Reunión da Coordinadora do Litoral Morrazo 9.12.06
Celebrouse en Cangas o pasado sábado, a reunión mensual da coordinadora do litoral do Morrazo, na que tomaron parte os seguintes colectivos: Anduxia, Luita Verde, Morrazo Verde. Colectivo Nacionalista de Marín, Foro Social pola Defensa do Pobo e Voces polo litoral de Teis.
A orde do día centrouse dunha maneira importante no análise das causas e consecuencias sobre o litoral das riadas que nos últimos días asolagan o Morrazo. Chegándose as seguintes conclusións:
Entre as principais causas destas inundacións subliñamos:
1. Improvisación total na construción de grandes infraestruturas, como é o caso da Vía Rápida do Morrazo ou a Circunvalación de Marín, con taludes e cortes imposibles que cortaron as capas freáticas dos montes alterando gravemente a escorrenta natural das augas superficiais e subterráneas. Caso escandaloso o da Vía Rápida do Morrazo na que non se realizou estudo hidrolóxico previo algún.
2. Abandono de ríos e regatos que drenan as augas da nosa comarca cara o mar. Moitas das ribeiras están cheas de malezas e escombros e a servidume de 5 metros do límite das augas vulnérase moitas veces. Mentres que os mananciais e pequenos regatos naturais céganse durante as épocas de seca. Talanse as árbores de ribeira e trócanse os cursos, promovendo máis erosión no solo.
3. Soterramento e urbanización das zonas húmidas e de asolagamento natural dos ríos; como e o caso da Estacada ou as Lagoas (en Bueu), as Barxas (en Moaña) ou Cantalarana (en Cangas), isto trouxo consigo a perda de zonas naturais cuio "efecto esponxa" absorbía miles de m3 de auga cando desbordaban os ríos. Agora todo este auga vai parar as vilas.
4. Construción de grandes superficies de solo industrial e urbano que captan unha gran cantidade de auga da choiva que desemboca agora nas zonas habitadas e que antes a absorbía o monte.
5. Canalización e intubado dos ríos principais das nosas vilas de forma que se pecha a súa saída natural o mar provocándose un grave "efecto funil (embudo)".
As consecuencias sobre o litoral son tamén graves xa que se produce un aporte masivo de auga doce e lodos ao mar que alteran o equilibrio entre o mar e a terra. Os fondos énchense de barro afogando moitas especies de bivalvos, a auga doce tamén produce importantes mortalidades ao variar a salinidade da auga do mar. Un dos exemplos mais graves deste tipo de procesos é a colmatacion que esta a sufrir a enseada de San Simón, incluída na Rede Natura 2000, e que está a estragar un importante recurso económico como é o marisqueo.
Como medidas correctoras e de prevención propoñemos:
1. Apertura dos ríos ó mar de forma que as augas pluviais poidan desembocar libremente no mar. Loxicamente isto debe ir acompañado dun saneamento integral dos mesmos. Como exemplo poñemos o río Loira que a pesares da chea non sufriu de problemas graves.
2. Perseguir as actuacións en dominio público hidráulico (canalizacións, entubamentos, etc.) dos regos e ríos que están a darse por mor da abusiva especulación do solo.
3. Posta en valor das ribeiras dos ríos como espazos saudábeis, de convivencia social e de lecer.
4. Cumprimento estrito da servidume de transito (5m.sen obra algunha) e da marxe de policía (100 m. nos que se deben xustificar as obras adecuadamente) que garanta a conservación destes espazos naturais, aplicándose nas normas urbanísticas en proxecto, que ademais teñen que adaptarse a Directiva Marco da Auga da UE.
5. Medidas de planificación e ordenamento de redes de desaugue que canalicen ordenadamente as augas pluviais ó mar garantindo a súa separación das augas fecais.
6. Protección das zonas húmidas naturais que impidan a urbanización destes espazos, con especial atención tamén as cabeceiras das concas.
Por ultimo, sinalar que as riadas que sofremos nestes días pasados son só o principio do que pode vir nos vindeiros anos, o clima está cambiando, cada vez chove máis cantidade de auga en menos tempo, e se seguimos con este urbanismo desordenado e esta falta de respecto para os ríos, regatos e zonas húmidas que dende sempre compoñen , hidratan e osixenan a fermosa paisaxe natural da nosa comarca e que dende o punto de vista económico están a supoñer inxentes perdas económicas para os veciños e para o estado, que se ve na obriga de gastar en indemnizacións os escasos recursos económicos que deberían dedicarse a mellorar a vida dos cidadáns.
(...)
Morrazo, decembro 2006
[remitida]
(Parte I) O cambio climático débese só á acción humana? "Hai intereses
políticos e económicos detrás deste 'dogma'"
-
O investigador e profesor da Universidade da Coruña (UDC) Alejandro
Martínez Abraín asegura que "a cuestión do cambio climático está
completamente mediatiz...
1 comentario:
te olvidaste de la carretera por la costa de Sabarís, también dejó sin salida a muchos regatos y es una de las causas de las grandísimas inundaciones que han tenido. Otro tapón
Publicar un comentario