No hay que preocuparse: al fin y al cabo, la mayoría son portugueses. Las calles que rodean a la Alameda se hacen con los esclavos de este siglo.
Vecinos de la Plaza de Compostela nos cuentan que trabajadores destajistas -algunos muy jóvenes- trabajan más de 12 horas diarias, 6 días a la semana. Mezclados con los que pueden ser sus padres, unas caras aniñadas colocan sin descanso los adoquines que formarán la alfombra sobre la que Corina lucirá pantorrilla en el día de la inauguración. El sonido de sus martillos golpeados de sol a sol acompasará las palabras de cumplimiento de los plazos previstos. Esta explotación miserable no figurará en las placas de bronce (estas obras se inauguraron el día tal del tal siendo alcaldesa doña tal y delegado del Consorcio de la zona Franca don Tal) ni será merecedora de una sola línea en los periódicos del día.
¿Dónde están los inspectores de trabajo, dónde los sindicatos, dónde los técnicos municipales, donde el responsable de prevención de riesgos?, ¿dónde la oposición municipal y el delegado del Consorcio?.
¿Dónde estamos todos?: mirando para otro lado.
Foto: clic para ampliar
Soben as pernoctacións en Galicia un 4,8% en outubro mentres que o número
de viaxeiros crece un 5,6%
-
Durante os 10 primeiros meses de 2024 as pernoctaciones incrementáronse un
5,2% respecto ao mesmo período do ano anterior, mentres que as de viaxeiros
resi...
13 comentarios:
O fin xustifica tódolos medios, mesmo as inxustizas. O malo dos visionarios/as, ainda que sexan "visionarios/as de palleiro", é que acreditan tanto no seu obxectivo que pensan que todos lle imos disculpar as súas chapuzas. Pois non, a min non me interesa nada a VOLVO, non teño hotel, nen bar, nen comercio de roupa deportiva, nen barco de vela. Non quero que a formación profesional máis demandada no futuro sexa a de hostelería, nen que o mar, a ría, se convirta en "laminas de auga" privatizadas. Non me interesa que Vigo saia 20 segs nas "news" de Australia, nen que Alberto Durán se faga fotos con Corina Porro para catro periódicos dos United Kingdom. Pero aínda no caso que me interesera todo isto, non quero que o Concello malgaste os meus cuartos en "embellecer" un cacho de cidade cun caro granito de importación, e moitos menos que as empresas dos amigos fagan agostos e setembros a costa de explotar traballadores.
Vigo 05 poido ser unha boa idea pero vaise convirtindo cada día máis nunha vergonza. Propoño que empreguemos as macetas coa "banderita" como xoguetes nos parques infantís.
Falta "o pequeno detalle" que é saber canto cobran por hora extra, etc. Porque eu os vexo traballar incansablemente pero aqueles cos que teño falado están ben contentos e nada explotados...
Un pode estar mais a favor ou en contra do rumbo que se lle quere dar a cidade, pero gostaríame ver propostas cribles e ilusionantes para a cidade si esto se considera o blog de vigo.
Porque de vigueses que non queren tal e non queren cual pero nunca teñen a preparación, o criterio e a boa intención de propor ideas e plans... xa tivemos dabondo.
Eu son votante do Bloque e sempre apoiei as "humanizacións" e peonalizacións. As da praza de independencia e as do calvario, por exemplo. Creo que a cidade pertence os cidadáns e non os coches, e coido que as zonas verdes, os xardíns e o embelecemento da cidade son unha mostra do orgullo, da dignidade e a cultura dos veciños. Polas mesmas razóns e ademais como veciño da zona, apoio o traballo que se está a facer no entorno da alameda. Só queda saber si os obreiros que traballan nela cobran as súas horas extra como debe ser ou non. O resto, sento dicilo asi, paréceme a pailanada de sempre.
As melloras (como as "pioras", endemismo galaico) mídense, correctamente, coa perspectiva do tempo. E novembro éche un mes moi fugaz.
Cuco, non hai "horas extras". Tal e como se explica no post, os traballadores ós que nos referimos traballan "a destajo", isto é, por entendernos, por metro colocado. Son posiblemente subsubcontratas e ata pode ser que haxa mesmo grupos familiares portugueses (o destajismo produce eses efectos). Xustamente o traballo a destajo o que significa é a baixada en picado do salario "por hora", pois a forma de pagamento é xustamente a contraria da que remunera tempo.
Non te preocupes, en próximos posts faremos unha reflexión sobre o traballo que se está a facer na Alameda (ou no que queda dela). Análise, non panexírico, que para iso xa están outros con moitos máis poder e medios.
Vai ser que o eu estaren acostumado a cobrar por traballo feito e non por hora empregada no espazo de traballo, non me parece unha tolemia ese sistema.
Coido que o complemento ideal a esta entrada no vigoblog sería unha descrición desas condicións de traballo "a destajo" e mesmo unha enquisa dun fato de operarios elexidos o chou. So hai que facer unha visita a zona e facer as preguntas axeitadas.
Por outra banda, creo que entre o panexírico e a crítica "de trazo grueso" haivos un espectro enorme de opinión, análise e reflexión.
Eu somentes vos desexo sorte con este blog... e "cabesiña". ( que de rosmones xa temos en vigo dabondo).
As novas xeracións do bloque non saben ó que é e o que significa o traballo a destajo. Supoño que o neocapitalismo na sua vertente sociopolítica é algo así. Non o digo por ofender nin por pretender absolutamente nada, simplemente polos escalofríos que sinto cando oio que os obreiros están "satisfeitos" co que cobran. Ben, eles non están esplotados, pero os nosos políticos, que non están nunca satisfeitos co seu soldo sí que o están. A satisfación e o conformismo ...
Eu espero que haia neste blog o máximo de crítica grosa o delgada. A satisfación propia e allea coas situacións cotiás da vida cada vez me resulta máis incómoda.
O viaxante non acaba de amar a polis na que aterra, pero si pensa que ten capacidade para respectala ou rexeitala.
Que me desculpe anónimo, pero non acabo de entender a mensaxe anterior. Non sei si é unha colección de tópicos politicos e charla asamblearia ou hai un sentido real e realista detrás desas verbas. Tampouco vou ser eu quen de "pretender absolutamente nada", pero iso é o que parece. E o único que non necesitamos en vigo é eses discursiños de politico de salón-nostálxico de ascón-asociacionismo veciñal e demais leiras. Alomenos isa é a miña opinión. Por certo, o de "novas xeracións do bloque" non é unha contradicción de termos? ( ademais de un tiro errado, claro, a non ser que por NNXX do BNG se entenda a posibilidade de ser do Bloque e habitar no século XXI, ser un profesional independente que non vive de subvencións, preocuparse polo benestar común de TODOS os cidadáns ( mesmo os ricos, mira ti), etc.
cuco, non lle teñas medo á crítica, serve pra entrenar a facultade de pensar (aínda que non estea ben vista).
Non Cuco, gracias. Ese choio da descripción in situ, que o pase o director de obra ou o inspector de traballo, e a enquisa que lla encarguen a "Sondaxe", que este modesto blog non é La Voz de Galicia.
Nós só constatamos (as fontes son absolutamente fiables) que un grupo de traballadores (distínguense ben, pois non levan o regulamentario casco e traballan a pedra a mans núas -ver foto-)fan xornadas de máis de 12 horas ao día, co modelo de contrato "a destajo".
A ti iso paréceche un xeito interesante de organización e remuneración do traballo (¡mesmo o comparas co teu traballo como "profesional independente"!). A min paréceme explotación -ademais ilegal- da man de obra (así de politicamente incorrecto), subcontratación non permitida e vulneración da Lei de prevención de riscos laborais e -probablemente, aínda que non podo coñecelo- do Plan de seguridade e Saúde da obra.
Pero xa se sabe que as leis son, xeralmente, un engorro e que para gustos hai colores. (As leis adoitan ter o trazo groso e a aplicación case imperceptible).
Eu somentes digo que o traballo a destajo é unha realidade para moita xente e non é o "coco" nin un sinónimo de explotación como se pretende dar a entender. E que hai moitísimos profesionais ( verba que inclúe a traballadores da construcción, por suposto, e avogados, e electricistas, e artesáns...) que cobran por traballo feito e non por fichar horas.
As consideracións de contratación ilegal, seguridade no traballo, etc. non eran coñecidas por min ate o de agora. Se realmente existen datos que confirmen ( ou inclinen a sospeitar) ese feito, creo que unha denuncia na inspección de traballo acompañada dunha denuncia nos medios de comunicación sería o mais recomendable.
Por certo, anonymous, a crítica estimula a facultade de pensar, sen dúbida. Pero non perdas de vista que non son termos intercambiables.
Eu refírome o tipo de crítica a que estamos acostumados nesta cidade, sempre baseada en dogmas absolutos ( por exemplo: as alturas, a ría, os dereitos dos barrios, etc.) e caracterizacións do opoñente. Mais ou menos como pretendes ti, que non pareces terte decatado de que eu estaba tamén exercendo o meu dereito á crítica.
Amigo cuco,
non esquezas que vivimos nunha cidade onde reconverter cuarteis en vivendas sociais é demagoxia produto de mentes calenturientas, mentres que tiralo cuartel e facer outra nova referencia europea en forma de macro hotel privado é progreso e intelixencia política.
Igual que a ti non te gosta a crítica radical sen fundamento, eu sinto certa inquedanza cando oio crítica dalguén que non coñece/condea o destajismo. O seguinte será prpor unha ponte sobre a ría, e que "dos problemas técnicos se ocupen os enxeñeiros"
saúdos agarimosos
Non leo por ningures a equiparación de "traballo a destajo" con "explotación. Facer traballar na construcción a unha persoa 12 horas seguidas non só é explotación, senon unha grave irresponsabilidade que o pon en perigo a él, ós seus compañeiros e ós peóns. A non ser que penses que a fatiga non é un factor de risco, ou que penses que realmente o traballo non será para tanto....
No que respecta ás condicións de traballo, non fai falta máis que darse unha volta polas obras para comprobar o incumprimento sistemático das máis elementais medidas de seguridade, tanto para os traballadores coma para os peóns. Ti que vives por aí saberalo mellor cá min que son un mero paseante ocasional.
Relér os posts deste Vigoblog debería ser ilustrativo para comprobares que tipo de reflexións e "crítica" se utiliza aquí e que nada ten que ver precisamente con "dogmas absolutos". Por certo, que non entendo o que queres dicir co de "dogmas absolutos" (a ria, as alturas, os dereitos dos barrios...): ¿é que hai un só pensamento posible para estes temas?. Se cadra consideras crítica de trazo groso, por exemplo, que puxeramos de manifesto a noticia de La Voz de Galicia de que nas obras da Alameda consérvase o alcantarillado de hai 60 ou 100 anos para aforrar uns euros para a merca de palmeiras. Se cadra é mellor estarse calados para non "poñer tachas á obra". Nós opinamos doutro xeito.
Nunha cidade privada de opinión, pois está se vende ó mellor postor, na que se oculta a información e -efectivamente- se empregan sistematicamente argumentos ad hominem, pensar que toda opción crítica é homologable á dos "afectados" só contribúe a adormecer as conciencias. E se algo lle fai falta a esta cidade, que se gaba frecuentemente da súa ignorancia, é conformar unha cultura urbana baseada no rigor e na intelixencia e non na chabacanería e nos intereses máis inmediatos. Esa cultura, penso, constrúese nun debate libre, e semella que, polo de agora, este só é posible en internet. Niso, creo, estamos ti e máis nós.
Saúdos.
Me parece su comentario una aplicación de buenas intenciones. No obstante, creo que no se debe politizar, dado que ni la alcaldesa ni el delegado de zona franca son los culpables de la situación. Debería criticarse el actual modelo empresarial, y porqué no, a la inspección de trabajo, ya que ésta situación es evidente para todos los vigueses. No se olvide usted que el concello licita obras y establece plazos, siendo los responsables las empresas que aceptan el concurso.
Lo malo de esto es que seguro hay en el medio un sinfin de contratas que posiblemente, eviten llegar al fondo de éste problema. De ahí lo de que falla el actual modelo.
Publicar un comentario