IX ÉPOCA

12.9.05

12 minutos, a pé.

Comezan hoxe as clases dos alumnos pequenos.Luns que ven serán os de secundaria e mais adiante, incorpóranse os universitarios. As rúas da cidade ven medrar o tráfico cos autobuses e coches particulares que , nun incesante ir e vir, exemplifican o que pode ser o movemento caótico. Uns nenos de Coruxo atravesarán toda a cidade para asistir a un centro en Teis, mentres que outros de Coia terán que subir ata o Meixoeiro. Algúns de Teis asistirán a un centro de Canido donde hai comedor escolar mentres que outros de Sampaio desprazaranse a Guía pesía ter un centro similar no Calvario.
A cidade ofrece así outro exemplo de irracionalidade e os pequenos e pequenas realizan a aprendizaxe da falla da de calidade de vida nunha cidade que non soubo planificar os servicios educativos. A situación periférica da maioría dos colexios e institutos públicos motivada pola falta de previsión de terreos, as autorizacións de traslados de centros privados facilitando operacións urbanísticas substanciosas (o caso de Cluny, é o mais recente), o escaso cumprimento dos criterio de zona para a matriculación de rapaces e o sobredimensionamento dos centros concertados respecto dos públicos, son algunhas das razóns desta sinrazón de viaxes.
O transporte dos escolares encarece a ensinanza, contamina mais, espesa o tráfico e obriga a nenos e nenas, pais e nais, a invertir e estresar un boa parte do seu tempo. A proposta de PXOM , ata donde a coñecemos os cidadáns, non nos permite saber a situación dos novos centros. Os espacios dedicados a servicios aparecen sen especificar polo que o mesmo se instala un centro comercial, un hotel, unha mesquita ou club de xubilados. O propio estudio introductorio sinala que a cidade é deficitaria en metros cadrados /alumno pero teremos que agardar para saber se as cousas melloran.
A administración educativa debería ser máis esixente cos Concellos abandonando a súa táctica de agacharse detrás da incompetencia dos Concellos para proporcionar solo e aforrar así inversións.
A todo isto, a cousa ven, porque eu, tamén, tiven un soño. Nel, Vigo era coñecido en moitas partes do mundo por sela cidade donde tódolos nenos e nenas tiñan o seu colexio a 12 minutos, a pé, aínda que a Volvo comezaba en Australia.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Espero que lo de Cluny no abra la veda de la escapada de los colegios concertados del centro para meterse en substanciosas operaciones especulativas. Creo recordar que por los años 70 el Ayuntamiento había aprobado un plan especial escolar (¿de equipamiento escolar?) que intentaba parar el éxodo que se había iniciado.
La planificación escolar parece que brilla por su ausencia en Vigo. ¿Cómo se explica que no haya previsto ningún centro escolar en el nuevo polígono de Navia? (y sí, por cierto, un sospechoso "complejo del agua" de unos inversores de Coruña que pretenden lograr terrenos públicos para una luvrativa concesión). Lo de los espacios para "equipamientos" en el PXOM es de echar de comer aparte: por ejemplo, la parcela de Cluny sólo consta como "equipamiento social" (dentro de la que entra el comercial, según la leyenda de los planos).
¿Para cuando un auténtico y prospectivo Mapa escolar de Vigo?... nuestra calidad de vida depende en buena medida de esto, estoy de acuerdo. Y que el casco urbano tenga la vida necesaria de niños por las calles, acercándose a su colegio.

Anónimo dixo...

Y en función de todo ésto que cuentas ¿no dimite nadie, no se le exigen resultados a nadie? ¡Increible!

Anónimo dixo...

Gracias por esta claridad informativa. Sería ésta un abuena noticia de primera página para la prensa local. Claro que si publican esta información pues cabe que el Ayuntamiento deje de anunciar profusamente —pagando muy bien— que si regatas de velerazos, que empanadas enormes subvencionadas... anuncios a toda página y coloreaditos ¡...! ¿saben ustedes, Sres. vigueses, cuánto cuesta una página de publicidad en la prensa local? ¡Se desmayarán!
Claro entonces la prensa local nos adormece.

Anónimo dixo...

La educación es una de las tareas políticas de primer orden. Pero si esta actividad también entra dentro del lo que llamamos 'mercado' logicamente produce estos desafueros que comentas.