Tirado nesta praia mediterránea no momento dun solpor irreal cun astro aparvado que non se deita no mar, acabo a novela de Domingo Villar “Ollos de Auga” . Son afeccionado ás novelas policíacas, ós seus dialogos cinematográficos, ás persoaxes e , sobre todo, ós lugares. Na de Villar, o atractivo de estares ambientada en Vigo foi o que me decidiu a mercala superando as miñas susceptibilidades diante de reclamos tipo “novela policíaca galega”. Sen embargo, teño que confesar que sofrín unha grande decepción. Lonxe de descubrirmonos algun “lado salvaxe da vida”, atopamos unha caricatura de Vigo que calquer “guiri” aloxado no Bahía podería ter descuberto con tal de dar unha volta e falar con dous camareiros. O Areal, a Alameda, o Castro, o edificio de Toralla, o Elixio e a cafetería do Hotel México constituen o decorado , digo ben decorado, da acción. Un remedo de Amancio Ortega, un músico gay xunto cun inspector e o seu compañeiro cazurro ( donde estarás Biscuter? ) movense neste decorado de cartón con nomes vigueses.
Cando xa a onda de calor multiplicada nestas volcánicas terras conseguira aturdirme o suficiente para me esquecer de C. Porro and friends, “Ollos de auga” confirmoume a miserenta imaxe que damos da cidade. Ese centro histórico humanizado agota para algúns a Vigo. É o salón adornado dunha casa con moitas outras estancias que nos avergoña ensinar ás visitas. É a antitese, xa saiu, do policentrismo que vimos reclamando. Si, na novela aparece o Calvario, pero como un sitio lonxano que ten merecido o nome. Señor, señor!
As cidades tamén protagonizan as novelas. Lembro a Barcelona de Montalban ou de Mendoza. De momento Ollos de auga non será a novela de Vigo. De momento quedo coas Reminiscencias de Bob Dylan de Xose A, Moreno q.e.p.d.
É hora de bañar no caldo fenicio. U-las becarias?
Meu Atlántico!!
Condenado a 14 anos de prisión por abusar sexualmente da neta menor da súa
parella durante seis anos
-
Durante o tempo en que duraron os abusos, desde que contaba con 8 anos ata
preto dos 15, a nena non contou o que lle estaba pasando "porque tiña medo,
sent...
5 comentarios:
Nin a lin nin a penso ler. Hai tempo que non pico en trapalladas policíacas para adolescentes feitas por encargo. Desde a insufríbel Talego paso totalmente.
Prefiro os Arraianos de Ferrín, os versos do Cáccamo, ou os malos ardores papíricos do Rivas.
Por certo, estares é segunda persoa (para estares "ti", de faceres, ...etc) non terceira persoa (non se pode dicer:"o atractivo de estares ambientada").
Coidado coas medusas Lorenzo, que teñen máis tentáculos cás almorranas de Verne no muelle da Marquesina.
Insisto!. Alguien conoce una fachada marìtima màs fea que la de Vigo?.
Lástima que sea malo. Me gustaba la idea de una novela en Vigo
Por aquí andamos (las becarias) con el biquini lleno de cenizas ¡arde Troya!
Seguiremos esperando ese/a novelista que narre con intensidad y sensibilidad la rutina elegíaca de Vigo, nuestra querida city.
Ánimo amigo.
Publicar un comentario