura: de 2,2 millones restan 10.000 euros
Deportes: de 600.000 euros quedan 37.000
Xuventude: de 558.000 quedan 12.000
Participación Ciudadana: de 645.000 restan 18.000
Educación: de 5,4 millones quedan 50.000 euros
Amplicaron la partida de publicidad general de 1,1 a 1,85 millones. para ello restaron fondos para cubrir servicios ciudadanos...

¿Ningún comentario de las asociaciones de vecinos?
¿Ningún comentario del Bloque?

Anónimo dixo...

Pouca indignación dos votantes. Temos o que nos merecemos. ¿Cánto é a partida publicitaria? A terceira cifra despois de infrastructuras y cultura.