IX ÉPOCA

8.9.05

Fea de carallo

Desmelénanse os sucesivos concelleiros de turismo en promocionar a cidade. Con tan loable finalidade, nin escatiman tempo nin aforran medios en colocar stand ora en Moscú, ora en Constantinopla, por exemplo.
Obsesiónanse por lograr que os pálidos pasaxeiros dos Orianas, Elizabeths e Quen Marys, caneen ao ómnibus na Estación Marítima e en lugar de pisar as pedras de Compostela ou Erizana, vaian toma-lo polbo e mercar cachivachadas á Pedra e disfruten dos agachados atractivos da cidade olívica.
Esquecen dúas cousas básicas.
Unha: a cidade non hai que promocionala con millonarios e variados folletos de coloríns; hai que aquelala e poñer en valor as súas indubidables e descoñecidas virtudes en lugar de esnaquizalas. Dúas: hai que pecha-la boca como sexa a ese camareiro que o outro día dicía a uns voluntariosos turistas andaluces: que de ver, o que se di de ver, Vigo non tiña nada; que se querían que fosen ata o Casco antigo e mirasen a Colexiata, pero que el nono recomendaba, porque a igrexa, a verdade, é que era fea, fea de carallo. Tocante á zona vella el, a verdade, non lle daba atopado, por máis que se esforzaba, atractivo ningún; "miren vostedes, sen ir máis lonxe, que non dan tirado abaixo o adefesio da Panificadora e manteñen en pleno centro unha horrible escultura que chaman o Sireno". "O sea, que también eso es feo, ¿no?, feo de caraio", comentou xa aprendido dende o pantalón rabelo e as chanclas o pai de familia jienense.

En conclusión: deberiamos acabar dunha vez por todas coas concellerías de Turismo, emprega-los seus cartiños en mellorar a cidade, e darlles unha manita de pintura ós camareiros ilustrados que asolagan as terrazas dando alardes do máis puro (e duro) viguismo.

6 comentarios:

Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Anónimo dixo...

¡¡¡¡¡¡Gumersinda!!!!!!

Brétemas dixo...

Pois menos mal que o camareiro de marras non lle dixo que o único bonito que había en Vigo era o Mercado da Pedra. Este era un ilustrado. Bárbaro o post!!!

Anónimo dixo...

Se cadra o que había que facer era que os nosos paisanos soubesen da cidade canto menos o que sabe un turista promedio sobre ela. Aforrariamos unha pasta en guías turísticos e polo menos daríamos unha imaxe presentable.

Anónimo dixo...

Para comentario "ilustrado", o outro día en Bouzas. Señora (airada)diante das obras de reconstrucción da antiga pérgola proxectada por Jenaro de la Fuente (desmontada por Portanet na Praza de Portugal e cuxas pedras forn espalladas por diversos lugares): desde logo, non hai dereito, co bonitas que son as pedras novas, andan a colocar unha chea de pedras vellas, ¡Que vergonza!

Anónimo dixo...

El sireno debe ser la cruz de los camareros olívicos. Caso verídico. Cafeteria Hotel cercano corte inglés. Conversacion turistas camarero.
- ¿ por donde vamos al puerto ?
- pues bajan Vds. todo derecho y cuando llegen a una plaza grande, donde hay una escultura muy, my fea, tuercen a la derecha y siguen bajando...
no comment.
Cursos de formación en Hostelería YA !!