Un ponse a cavilar sobre as andanzas dos nosos representantes, e erre que erre, vai chegando a conclusións alucinantes. Por exemplo, sobre a admirable capacidade de facer da necesidade virtude que teñen estes marabillosos trileros. Así, cando se expresa agudamente un problema, hai alarma social ou xa non se pode soster máis unha desfeita, os que nos gobernan, contrariamente ao que a alguén benpensante se lle poidera ocorrer, non pensan na solución, planifican e executan accións, non. Sistematicamente o que adoitan facer é encargar un estudio ou mesmo un proxecto. Algúns deses benpensantes crerán, no mellor dos casos, que é para poder tomar decisións cun fondo coñecemento de causa, despois de que os "expertos" estudien o caso, tiren conclusións e propoñan as accións a realizar. Outros, un pouco pior pensados, crerán que se trata de marear a perdiz, gañar tempo, facer manobras de distracción... Eu, que xa debo ir vello, penso que o que fan é aplicar aquilo de facer da necesidade virtude ou iso de que non hai mal que por ben non veña... Pobres cidadáns que teñen problemas, pobres os que se emperran en protestar e esixir: serán os causantes de que se contrate un estudio, polo procedemento de urxencia que a ocasión require, claro, sen os complicados procesos de contratación (eses rollos de publicidade e concorrencia); son eles os que obrigarán a buscar a unha empresa amiga que necesite facturar, que nos deba o favor, e mesmo que nolo pague, de paso.
Pois si señores, estou chegando á conclusión malévola que ata nisto dos estudios e auditorías varias o único que hai é puro e duro trapicheo... alucinacións miñas.
Sen embargo, o que ocorre en Vigo, non ten nada que ver co que veño de dicir, claro, porque todos os estudios, auditorías e proxectos varios que aquí se van encargando, son estrictamente necesarios e das súas conclusións se derivan e derivaron, sen dúbida, solucións, obras e equipamentos que agora ou algún día, como sabemos por experiencia, disfrutaremos.
Por iso, damos por ben investidos os miles de euros dos nosos impostos, sesudamente gastados polos que nolos administran, pensando, naturalmente, que hai que coñecer a fondo as cousas, para distraer a fondo as nosas conciencias e os nosos cartos.
(Parte I) O cambio climático débese só á acción humana? "Hai intereses
políticos e económicos detrás deste 'dogma'"
-
O investigador e profesor da Universidade da Coruña (UDC) Alejandro
Martínez Abraín asegura que "a cuestión do cambio climático está
completamente mediatiz...
2 comentarios:
Agora que o dis, mira ti: o proxecto da depuradora de Silleiro, por exemplo, debeu supoñer un bon desembolso e , de momento, so serviu para que Corina gañase tempo e a empresa miles de euros.Non está nada mal.-
Que se hagan públicos todo lo que nos han costado esos estudios "externos" que se han hecho sabiendo que no servirían de nada ¿qué pasa con el dinero público?
Hace poco hemos conocido la opinión de los técnicos "internos" del concello sobre la depuración en Vigo, que era la que todos, por sentido común, suponiamos ¿por qué continuamente están contratando estudios externos para depuradora, ruidos,..? ¿Hacer esos estudios no va en el sueldo de los del concello? ¿entonces para qué están? ¿Quién se forra en esta ciudad haciendo estudios innecesarios?
Publicar un comentario