Hoxe en Balaídos reecontrouse o equipo co celtismo, en plan todos-para-uno, e moito dese novo estado anímico ten que ver co novo director da nave, un adestrador que semella cando menos querer estar alegre co que fai. As súas intencións foron ofensivas durante todo o partido: ao fútbol, como a cáseque todo, xógase mellor se o que pretendes é cumprir co obxecto básico e primeiro do choio: neste caso, marcar goles. Nen sequera cando o Celta marcou, e quen máis quen menos pensaba nun cambio conservador, Stoichkov mandou sinais de conformismo e, abrazado ao linier, mantivo a intención gañadora. O resto, xogadores e afección, seica concordamos coa idea.
Do Coruña pouco se supo, nun estadio moi concurrido e baixo un ceo moi celeste.
Sabes cantos cartos públicos puido custar a loita aérea contra os lumes
destes días?
-
A vaga de incendios das últimas semanas obriga a un despregue aéreo que
rolda os 5 millóns de euros en Galicia. Un gasto público descomunal que
podería fin...
2 comentarios:
Pan pra hoxe e fame pra mañan.
Mellor que fame pra hoxe e pra mañán.
Publicar un comentario