IX ÉPOCA

31.7.06

Recuperar espacios, non enchelos

Intentarei, como aportación ó debate, expoñer algúns criterios de actuación e algunhas ideas xerais para a recuperación de espacios portuarios para a cidade. Fareino partindo da proposta do Plan exposto por Abel Caballero, tendo en conta os espacios que nel se liberan para uso non industrial. Tamén aportarei algunhas imaxes que ilustren e suxiran.

Consideración previa: o recoñecemento de que o Porto de Vigo medrou durante décadas de xeito pouco planificado e sen ter en conta á cidade, ocupando masivamente a fronte litoral urbana e substraéndollela ao difrute directo polos cidadáns. Esta consideración non é incompatible, evidentemente, co recoñecemento do papel de motor económico do porto durante ese tempo.

Criterios

1. Manter a competitividade de porto de Vigo con criterios de sostibilidade.

2. Lograr liberar o máximo de espacio portuario posible que esté actualmente ocupado por actividades industriais para a súa transformación en espacio público.

3. Enténdese como saturada ambientalmente a posibilidade de máis recheos de entidade sobre a ria (hai moi poucos anos chegouse a un consenso xeral entre partidos políticos e entidades cidadáns de rexeitar calquera novo recheo).

4. Entender como saturada comercialmente a zona central portuaria coa apertura do Centro Comercial da Laxe.

5. Toda actividade industrial actualmente en primeira liña do litoral portuario que poida estar fóra del, reinstalarase nunha nova ubicación en zonas industriais interiores.

6. Toda edificación de entidade en primeira liña litoral que supoña unha barreira á contemplación da paisaxe e da que se poida prescindir, será derribada.

7. A ría de Vigo é un recurso económico, paisaxístico, ecolóxico e natural, único, non renovable e de primeiro orde. A actuación das administracións públicas terá como obxectivo a súa preservación e garantizará a súa integridade, e, cando as circunstancias o permitan, a súa rexeneración.

Destes criterios e dalgúns máis, pódense deducir, para o porto de Vigo, algunhas accións posibles:

a. A mellora radical da xestión do espacio portuario e a máxima potenciación do porto seco e de parques industriais comunicados no interior.

b. A optimización das liñas de atraque pasan necesariamente pola transformación (aquí faría falta un mínimo recheo) da escolleira do gran recheo do Berbés (750 metros lineais) en liña de atraque. Isto evita a construcción dun novo espigón e unha nova dársena fronte a Montero Ríos.

c. A nave de Cableiros (situada no muelle de trasatlánticos) actualmente coa concesión caducada, debe ser derribada para liberar para uso cidadán un espacio fundamental pola súa centralidade. O mesmo deberá facerse –mediante a adecuada negociación dos dereitos adquiridos polo concesionario- con Casa Pepe.

d. O recheo do Berbés (que ten menos de 15 anos de antigüidade) é unha aberración dentro da fachada litoral central da cidade. O traslado das industrias alí existentes (frigoríficos e viveiros) é posible e necesario. A zona de Beiramar (obxecto dunha operación inmobiliaria especulativa no PXOM) debería conservar o seu carácter industrial: toda a superficie industrial nova que actualmente ocupa o recheo do Berbés, ten cabida só na superficie que actualmente ocupa Casa MAR e Cordelerías. O recheo do Berbés pola súa centralidade é o lugar básico de oportunidade para liberar espacio para usos cidadáns en primeira liña litoral e para o seu uso como peirao de cruceiros. É ademais, facilmente comunicable co actual peirao de trasatlánticos (menos de 50 metros) mediante unha ponte practicable .

e. A ampliación do porto deportivo, pódese facer coa utilización das dársenas da Laxe e -a medio prazo- de parte da do Berbés, habida conta da diminución previsible ou reconversión da actividade pesqueira. Calquera outra ampliación deberíase facer gañándolle espacio á terra -en lugares de recheo antigo- e non ao mar (zona da actual piscina do Náutico e travelift, muelle de comercio). Esta alternativa é tecnicamente viable, rexeneradora e, lonxe de impactar sobre a ría, suporía un maior achegamento da cidade ao mar.

f. A rehabilitación integral do Barrio mariñeiro do Berbés e a súa transformación en residencial e comercial vinculada co mar (restauración, recordos, artesanía...) debería obviar a ocupación masiva por instalacións hosteleiras doutros espacios portuarios liberados. Debería deseñarse o "cosido" desta zona unha vez rehabilitada, coa nova área central litoral do peirao de trasatlánticos e dársena da Laxe, a través da zona portuaria de Cánovas del Castillo (que xa no proxecto de Caballero se contempla como de uso mixto) e coa nova área de uso público que se faría nun recheo do Berbés liberado de usos industriais.

g. O traslado da piscina do Náutico debera facerse –mediante convenio con esta entidade- fóra do recinto portuario, completando o financiamento comprometido do Consorcio de Zona Franca (3 millóns de euros máis actualización) con aportacións doutras administracións para a construcción dunha piscina olímpica. O espacio liberado da ubicación actual e o da prevista inicialmente (zona travelift), poderá utilizarse como espacio público ou mesmo, mediante a deconstrucción desa zona de recheo, para ampliación “cara a terra” da lámina de auga para uso náutico-deportivo ou mesmo -unha vez saneada a zona- como zona de baño no mar.






30.7.06

Pobrecito mi patrón...

Estaba yo repasando los comentarios que quienes tienen la paciencia, la curiosidad o el simple interés por leernos vienen haciendo a los post que producimos, cuando me asaltó una demoledora inquietud: ¿y si resulta que todo esto sólo nos importa a cuatro pelagatos?
Y me puse, a botepronto, a contaros esto, según se me venía a la cabeza.
Resulta que había un país en el que un solo señor, que decía no acostumbrar a meterse en política, era quien decía lo que había que hacer; los demás, a callar o, en su defecto, aplaudir.
Y en ese país había unos "rojos", malos, muy malos, que sólo esperaban a que ese señor se muriese para poder decir lo que deseasen. Y aquel señor se murió. Y los que esperaban "el hecho biológico" pudieron decir lo que querían, y organizarse como querían, y, lo que luego se reveló como peor en algunos, hacer lo que querían.
Y todos los demás (la mayoría eran también de aquellos "rojos" amordazados por aquel señor de "la gracia de Dios") nos pusimos muy contentos porque ya había libertad, olvidándonos de que ya el colega Vladimir Illich nos había preguntado lo de "libertad para qué". Pues está claro: libertad para que quienes ya tienen, tengan más; para que los que no tienen sean utilizados para que no decaiga.
Vamos a ver: ¿será posible que los post que más interés despiertan a la hora de los comentarios sean los que se refieren a asuntos en los que hay un montón de pasta para otros en juego? Y ni siquiera se trata de pasta para todos, o para muchos, no. Y contemplo, estupefacto, cómo quienes nunca llegarán a catar el "pastel" se muestran decididamente defensores de los "proyectos" de quienes tienen muchísimo que ganar con ellos. Ya sé que está complicado eso de la justicia distributiva, ya. Pero también es curioso, aunque se sabe desde siempre, que tengan que ser los desposeídos los que defiendan a los poseedores. Entonces se me viene a la memoria aquella magnífica serie británica de televisión, en la que el mayordomo de un honorable miembro de la Cámara de los Lores se escandalizaba de que una de las doncellas saliese con un joven que decía votar a los liberales. ¿Habrase visto? --decía el honrado mayordomo decimonónico--, en esta casa siempre se ha votado a los conservadores". Mientras, en el piso superior al que ocupaba la servidumbre, la hija del lord se permitía ir de liberal y "sufragista". "Arriba y abajo", se llamaba aquella perla televisiva.
Pues aquí nos vemos de nuevo, como en los albores del siglo XIX, comprendiendo honradamente que se le aumente el cánon a los bateeiros (que tampoco son tan desposeídos, hay que decirlo todo), mientras les van robando el agua a base de rellenos y contaminaciones.
O quienes justifican, tan honestamente como los otros, que las obras públicas hay que "financiarlas" y, claro, los dineros privados tienen que llevarse la parte del león, porque, si no, nos sale la cosa por un pico. Pues, qué bien. Como lo ha dicho un señor que tiene mucho, o que aspira a tenerlo, pues ¿quiénes somos nosotros para ponerlo en cuestión?.
Y, volviendo a lo del cuento: aquellos rojos que sucedieron al señor de horca y cuchillo de los cuarenta años se dieron cuenta de que estaban solos, y de que los poderosos les miraban mal. Y así no hay quien gobierne. Entonces le preguntaron a sus colegas de allende los Pirineos y éstos les dijeron cómo se hacía. ¿Y cómo se hacía? Pues inventándose poderosos propios; o sea, que hicieron "empresarios", "banqueros", "medios de comunicación", "patronales progres" y hasta "militares", pero que fueran "de la casa" (los ejemplos están en las hemerotecas, por aquí al lado y/o en la cárcel), a base de concesiones del Estado, de las Autonomías, o de los Ayuntamientos, en el convencimiento de que lograrían un colchón que los protegiese de las duras embestidas de la Gran Banca, de la Gran Patronal, o de tentaciones golpistas militares.
La idea no era mala, si no fuera que olvidaron que cuando se llega a poderoso uno no se somete a nada que no sea su voluntad; y que cuando se juega con los trastos del brujo son los encantamientos los que te poseen.
Siempre me compadeceré de esos que se creen que defender a quienes les pasarían por encima en beneficio propio les puede traer algo bueno en el futuro.
Y, dicho lo anterior, deberé aclarar que se trata de una generalización y que, como es sabido, ello implica la aceptación de que hay excepciones. Lo decía aquel Yupanqui con nombre propio de inca: "pobrecito mi patrón, piensa que el pobre soy yo". Claro que también decía aquelo de "las penas y las vaquitas / se van por la misma senda; / las penas son de nosotros, / las vaquitas son ajenas".

29.7.06

Muxos

Pois nós estamos a favor dos vertidos e dos recheos.
Tamén do proxecto de pasadizo subacuático de Abel (exhibicionistas que somos)

27.7.06

A pesar de Abel Caballero (2)

Mentres o pesado de Abel Caballero non coloque enfronte o seu supermegaguai porto diante, poderemos aínda ver o fascinante espectáculo público e gratuito dun mercante atracar a poucos metros de Montero Rios. Imaxinemos este primeiro plano de mastros e toldos de embarcacións multiplicado por catro, conformando unha nova megadársena privada no mesmo lugar polo que pasa o mercante da foto.

Actualización 30.09.2006
O noso parque temático

Reivindicacións viguistas sobre o patrimonio

Dende Vigoblog tamén queremos que o pequeno ungüentario de orixe bizantina atopado nas escavacións do túnel do Areal, volva a Vigo e se expoña no Museo Municipal de Castrelos; pero nun museo con proxecto, ampliado, moderno, dotado de persoal e medios, non no que actualmente se chama tal.

Pero a nosa ambición cultural lévanos a propoñer ao concelleiro de cultura de Vigo, frei López Chaves, que continúe coa súa cruzada (¿ou é a de seu pai?), pero sen tonterías, e rescate das mans dos infieis da Deputación Provincial (dos seus colegas do PP Louzán e Chema Figueroa) e do Ministerio de Cultura do Estado, dúas pezas de especialísima significación para Vigo (polo menos tanta como o ungüentario): o tímpano da antiga igrexa de Santa María de Vigo e a imaxe medieval do Salvador, respectivamente. Estas xestas resultarán, entre plegaria e plegaria, especialmente doadas para o noso heroe.

O tímpano da igrexa de santa María de Vigo, marabillosa peza escultórica gótica que representa unha epifanía, procede da primitiva igrexa viguesa que logo foi Colexiata e agora Concatedral. Atópase exposto ao aire libre, sen ningunha indicación e en condicións que non parecen as máis adecuadas, nas ruinas da igrexa gótica de San Domingos en Pontevedra. Pertence aos fondos do Museo de Pontevedra, dependente da Deputación provincial.


A magnífica imaxe do Salvador, do século XI-XII, pertenceu á desaparecida igrexa románica de Santiago de Vigo e actualmente se expón no Museo Arqueolóxico Nacional en Madrid, dependente do Ministerio de Cultura.

Postos a pedir, poderemos, seguro, ir ampliando a lista: un pouquiño no Museo Diocesano de Tui (por que non pidirlles o tímpano da igrexa románica de Lavadores, ou o retablo barroco da Colexiata?), outro en Simancas, outro en Ferrol ou Madrid (¿onde está o Museo da ETEA?).

Mentres tanto, que López Chaves vaia pensando en que vitrina de que curruncho da súa sala de arqueoloxía do Museo de Castrelos, as mete.

26.7.06

A pesar de Abel Caballero (1)

Mentres o supermegaguai novo porto de Abel Caballero, non lle coloque unha pantalla de mastros, diques-sobre-pilotes, torres, ludotecas, palacios del agua -outra vaca no millo-, pasarelas, norias e demais disneylandias diante, el seguirá pescando e nós seremos conscientes de que o que importa é a ria, que é nosa e non da Autoridade Portuaria do pesado e gafe de Abel, cada vez máis próximo a aquel gran visionario chamado Agustín Arca (q.e.p.d.). Deus nos colla confesados: isto é pior aínda que as fantasías de C. Porro!!

Crónicas desde a miña tumbona.

Tirado nesta praia mediterránea no momento dun solpor irreal cun astro aparvado que non se deita no mar, acabo a novela de Domingo Villar “Ollos de Auga” . Son afeccionado ás novelas policíacas, ós seus dialogos cinematográficos, ás persoaxes e , sobre todo, ós lugares. Na de Villar, o atractivo de estares ambientada en Vigo foi o que me decidiu a mercala superando as miñas susceptibilidades diante de reclamos tipo “novela policíaca galega”. Sen embargo, teño que confesar que sofrín unha grande decepción. Lonxe de descubrirmonos algun “lado salvaxe da vida”, atopamos unha caricatura de Vigo que calquer “guiri” aloxado no Bahía podería ter descuberto con tal de dar unha volta e falar con dous camareiros. O Areal, a Alameda, o Castro, o edificio de Toralla, o Elixio e a cafetería do Hotel México constituen o decorado , digo ben decorado, da acción. Un remedo de Amancio Ortega, un músico gay xunto cun inspector e o seu compañeiro cazurro ( donde estarás Biscuter? ) movense neste decorado de cartón con nomes vigueses.
Cando xa a onda de calor multiplicada nestas volcánicas terras conseguira aturdirme o suficiente para me esquecer de C. Porro and friends, “Ollos de auga” confirmoume a miserenta imaxe que damos da cidade. Ese centro histórico humanizado agota para algúns a Vigo. É o salón adornado dunha casa con moitas outras estancias que nos avergoña ensinar ás visitas. É a antitese, xa saiu, do policentrismo que vimos reclamando. Si, na novela aparece o Calvario, pero como un sitio lonxano que ten merecido o nome. Señor, señor!
As cidades tamén protagonizan as novelas. Lembro a Barcelona de Montalban ou de Mendoza. De momento Ollos de auga non será a novela de Vigo. De momento quedo coas Reminiscencias de Bob Dylan de Xose A, Moreno q.e.p.d.
É hora de bañar no caldo fenicio. U-las becarias?
Meu Atlántico!!

25.7.06

O Museo de López Chaves: da propaganda á realidade

López Chaves, está contento co seu museíño. Pode ser jeta ou ignorancia ou ámbalas dúas cousas á vez. Cháves cré que un Museo vén sendo unha sala de exposicións máis ou menos aquelada, na que se colocan pezas segundo vai coincidindo. Chaves cré que os almacéns dun Museo son un lugar onde se acumulan obxectos que, en función de ocorrencias, iranse sacando para expoñer non se sabe onde nin como. Chaves oculta, entre outras, varias cuestións básicas que son –precisamente- as que definen o que é un Museo:

  • Castrelos carece de director e de conservadores: ¡todo o seu persoal redúcese a un par de administrativos e a un puñado conserxes!.
  • Non existe nin programa museolóxico nin proxecto museográfico (iso que Chaves chama -na súa ignorancia- nas súas declaracións ao Faro de Vigo de hoxe "cambiar o guión").
  • Castrelos carece de algo tan elemental e esixible legalmente como un catálogo –que se poida chamar tal- dos seus fondos (dos expostos e almacenados).
  • Os labores de conservación e restauración da colección practicamente non existen, poñendo irresponsablemente en perigo real a preservación para o futuro dos seus fondos.
  • Castrelos carece dun sistema de climatización que garanta que o que alí se expón ou se garda estea nas condicións ambientais mínimas que impidan o seu deterioro.
  • No Museo Municipal non funciona nin se renova a súa biblioteca e centro de documentación e tampouco desenvolve minimamente os obrigados labores de investigación.
Pero, coas cousas así, López Chaves emprega os cartiños de todos en labores de maquillaxe e propaganda, sempre máis fácil e agradecida, nunha cidade que habitualmente comulga con rodas de muíño e cuxo nivel de esixencia cultural expresa está baixo mínimos.

A saliña de arqueoloxía de López-Chaves, será unha exposición simple de obxectos, pois detrais dela non hai absolutamente nada do que se considera científica e legalmente un Museo. E isto a pesar da gran actividade arqueolóxica que vén realizándose nos últimos 15 anos en Vigo –por certo, absolutamente ao marxe do que ocorre no Museo de Castrelos que se limita a “recoller” de calquera maneira os depósitos das excavacións que entregan os seus directores nas dependencias da Finca da Marquesa-. A saliña de arqueoloxía que agora nos ofrece Chaves é, realmente, menos aínda do que había alí hai moi poucos anos, xa que daquela a "sala" actual se completaba cunha sala monográfica sobre o –abandonado- Castro de Vigo e se construía outra nova sobre Vigo romano na planta alta da antiga vivenda de Ángel Ilarri.

Cando López Chaves asocia os “almacéns” do “Museo” Municipal de Castrelos cos Almacéns dun Museo (e salas de reserva), ou pon de manifesto toda a súa ignorancia ou unha caradura descomunal. Os "almacéns" de Castrelos –teñen razón os da Federación veciñal- son obxectivamente un “faiado" ao que van os obxectos que non sabemos que facer con eles; os Almacéns dun Museo de verdade son unha dependencia cun alto nivel de organización, cuns fondos perfectamente inventariados, conservada nas mellores condicións físicas e ambientais para a preservación dos fondos, accesible e aberta á investigación, administrada e xestionada por persoal especializado conforme a criterios técnicos. Consitúen en realidade salas de reserva da coleccion permanente da institución.

López Chaves ten mentalidade de aldea e considera que a Vigo abóndalle cunha pequena exposición permanente nunha soa sala cun par de obxectos por cada fase arqueolóxica. Unha expresión máis do crónico desprezo vigués pola súa historia. Oculta así -se cadra o descoñece- que os fondos relevantes existentes e os que gardan aínda para o seu estudio os arqueólogos directores das escavación -posiblemente máis dos que actualmente se almacenan- sen que ninguén llos reclame, deben dar –mantendo aínda boa parte da colección relevante en almacén- para establecer un discurso expositivo diverso, coherente, ameno e didáctico sobre a nosa historia, dende o paleolítico ata a idade media. Segundo os os expertos, a exposición que a historia de Vigo merece, enchería –canto menos- a sala actual, as salas superiores da vella vivenda e as novas salas da zona ampliada das rehabilitadas caballerizas. Esas salas que hai uns anos se construíron para ampliar a xa ateigada e fosilizada exposición permanente de arqueoloxía e que agora usa López Chaves só para saír na foto inaugural das exposicionciñas temporais que organiza, e nas que gasta os cartos que debera empregar para dotar de medios e persoal ao Museo.

A situación do Museo de Castrelos, lonxe da imaxe de propaganda que dela fai Chaves para tapar as súas condicións reais, require a intervención urxente dos órganos competentes da Xunta de Galicia -obrigada por lei á supervisión da rede galega de Museos- para garantir que o noso patrimonio moble e a investigación sobre o noso pasado non perigue, como ata agora, en mans duns perfectos e irresponsables bocazas... entretidos agora nunha cruzada por recuperar un ungüentario romano retido polas huestes de Pérez Varela (uih! perdón, de Ánxela B.)

24.7.06

Centenario

21.7.06

La cólera del español sentado

A cada crítica argumentada o acción política de Mauricio Ruiz al Goberno del PP en general, y a él en particular, José Manuel (Iznogood) Figueroa aplica sistemáticamente las reglas de la propaganda nazi tal y como Goebbels enseñó:

Regla de la transposición.
Es, según Domenach, una táctica de extraordinaria eficacia psicológica y política. Es el arte del farol llevado al límite y consiste en cargar sobre el adversario tus propios errores y defectos. Seguramente es una de las cosas que te llaman más la atención al leer las noticias y escuchar declaraciones en momentos en que el Gobierno ha cometido alguna equivocación evidente: te sorprenden —y te preguntas cómo pueden tener tanto atrevimiento— atacando en vez de atender a la lógica de la defensa, e incluso del reconocimiento del error o de la asunción de responsabilidades. Bueno, pues ahí lo tienes: lo hacen porque saben que funciona y, en el fondo, tú has visto que sí, que les funciona.
Y le funcionaba a Goebbels: «Si no puedes negar las malas noticias, inventa otras que les distraigan».

[vía http://www.pragmapublicitat.com/noticies_con_goebbels.htm]


Está claro que este Chema es un hábil dialéctico. Sin el más mínimo argumento (que no lo hay) se lanza a desarrollar lo único que conoce: el ataque personal, fruto de eso que Lope de Vega llamaba "la cólera del español sentado", completada por Antonio Machado en su "A orillas del Duero", donde refiriéndose a Castilla decía que "envuelta en sus harapos desprecia cuanto ignora". Igualito que Chema.
O sea, que ya ven ustedes la cantidad de cosas que nutren el bagaje de ignorancia de nuestro ínclito "visir" Figueroa que "quiere ser Califa en lugar del Califa".
Mira que acusar a Mauricio de que está "judicializando" el urbanismo vigués. Tiene "perendengues" la cosa, como si el urbanismo vigués no estuviera, ya desde los años 80, regido por las sentencias de los tribunales, precisamente gracias a quienes, como Figueroa-Iznogood, se empeñan en exprimir el territorio para sus ocurrencias o las de sus amigos.
Claro que el origen de la trifulca no es el urbanismo, sino la presunta prevaricación de quien ha firmado órdenes a la Policía Municipal que resultan manifiestamente sospechosas, en defensa de negocios ilegales. Pero ya Figueroa, poniéndose la venda antes de la herida, aprovechaba para tratar de salir de primero en el encontronazo de ayer, a propósito del Plan de Castrelos, que sigue paralizado, a pesar de que Iznogood había "resuelto" el asunto cesando al perverso técnico "interno", hace ahora mismo un añito. Supongo que también se deberá a la casualidad el que ese técnico fuese el que, por esas mismas fechas, se había dedicado a boicotear el PXOM emitiendo "demoledores informes" que, ¡oh coincidencia!, resultaban "nejaatiffos". Como en Marbella, vaya.
El caso es que urge deshacerse de ese tipo de arribistas que han escogido como actividad profesional la política, hundiéndola hasta cotas que nos hacen sentir el "síndrome de China" (ese que, en EE.UU., explica el miedo a que la fusión del núcleo de una central atómica perfore la tierra desde América a China). Por mucho que se diga que los pueblos tienen los gobernantes que se merecen, no puedo imaginar una perversidad tal que nos haga merecedores de personajes como Chema Figueroa.
Estos personajes son los que están consiguiendo que, finalmente, la política quede en manos de quienes, no pudiendo obtener sus deseos en otra actividad profesional, se nos cuelan en las listas (más o menos interesadas) para acceder a puestos de representación que usan en "representarse" a sí mismos.
En este momento, el gobierno de Vigo está en las peores manos en las que pudiera caer, sea quien haya sido el responsable de tal desatino. Me imagino a algunos, en algún sitio, partiendose de risa de nosotros, pobres ignorantes que no sabemos "de política" tanto como ellos.
Será cosa de ir poniéndose a la cola de las urnas, para ver si conseguimos reir de últimos.

20.7.06

Pecios

Que en cada caderna de tódolos barcos afundidos no océano, nos que o leviatán espreita, queden gravados para sempre os nomes dos que enchen o mar noso cos seus rendables detritus. E que os cabos pragados de arneiróns que loitan por acadar a superficie habiten os seus soños cada noite.
[Bote afundido na praia -no que dela queda- de Bouzas]

De verán

Dous cruceiros

19.7.06

Dos cervezas, nada más...

-Pero si sólo he tomado dos cervezas...
Clásica frase de conductor con exceso de alcohol cuando el agente que le acaba de hacer el control le enseña el "soplómetro" que marca 0,28. Luego viene eso, a la hora de comentarlo con los amigos, tratando de "epatar", de que bastan dos cervezas para dar "positivo" en un control.
No es más que otra leyenda urbana, que está haciendo la puñeta a los restaurantes de la periferia, los cuales obtienen una parte notable de su rendimiento económico de la venta de vino en comidas y cenas. Pero no he visto en ninguna parte (con la excepción de las declaraciones recogidas en Faro de Vigo de un hostelero), que beber razonablemente no implica rebasar el límite legal permitido. Pues, si señor, es verdad, con media botella de vino (entre 11 y 14 grados) durante la comida no se llega a la mitad del límite, establecido en 0,25 gramos de alcohol por cada litro de aire expirado.
Y ésto nada tiene que ver con las diferentes tolerancias al alcohol de cada uno. El "soplómetro" no mide lo "peneque" que estés, sino el porcentaje de alcohol. Hay quien con dos cervezas está ya en situación de "dormir la mona" y quien puede estar en aceptables facultades rebasando el límite del control. Pero la legislación se remite sólo a una tasa determinada. Incluso ha habido quien, superando el límite permitido, ha logrado una sentencia absolutoria porque no había cometido ninguna infracción circulatoria y había demostrado dominio suficiente por medio de las pruebas físicas a las que se sometió en el lugar del control.
Con esto pretendo "romper una lanza" en favor de los hosteleros, al mismo tiempo que propinarles un leve tirón de orejas por ser cutres y no anunciar que disponen de "soplómetros" para tranquilidad de sus clientes. Tal y como van las cosas, o los restaurantes se dotan de esos aparatitos o pueden ir pensando en limitarse a servir "cola" con el estofado. Claro que, para recuperar el déficit producido por no vender vino, pasarán a cobrar los refrescos al precio de un "Rías Baixas" o un "Ribera del Duero"; o pegar un estirón en el precio de los platos. Si a ello le unimos que pierden la clientela que cree que beber pone en riesgo la integridad de su carné de conducir, aquí sólo van a poder cenar fuera de casa los potentados.
Y el otro propósito es el de "desmontar" esa leyenda urbana, transmitida a golpe de desinformación, de que bastan "dos cervezas" para que te pillen. Se necesita mucho más, si nos referimos a espirituosos fermentados (vino, cerveza). Ingerir destilados, con 40º, ya es otra película, pero, en todo caso, para salirte del límite se necesita beber más de lo que un bebedor sensato puede considerar más que sufuciente para comer a plena satisfacción. En todo caso, también conviene decir que, aunque no se sobrepase la tasa permitida, a la hora de conducir con algo de alcohol, incrementar las precauciones es muy recomendable, porque algo de capacidad se pierde.
La gran "revolución" que estamos sufriendo es la de un par de generaciones que se han introducido en la cultura del alcohol, en el que sólo buscan su efecto obnubilante, a través de la "litrona" y el "botellón". Son jóvenes que acompañan el marisco con "cocacola", o con cerveza "cerocero" porque no les gusta el vino, pero se meten cualquier cosa (que tampoco les gusta) para salir por la noche con "el puntito" pillado cuanto antes. La cultura del vino, más que saludable, requiere también cierta educación.
No le veo la gracia a esa escalada en la publicidad contra el exceso de alcohol, que empezó con aquel "ni una copa de más" y ha terminado con "ni una copa".
Come o cene usted, hombre de dios, con el vino de su preferencia y, si no es un energúmeno que necesita litro y medio para estar a gusto, verá como los puntos de su carnet siguen incólumes. Finalmente, cualquiera medianamente sensato sabe si está o no en condiciones de conducir. Basta con ser consecuente y medianamente inteligente.
¡Salud!, y buen provecho.

14.7.06

Máis recheos na Ría

Ao fio dun comentario anónimo ao noso post Estupideces de Abel, denunciamos un novo proxecto de recheo na Ria, para "muelle pantalán e infraestructura" en Cabanas-Rande, en zona protexida da rede Natura 2000 e Convenio Ramsar, ademais de estar dentro do xacemento arqueolóxico submariño catalogado correspondente aos pecios da Batalla de Rande. Este proxecto de nova industria frigorífica e almacéns en pleno litoral protexido, está promovido por Tranvías Eléctricos de Vigo, SA, e conta cos visto e prace da Autoridade Portuaria de Vigo disposta a permitir que se "acometa" esta nova concesión contra a integridade da nosa Ría, se ninguén o impide coas súas alegacións ou recursos. Entre outros, por exemplo, as Consellerías de Medio Ambiente e de Cultura da Xunta de Galicia, obrigadas legalmente á protección destes enclaves ambientais e históricos.

O texto do anuncio do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra de 28 de xuño de 2006 é o seguinte:

Don José Antonio Valcarce Valcarce, en calidad de Consejero Delegado de la entidad Tranvías Eléctricos de Vigo, S.A., solicita concesión administrativa para ocupar una superficie para la instalación de un muelle pantalán e infraestructura en el lugar de Cabanas-Rande, parroquia de Trasmañó, término municipal de Redondela, dentro de la zona de servicio del Puerto de Vigo, con destino a instalación frigorífica con elaborados de pescado, industria alimentaria, actividades de pesca, almacenaje y distribución e industrias auxiliares. El Consejo de Administración de la Autoridad Portuaria de Vigo, en sesión de fecha 31/03/06, ha resuelto dar por completado el trámite de competencia de la solicitud, y que se continúe con la tramitación del expediente de solicitud de concesión administrativa. Lo que se hace público por medio del presente anuncio, a fin de que quién se considere afectado, efectúe sus alegaciones en el plazo improrrogable de veinte (20) días hábiles, a contar desde el día siguiente al de su publicación en este Boletín. Las alegaciones se presentarán en el Registro de la Autoridad Portuaria de Vigo, sita en la Plaza de la Estrella nº 1, en Vigo, en horas hábiles de oficina, encontrándose a disposición del público el proyecto y la documentación del expediente, en el Negociado de Gestión de Dominio Público, para que pueda ser examinado. Vigo, 14 de junio de 2006.—El Director de la Autoridad Portuaria de Vigo, Luis Lara Rubido.

¿Las bicis son para el verano?


No se lo van a creer. Lo de la foto es un aparcamiento para bicicletas (pincha en la foto para ampliarla y leer el fascinante cartel) y los responsables del desafuero que venimos padeciendo con lo del mobiliario urbano han tenido a bien colocarlo ¡en plena cuesta de Eduardo Iglesias!, frente a lo que un día fue el teatro-cine Tamberlik.
Para seguir con los juegos del verano, hay premio para quien vea la primera bicicleta aparcada allí.
A quién se le ocurre ofertar en Vigo un aparcamiento para bicicletas. Claro que el mamoneo para gastar cuartos donde sea no tiene límites conocidos. Habrá que ponérselos, ahora que andan buscándose la pulga, como La Chelito, para cobrarnos más por aparcar sin exigir la rotación obligada de la ORA, o para hacernos otra remesa de inútil e "imaginativo" mobiliario urbano.
¿Serán descarados?
¿Serán horteras?
¿Seremos tontos?
Pues va a ser que sí, ¿o no?

Vigoblog verán.





















Pasatempos: Busque as diferencias e se lle gustan, fágallo saber á Consellería de Sanidade para que aplique o conto ó próximo gran hospital.

12.7.06

Diario FARO DE VIGO pasa olívicamente de Vigo


Los prestigiosos premios FAD de arquitectura, entre España y Portugal, han señalado treinta construcciones recientes como finalistas para la obtención de tan destacado premio. De los treinta finalistas un 25% son de Cataluña; de Galicia sólo optan a dicho galardón un edificio: la fantástica sede que en Vigo tiene comercial de Sirvent en Gran Vía y de la cual es autor el arquitecto Alfonso Penela.
Como puede verse 'Faro de Vigo' se hace eco de tan relevante selección de aspirantes a dicho premio y nada menos que pasa de reseñar tan espléndida obra en nuestra ciudad. No, no andamos sobrados, ni mucho menos, de buena arquitectura en esta olívida ciudad. Mas bien somos sufridores de brutales demoliciones.
¿Por qué nos restringe Faro de Vigo esta información? Esta decisión —porque es una decisión— de no recoger en la nota de Faro de Vigo la nave Sirvent es una lamentable decisión. Ahora que, si 'nuestro' periódico (tan antiguo él), pasa de esta noticia y se interesa más por la torre Agbar de Barcelona o la T4 de Madrid ¿por qué habríamos de exigir a promotores, arquitectos y demás constructores mayor calidad estética en sus obras?

Norman Foster e César Portela: a diferencia



Unha cousa é Norman Foster e outra César Portela, claro. A este último non lle impresionou nada nadiña nin a historia da empresa nin o magnífico edificio de Casa M.A.R. hoxe mesmo en demolición.


Descubrir la vetusta pero aún imponente fábrica de Massó, la que fuera la conservera más grande de Europa, causó una "honda impresión" a Norman Foster (...) "Massó es una zona con especial valor histórico en la Ría, ¿el proyecto lo mantiene? - Hemos conservado los edificios históricos: la fábrica, la chimenea, que es un monumento fantástico, y la rampa de la ballenera. Los tres se integran dentro de los espacios públicos del proyecto, con nuevos usos. Actualmente están en ruinas. Si usted coge un mapa de Cangas verá que existen urbanizaciones dispersas, sin identidad. El proyecto trata de cohesionar todos los espacios de Massó, conectarlos con el entorno y unir la zona con el pueblo. - ¿La vieja fábrica recuperará su aspecto original? - Sí, todas las fachadas y la estructura del edificio se recuperarán. Y por dentro el espacio, a través de un sistema de cajas de vidrio, se apreciará tal como es. Será un toque muy ligero. Nos encanta ese espacio interno; es muy emocionante, como un gran mercado. El interior es diáfano, perfecto para una intervención nueva. El espacio abierto de una lonja ha sido la inspiración para diseñar el centro comercial.

Ricardo Mateu y Nikolai Malsch, arquitectos de Foster and Partners. Faro de Vigo 12 de xullo de 2006.

Abrir Vigo ao mar

11.7.06

Vigo: o fraude do mobiliario urbano

O Concello de Vigo está a piques de iniciar o procedemento de adxudicación do que chaman "Mobiliario urbano". Para ser exactos diriamos que se vai adxudicar a colocación e concesión de espacios publicitarios en espacio público: marquesinas para as paradas de bus e os chamados mupis. O prego contempla a renovación e ampliación do existente (e a súa tecnificación) para instalar 90 mupis, 277 marquesinas e 1.000 sinalizadores de parada de bus. O concesionario farase cargo á súa conta da colocación sen custos para o Concello de todos os elementos e da súa explotación publicitaria (agás dunha das caras de cada elemento que serán reservadas para colocar publicidade institucional) e pagaría ao Concello un canon de 45.000 euros/ano.
Sen entrar no engano que supón chamar mobiliario urbano a isto, a redacción de Vigoblog, entre cervexa e cervexa, botou as seguintes contas grosso modo:

O total de espacio publicitario a explotar polo concesionario sería de 367 caras doutros tantos paneis. O prezo actual de contratación publicitaria de cada cara dos paneis en Vigo é de 76,36 euros semanais. Coas multiplicacións precisas, sáenos que os ingresos brutos anuais da concesionaria pola explotación publicitaria destes espacios sería de 1.345.157,76 euros. Un cálculo aproximado de gastos anuais (persoal de colocación e mantemento, renovación anual de elementos deteriorados, outros gastos de mantemento, canon municipal...) dános sobre 203.000 euros de custo. Logo o beneficio bruto anual para o concesionario sería de 1.142.158 euros.
Supoñemos que esta cantidade sería moito maior se temos en conta que -posiblemente- a tecnoloxía dos novos mupis e espacios en marquesinas, permitirá unha maior eficiencia ao poder cambiar a mensaxe publicitaria un maior número de veces...

Tamén botamos contas do que lle costaría ao concesionario a fabricación-adquisición e colocación do "mobiliario". Sáenos ao redor de 2.500.000 euros.

Ou sexa:

O investimento que realice o concesionario será amortizado en algo máis de 2 anos!. Os 18 restantes serán de beneficios netos descomunais. Sen aplicar índices ningúns, cunha multiplicación sinxela, estamos a falar como mínimo dun negocio de case 21 millóns de euros (3.500 millóns de pesetas das de antes).

Groso modo, con estes datos podemos deducir o descomunal negocio privado con espacio público que se agocha detráis desta aparentemente necesaria e neutral concesión. Tal descomunal beneficio permite un inorme trapicheo e que poidan aflorar intereses escuros e "guerras" para deixar fóra a un ou outro competidor das contadas empresas con capacidade para acudir a este contrato.

Vistos os números nos preguntamos:

1. ¿Son necesarios tal cantidade de paneis se do que se tratase fóse soamente de dar información útil aos cidadáns? (para a utilidade dos cidadáns está o espacio público ¿non?)
2. Aínda sendo necesarios: ¿por que non é o propio Concello o que instala todo o "mobiliario" necesario e explota el mesmo a publicidade?

O "mobiliario urbano" un invento do Partido Socialista


A chegada do PSOE aos Concellos democráticos, alá pola metade dos anos 80 do século pasado, supuxo a entrada "a saco" da empresa JC Decaux, amiga dos socialistas franceses, nunha nova modalidade de exprimir diñeiro público: ofrecer "gratis" ou por un módico prezo en forma de canon irrisorio, mobiliario urbano que servise, basicamente, para ser soporte publicitario que sería explotado pola empresa concesionaria. Non se trataba xa de bancos, farolas ou papeleiras, incluidos nos orzamentos municipais de xeito normal, senon de "mupis" e marquesinas de deseño (cando non outro tipo de cachivaches como columnas tipo fonte decimonónica ou as "columnas libertad"), que colonizarán, dende aquela, o espacio público das principais cidades europeas. O negocio non foi mal e logrou o seu máximo obxectivo, que ninguén cuestione a súa esencia: a necesidade e interese público real de tanto cachirulo.
Non é de extrañar que agora, pasados xa 17 anos da primeira adxudicación sotista a JC Decaux, o PSOE municipal non entre a cuestionar a esencia e inutilidade pública do chollete, senón a discutir o prego de condicións que elabora o PP -conscientemente para eliminar á competencia e que finalmente se adxudique á empresa máis amiga- e que, na súa redacción actual impide que se presente JC Decaux. Menudo nivel de oposición!!

10.7.06

Inteligencia al volante

Cada fin de semana, los periódicos dan cuenta de que alguno de nuestros jóvenes ha muerto "por causas que se desconocen" en un accidente de circulación. La mayoría de los siniestros se producen de madrugada y las víctimas tienen edades comprendidas entre 18 y 30 años.
Como simple observador, podría hacer un retrato robot de los conductores y vehículos que, tarde o temprano, servirán para inflar unas estadísticas que dicen que la principal causa de muerte de los jóvenes de entre 18 y 30 años es la carretera: muchacho de entre esas edades a bordo de un coche de gama mediana/pequeña, con más cilindrada que masa encefálica de su conductor, preferiblemente tuneado y con el "loro" a tope, con alguna joven a bordo, de regreso de las zonas de copas y tratando de demostrar, a base de acelerones, adelantamientos arriesgados y absoluto desprecio por su vida y la de otros, que Fernando Alonso es un aprendiz a su lado.
Ya antes de que llegue la noche, los candidatos a incrementar los rendimientos económicos de Emorvisa, se pavonean por la ciudad atronando con el volumen de los altavoces de abordo, tratando de demostrarnos a todos lo "hábiles" que son al volante y lo formidable del equipamiento del "buga". Luego, con las copas de rigor (o, incluso, sin ellas), los comportamientos vespertinos se reproducen inconscientemente al llegar a las peores condiciones de conducción posibles. Todos ellos saben que siempre han salido con bien de sus arriesgadas maniobras..., por el momento. Algunos jamás llegarán a sacar provecho de una mortal experiencia; lamentablemente, muchos de quienes han salido con bien (más o menos) de un accidente, tampoco.
¿Qué es lo que ha logrado esta sociedad, enfangada en una tecnología que supera la capacidad de la mayoría para controlarla? ¿Cómo hemos podido alcanzar tal grado de narcolepsia como para incitar a quienes no hemos capacitado suficientemente a que se lancen inconscientemente a morir y matar?
Sé que es muy difícil convencer a quienes necesitan emociones, y definirse por comparación, de que lo único que pueden demostrar con comportamientos así de arriesgados es una falta de inteligencia sólo comparable a su exceso de estupidez. Pero urge poner coto a esta sangría que, incluso desde un punto de vista de puro egoísmo, nos está dejando sin los que tendrían que contribuir a nuestra jubilación futura.
Y sé también que no hay campañas de "sensibilización" capaces de provocar una reflexión positiva en algunas mentalidades todavía en formación. La inmensa mayoría de los aspirantes a cadáver circulatorio saben todo esto, pero "saben" también que no va con ellos, porque ellos "saben lo que hacen".
Lamentablemente, parece que la única forma de atajar el mal es la represión. Soy consciente de que la palabra tiene tal cantidad de connotaciones negativas que, probablemente, no se comprenda la intención. Pero creo firmemente que son los comportamientos tolerantes con los excesos urbanos los que están en el origen de esta situación.
Podría empezarse con aplicar con cierta regularidad la Ordenanza Municipal de Ruidos y Vibraciones para reprimir los horteras excesos sonoros de algunos coches que recorren nuestras calles, de día y de noche, atronando al vecindario. Claro que soy consciente, también, de que hay una industria (más de una) basada en el consumo de los instrumentos que hacen posibles aquellos excesos, y de que esas industrias tienen capacidad de sobra para impedir restricciones a sus consumidores. Pero es la tolerancia con los comportamientos iniciales la que facilita que quienes no reúnen experiencia suficiente se enfanguen en un consumo mortal.
Chavales, por favor, dejaos de coñas y de pretender demostrar que sois "los más audaces", o tratad de encontrar retos menos letales para la lógica competición del "macho" con otros "machos", en la ancestral lucha por lograr las mejores hembras del rebaño. Y vosotras, chicas, buscad donde podáis formas menos estúpidas de valorar los excesos de los machos jóvenes.
Aunque os empeñéis en no creéroslo, os necesitamos y nos necesitáis. No seáis tan estúpidos de creer que ya lo sabéis todo y que los "puretas" sólo pretendemos "dar la vara".
¡Salud, e inteligencia al volante, troncos!

7.7.06

Welcome to Vigo! Non official touristic guide.


Welcome to Vigo, the biggest city of Atlantic Coast in Galicia. If you have just arrived for the first time , you need some basic information. Vigoblog is going to forgive you a brief guide about the city.

Points of interest:
- Visit the purifying station in Coruxo (take C15 bus) It was awarded by the European Union. You can enjoy a paradisiac place with a lovely flavour.
- Have a walk along the intermitent boulevard of Gran Vía. Don´t worry if you are the unique peasant. Local people prefers the "beirarrua" It´s a folk note. Be careful with cars!
- Visit the old city (Casco vello) You can see there the ruins of the ancient founders of the city. In Berbes´place big canvas covers splendid buildings. You can not see them but you can imagine them. It´s better.
- Visit our major. She lives in Vilaboa (a little town near Vigo). Ask in the bus station.
- And , by the way, if you need to buy a flat or a house ask for APROIN. No, it is not a man. It is like... a mafia? , you know?

Where eat? Where sleep?
Wherever you want. We have no commisions.

More information:
See "Vigoblog" posts and translate into your mother language.

6.7.06

Contrastes, desastres...


Al comienzo de la calle Sanjurjo Badía nos encontramos con esta solución arquitectónica que bien se comenta por sí sola.

Alguna normativa debe cumplir esta actuación ¿no es así?

Derecho a la luz


Los vecinos y comerciantes del Paseo de Alfonso XII están hartos de la sombra perenne de estos magnolios. Dado que esta fachada está orientada prácticamente al Norte, los vecinos de los primeros pisos y comerciantes permanecen todo el año en medio de una jungla.
Conviene retirar cuanto antes estos árboles de hoja perenne y plantar unos de hoja caduca.

4.7.06

Aportacións ó debate estatutario


Para que todos nos sintamos cómodos, deberíamos ter varios escudos. Para os laicos e republicanos propoñemos iste.

2.7.06

¿Por que fede a Depuradora de Vigo?

Os veciños da EDAR do Lagares esperan con pavor a chegada do verán. Os cheiros fedorentos da Depuradora gañan intensidade en canto chega o verán. Algo non concorda: os "técnicos" municipais afirman que o principal problema da Estación é que lle chega máis auga cá que pode tratar, como consecuencia do aumento do caudal en épocas de chuvia por mor de non existir rede separativa. Pero resulta que é no verán, cando non chove, cando pior funciona a instalación e, consecuentemente, cando máis fede. Paradoxo que pon ao descuberto que se ocultan conscientemente pola Administración datos cruciais sobre as causas do mal funcionamento e os cheiros. Vigoblog segue denunciando que a entrada descontrolada, ilegal e masiva de residuos contaminantes de orixe industrial pola rede municipal de saneamento, incumprindo flagrantemente a Ordenanza Municipal de Vertidos, é unha das principais causas do non funcionamento do proceso de depuración biolóxica e dos malos cheiros. ao impedir os contaminantes industriais o normal "traballo" das bacterias. O Concello e a Xunta miran para outro lado e insisten na necesidade incuestionable dunha nova depuradora: ninguén quere meterse coa impunidade ambiental do tecido industrial desta cidade.
E mañán, cunha nova instalación, cando siga ocorrendo o mesmo ¿que milonga contarán?. Pero daquela xa estarán gastados uns millóns de euros que algo deixarán polo camiño.

1.7.06

¿Onde colocará C. Porro a nova Depuradora en Vigo?

C. Porro dí que o estudio municipal sobre a ubicación da nova Depuradora de Vigo xa está feito. Refírese a esa Depuradora que aínda ninguén demostrou que fose imprescindible, da que ninguén demostrou que non tivese alternativas (un plan serio de rede separativa de pluviais e fecais, o control sistemático de vertidos industriais á rede de saneamento, o arranxo dos defectos constructivos da actual e o desenvolvemento do tratamento terciario). Esa nova depuradora que terá un altísimo custo económico e medioambiental. Esa depuradora que ninguén quere dicir onde vai, porque non se trata de flores, nin de portos deportivos para a galería, senon dunha infraestructura ambiental e sanitaria de primeira orde. Esa depuradora que non dará un voto, que é o único que lles importa ao PP, PSOE e BNG de Vigo... Unha das propostas de C. Porro para a ubicación desa depuradora auguramos que será no pior dos lugares posibles: a Xunqueira do Lagares. Apostamos a que se fará esa oferta de terreos ao Ministerio, a pesar de que non será posible tal ubicación sen cercenar a Convención de Ramsar sobre Humidais; sabendo que se terá que opoñer a ela a administración ambiental (e iso serviralle para outro pouco de victimismo); segura de que contará coa oposición firme dos que crémos nun desenvolvemento sostible, dentro do cal a conservación dos humidais é un elemento esencial pola súa fraxilidade e singularidade. Farao a sabiendas de que este espacio e a Xunqueira do Vao (daquela maneira, ao estilo Consultora Galega), considéranse espacios protexidos no novo PXOM (xa están no vixente).

A Vigoblog gústanlle os pronósticos: un dos lugares que C. Porro proporá, co seu natural provocador, para a nova Depuradora é a Xunqueira do Lagares... por se tal, avisámolo con tempo.

E os responsables políticos, empresariais e técnicos da situación actual ¿cando se lles identificará oficialmente e se lles esixirán responsabilidades?