IX ÉPOCA

20.12.06

O fraude do saneamento (1)

C.Porro& Cia tiñan dende o principio decidido este lugar, polo menos dende o mes de xullo, cando obtivemos esta información e colgamos o noso post pronosticando que a Depuradora iría á Xunqueira do Lagares. Pero tácticas torticeiras orientaron o tortuoso camiño percorrido dende aquelas datas. As inviables propostas de Bouzas e Cabo Silleiro só pretendían minimizar o custo político da decisión xa tomada daquela. Todo ese camiño só perseguía buscar a noticia que hoxe recollen os medios: "non é un bo sitio, pero é o único posible". Conseguíase así tamén esgotar aos veciños de Coruxo cun desgaste de meses que baixaría as súas defensas.
Do proceso queda meridianamente claro unha cosa: aos nosos representantes políticos (e aquí incluímos tamén á Xunta de Galicia) non lles importa nada solucionar os problemas, senon xestionar habilmente os conflictos para poder manterse na poltrona e, de paso, investir algún diñeiriño en estudios e auditorías para a galería. De feito, ninguén nos acaba de explicar por que non existen terreos adecuados previstos no PXOM vixente, preocupado máis de calificar o conxunto de territorio para novas urbanizacións, que en comezar -como é preceptivo- por ubicar sobre o terreo os servizos básicos para a comunidade.

Finalmente quedarémonos sen saber por que non funciona a Depuradora actual, por que non se fixeron as redes separativas nin os tanques de tormenta necesarios na conca de Urzaiz-Gran Via-Colón-Alameda-Areal, por que non se controlan os vertidos industriais á rede de saneamento?. ¿Quedarémonos sen coñecer o contido deste gran fraude?.

Dende Vigoblog faremos o posible para que non sexa así.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Volveremos a tener problemas. No es buena solución la que han adoptado. Se trata de encontrar la solución no acomodarse a lo más cómodo...¿Están seguros de que no se puede hacer mejor?

Anónimo dixo...

Ahora levantarán de nuevo las calles de Vigo...Ya se avisó bien cuando todas nuestras calles estaban levantadas...
Si quieren que la nueva depuradora funcione tendrán que hacer, quieran o no, la red separativa: aguas pluviales y subterráneas por un lado y por otro las fecales. ¿Cuánto aún tendremos que ver y gastar todos para que caigan de la burra?
Gastos externos y más gastos internos para la comunidad. Algunos se están forrando a costa de la ineptitud de los políticos que tenemos al frente de la ciudad. Dan mil vueltas para llegar al mismo sitio. Tanto secretismo para nada

Anónimo dixo...

y por otro lado los restos industriales..
Mas operativo me parece a mí que sería poner varias depuradoras más pequeñas y no una macrodepuradora con todos los problemas que puede acarrear a la larga... ¿Quién nos asegura que ese sistema va a funcionar?