Sumar Galicia completa este sábado o seu proceso constituínte, liderada por
Paulo Carlos López e Verónica Martínez Barbero
-
Á clausura da asemblea, na Facultade de Psicoloxía da USC, está previsto
que asista a vicepresidenta Yolanda Díaz.
IX ÉPOCA
2.7.07
Dúas boas ideas, dúas malas resolucións
1. Cine ao aire libre en Progreso
A Asociación de Comerciantes Zona Príncipe, vén de programar ciclos de cine ao aire libre, no espacio traseiro do Marco, na rúa Progreso. Unha boa idea e un bo marco para esta actividade. Mágoa que a súa plasmación non estea aos niveis de calidade esixibles.
Vése a luz das casas detrais da pantalla… e debaixo unha furgoneta. O son está pouco coidado e a forma de publicitalo non semella a máis axeitada: uns focos que debuxan filigranas nas fachadas dos edificos veciños. Sen embargo, nada hai na rúa que anuncie e informe sobre a programación. Falando désta, parece pouco consistente, pouco orixinal e inaxeitada para as noites de cine que se pretenden crear. Só falta que poñan a película de “arteiensaio-popular” máis coñecida e recoñecida, Cuerno de Cabra.
Dende logo, tampouco semella o máis axeitado utilizar DVD para a proxección e non cine “de verdade” no formato de 35 mm, tal e como se vén facendo nos meritorios ciclos municipais estivais de cine ao aire libre na praza da Estrela e na do Rei, realmente modélicos tanto na orixinalidade e calidade da programación e das copias, como na montaxe e proxección (35 mm e magnífico son).
Esperemos que, canto menos, as copias de DVD utilizadas polos comerciantes de Príncipe estean autorizadas para a súa exhibición pública e non sexan as habituais para uso privado... que nesta cidade trapalleira nunca se sabe.
2. IntegrArte
Organizada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e situada no peirao de trasatlánticos vigués, a mostra integrArte é a antítese do que se debe facer. Nada que ver coa ampulosa presentación deste evento realizada por Ánxela Bugallo e Santi Domínguez, pura propaganda.
Unha boa e obvia idea, a de utilizar a música, a cultura e a gastronomía como elementos de integración, transfórmase, na práctica, nunha desas cutres festas gastronómicas vilegas co seu bar con mostrador, e puestecitos de bisuterías variadas, mal chamadas artesanías, baixo unha carpa de pulpería.
Supoñemos que algo se salvará nas actuacións musicais, para os que se acheguen ata ese lugar, absolutamente inaxeitado para "integrar" nada. O resto non é o que merecen os nosos inmigrantes nin o respecto á súa música, cultura, tradicións e gastronomía.
Especial mágoa dá ver a mostra gastronómica: uns taperwares cuns carteliños que indican que é o que o esforzado visitante poderá probar e alimentos colocados ao aire libre nos cutres "chiringos" das asociacións, con nulas garantías sanitarias. Un insulto á riqueza dos productos e elaboraciós dos países "representados", pobre e cutremente presentados.
Entrar na carpa é entrar no mundo da desintegración olfativa: fume de tabaco, emanacións alcohólicas do bar e cheiro a aceite requeimado. O único salvable: o escenario, achantado no fondo e acogotado pola escasa altura da carpa.
Nin Arte nin Integración: unha boa idea “queimada” polos que gastan inutilmente os nosos impostos en cutres carpas espalladas por Galicia. As Asociacións de Emigrantes que participan, posiblemente con toda a súa ilusión, deberan pular por un programa digno de contacto, mestura e desfrute intercultural.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario