Responsables da contaminación na ría de Vigo (2)
Amador Fernández (BNG) non é un político afeccionado, é máis: moléstanlle os políticos afeccionados. El é un concelleiro como deus manda: pofesioná. É ademais un tipo simpático (¿ou gracioso nada máis?). Ás probas me remito: ¡con canta rapidez e gracejo soltoulle a Mauricio Ruiz Ceniceros (PSOE) que, ademais dun vulgar afeccionado da política, era un “cenizo” por “des-ventura”!. Realmente inxenioso.
Pero o político pofesioná Amador Fernández, concelleiro do BNG en Vigo, debería, dende hai moito tempo, ficar caladiño... sería menos simpático, pero metería menos a pata.
Lembremos e denunciemos algunhas pofesionalidades deste gracioso concelleiro do BNG en Vigo:
Como concelleiro de medio ambiente 1999-2003, oculta a situación real da depuradora e permite os vertidos industriais sen control.
Durante todos estes anos ocultou as consecuencias dos graves problemas de contaminación da ría de Vigo, coñecendo perfectamente que a Depuradora do Lagares botaba sen depurar inormes cantidades de augas contaminadas directamente á ría. Él é un dos responsables da situación actual e debeu (vou ser un pouco cenizo) dimitir de inmediato como concelleiro no momento en que se coñeceu a multa da Unión Europea e se denunciou a gravísima situación do saneamento en Vigo. Porque Amador Fernández sabía necesariamente, mentres era o responsable municipal de medio ambiente, que non se facía o preceptivo control de vertidos da inmensa maioría das industrias conectadas á rede e que vertían e verten as súas augas contaminadas directamente á ría sen depurar a través dos colectores de saneamento, de competencia exclusivamente municipal. Se no ano 2005 o Concello admitía que só o 10 % das industrias (76 empresas, segundo o Concello, aínda que nonos saen as contas) tiñan autorización de vertido ¿cantas eran no ano 1999 cando ao noso Amador lle encomendaron a xestión do Medio ambiente vigués? ¿e cantas eran cando, catro anos despois, deixou de sélo en 2003?: en 2001 eran 60. Hai que recoñecer que Amador conseguíu regularizar nada máis e nada menos que un máximo de 16 empresas en 4 anos. Todo un récord do noso pofesioná e dos seus sucesores (Mª José Porteiro (PSOE) -esta por 6 meses- e José Manuel-Iznogood Figueroa (PP) que seguen a cantarnos a mesma milonga ano tras ano.
Sen separar as augas pluviais das fecais
Pero ademais, o noso pofesioná é o corresponsable (xunto con Augas de Galicia, da Xunta do PP) do fraude das últimas obras de ampliación dos colectores de marxe do río Lagares. Dedicado por enteiro daquela (como C. Porro agora) a poñer bonitiño un paseo polo río, enganaron a todo o mundo cuns tanques de tormenta que –lonxe de utilizarse para separar augas pluviais de fecais, como estaba previsto no proxecto aprobado e financiado pola U.E.- o que facían era verter de novo toda a crecida do río á rede de saneamento, aumentando o caudal de augas contaminadas, ata a saturación da depuradora. Permitíase, ademais, xustificarse dicindo barbaridades como que a auga dos tanques saía xa depurada deles ao botar tanto tempo dentro. Todo un pofesioná.
Vertido de lodos contaminados e "eu non sabía nada"
Pero non acaban aí as desfeitas do noso profesional Amador. Preocupado por facer brindis ao sol, permitíu –por acción ou por omisión- o vertido de toneladas de lodos tóxicos procedentes da depuradora do Lagares en Lugo e Lalín, sen cumprir en absoluto os procedementos de vertido de residuos clasificados, coa escusa de que servían de fertilizante, ocultando, novamente, a alta concentración en metais pesados que contiñan.
O entullo do Cuartel de Barreiro vertido ás beiras do Lagares
A iniciativa do noso concelleiro, o paseo do Lagares, en Sárdoma e Castrelos está construído cunha base de escombros de obra procedentes da demolición do Cuartel de Barreiro. Naturalmente o uso deste entullo non estaba previsto, nin podía legalmente estalo, no proxecto que persoalmente supervisou.
Canalizando ríos... Amador tampouco sabía nada
Amador foi tamén, tan pofesioná el, o co-responsable das infumables obras de ampliación e mellora dos colectores do Lagares, realizadas por Augas de Galicia -financiadas pola UE- durante o seu mandato, e baixo a súa supervisión, nas que se canalizaron -fóra de proxecto- extensos tramos do río, eliminando o cauce natural, con tala incluída da vexetación de ribeira, logo substituída por unhas arboriñas colocadas en ringleira.
E é que este Amador, profesional cabreado cos “cenizos” que se curran o seu traballo como concelleiros, non hai por onde collelo. É deses políticos profesionais dos que podemos con toda seguridade prescindir os cidadáns. Bastante ten con terse librado despois de cometer tantos atropelos ambientais, iso sí, sempre cun chiste ou un ocorrente e gracioso chascarrillo.
Déanme señores un millón de Mauricios Ruiz afeccionados e líbrenme para sempre dun só Amador profesional. E déanme as hemerotecas para denunciar a tanto fantasma irresponsable como nos invade.
¿Será a pesar de todo o noso simpático e profesional Amador unha das caras da renovación das listas do BNG en Vigo para as municipais de 2007?. Aviados estamos.
25N.- Galicia sae á rúa para pedir a fin da "barbarie" machista e as
políticas que a ampara
-
Miles de persoas esixen en Galicia o fin da violencia machista e "que a
vergoña cambie de bando". Reclaman máis recursos e pór freo ao negacionismo
que pon...
11 comentarios:
Mauricio Ruiz es de lo mejorcito que hay en este Concello. Si es eso ser aficionado...pues bienvenidos sean. Nos sobrran los listillos
Por certo, a cousa ten coña. Amador = O que exerce um desporto ou arte por gosto, nom por paga. (Diccionario de Estraviz http://agal-gz.org/estraviz). Carallo para o noso Amador - profesional: que se aclare!!
Si, cando compartía comisión de goberno con Ventura o breve e co compañeiro Soto eran os tres "de lo mejorcito", ou boas pezas como tamén se di. Uns listillos importantes.
Se mirades as ligazóns que ofrecedes neste post a novas de La Coz de Galicia, diario recoñecidamente antinacionalista e moi favorábel a Ventura, calquera pode comprobar como non mencionan a Amador Fernández. Como queda claro que a depuradora foi unha obra da Xunta de Galicia do PP, na que pouco podía facer este home ao que tanto lle criticades. E como podemos intuir as fobias e intencións inconfesabeis deste blog tan tendencioso.
"O si, cando () compartía ..."ía obviamente por Mauricio, que mo comín. Ou papouno Touriño?. Aburiño.
Amador Fernández, durante os 4 anos de concelleiro de Medio ambiente non fixo -como lle correspondía- o control dos vertidos industriais á rede de saneamento: verdadeiro - falso -non sabe/non contesta.
Amador Fernández utilizou ilegalmente os entullos do cuartel de Barreiro como base para o paseo da beira do Lagares de Sárdoma a Castrelos: verdadeiro - falso -non sabe/non contesta.
Amador Fernández coñecía, e non impedíu o vertido de lodos da depuradora do Lagares, cunha alta concentración de metais pesados, en terreos de Lugo e Lalín: verdadeiro - falso -non sabe/non contesta.
Amador Fernández, coñecía e non impedíu durante o seu mandato a canalización de centenares de metros da beira do Lagares entre Sárdoma e Castrelos, incluída a tala masiva da vexetación de ribeira existente: verdadeiro - falso -non sabe/non contesta.
Repasa as ligazóns, ou pregúntalle a Amador Fernández: el respostarache cun bo rollo.
Isto é ser un político profesional? Pois, repito, prefiro os afeccionados.
Y yo también
este blog cada vez huele más a PSOE.
Huele a lo que cada uno quiera decir...Tú también puedes decir lo que te pete
La verdad a veces molesta
Como "este blog huele cada vez más a PSOE" y a tí parece no gustarte, lo tienes fácil: no nos leas, porfa, que no va a pasar nada y, aunque te parezca mentira, la gente no es tan tonta como crees... Ya ellos saben, ¿eh?
Creo que deberías postularte para hacer de Rappel del PP, porque me parece que necesitan uno para lo de la clarividencia y las adivinanzas...
De nuevo, ¡salud y otorrinolaringólogos¡ (Osti, tú, me salió de corrido, lo juro por Ferrán Adriá).
Homeeee... a mìn esa foto do Amador cheirame a salitre marbellì.
Que queres que che dija.
Menuda panda tedes en Vigo... Tiñan que dimitir todos, e que deixen os cartos antes de marchar.
Publicar un comentario